Saltar ao contido

Maria Angela Ardinghelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaria Angela Ardinghelli

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de maio de 1728 Editar o valor en Wikidata
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de febreiro de 1825 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas e física Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísica, matemática, tradutora, escritora de non ficción, escritora Editar o valor en Wikidata

Maria Angela Ardinghelli, nada en Nápoles o 28 de maio de 1728, foi unha matemática e física, maioritariamente coñecida polo seu labor como tradutora ao italiano dos traballos de Stephen Hales, un fisiólogo newtoniano. Traduciu dous dos seus traballos: Haemastaticks e Vegetable Staticks. A pesar da invisibilidade histórica de Ardinghelli, conseguiu seguir sendo relevante e non ser rexeitada, evitando o illamento social ou a burla, ao compartir as súas obras cun público específico.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Maria Angela Ardinghelli (1728–1825) naceu en Nápoles (reino de Nápoles) dentro dunha familia nobre de orixe florentina. Perdeu ao seu irmán durante a súa nenez, polo que Maria Angela pasou a ser filla única. O seu pai ocupouse da súa educación, e aos catorce anos falaba fluidamente en latín. Tamén estudou filosofía, ciencias físicas e matemáticas cos físicos e matemáticos Pietro Della Torre e Vito Caravelli. Tamén estudou inglés e francés.[3]

Ardinghelli non era nin unha aristócrata nin formaba parte da ascendente clase media. A súa familia era de Florencia, descrita como “unha das máis distinguidas e antigas de Italia”, no século XVI. Cando a familia Medici ascendeu ao poder na Toscana a familia Ardinghelli trasladouse da Toscana a Nápoles.

Tal e como era obrigatorio para as mulleres aristocráticas daquel tempo, Maria Angela foi unha poeta culta e coñecedora do latín, así como experta en física e matemática. Pertenceu ao círculo do príncipe de Tarsia, fundado en 1747, integrado nos círculos intelectuais de Nápoles, o que lle permitiu tomar contacto con Newton, a electricidade e a física experimental. A biblioteca e o laboratorio de Tarsia foron de moita utilidade para ela.

Ardinghelli nunca quixo marchar de Nápoles. Deixou claro que nunca deixaría a súa familia, rexeitando o matrimonio co arquitecto francés Julien Leroy e a posibilidade de encargarse da tutoría científica das princesas reais en Versalles. Quedou en Nápoles onde organizou moitas conversazioni, como puntos de encontro para viaxeiros naturalistas, con correspondencia coa Academia Francesa das Ciencias.

Maria Angela Ardinghelli actuou como correspondente informal para a Academia Francesa das Ciencias. Conectou as comunidades científicas de Nápoles e Francia. Cando Maria Angela logrou a cúspide da súa popularidade inxeniou estratexias para manter o seu anonimato, e conseguiuno. A pesar da súa histórica invisibilidade, Ardinghelli escolleu selectivamente os traballos que quixo facer visibles ás audiencias específicas para protexerse do illamento social.

Ardinghelli e Nollet

[editar | editar a fonte]

Como correspondente e membro da Academia Francesa das Ciencias, Maria Angela foi catapultada á fama por Jean-Antoine Nollet (coñecido como Abbé Nollet). Nollet coñeceu a Ardinghelli en 1749 nas conversazioni, organizadas por ela mesma, en Nápoles durante a súa viaxe a través de Italia. Nollet, unha aclamada celebridade, publicou un volume sobre electricidade no que defendía as súas teorías en contra das de Benjamin Franklin. Nollet escribiu nove cartas a nove sabios distinguidos no campo da física. A primeira carta foi a Ardinghelli. Na carta escribe sobre a súa tradución do Haemastaticks de Hales e escribe: “unha señora nova moi virtuosa, que en pouco tempo fixo moito progreso no campo da física.” Esta declaración pública do seu aprecio fixo que Ardinghelli se dese a coñecer.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]