Carmen García Amo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarmen García Amo
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1905 Editar o valor em Wikidata
Torrecilla de la Orden, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xullo de 1995 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica , farmacéutica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid
Instituto San Isidro (pt) Traducir
Consello Superior de Investigacións Científicas
Instituto de Bachillerato Cervantes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Carmen García Amo, nada en Torrecilla de la Orden (Valladolid) o 11 de xuño de 1905 e finada en Madrid en 1995,[1] foi unha química e farmacéutica.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Química na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1927.[1] Trasladouse a Madrid e ingresou no Laboratorio de Investigaciones Físicas, e asistiu ás clases prácticas de Química-Física, Electroquímica e Electroanálise baixo a dirección de Enrique Moles.[3][4] Despois traballou na Sección de Electroquímica, dirixida por Julio Guzmán, con quen traballou até 1932 na busca de metais baratos para substituír o platino en electroanálise, e onde coincidirá con María Patrocinio Armesto.[1] Neste tempo tamén impartiu clases na Residencia de Señoritas. [2]

Tras a guerra civil foi depurada como docente até 1942, ano no que obtivo a licenciatura de Farmacia.[2] En 1949 comezou a tese doutoral no Departamento de Bioquímica da Facultade de Farmacia de Madrid, baixo a dirección de Ángel Santos Ruiz con quen iniciou unha liña de investigación sobre estudos metabólicos do zinc.[5] Foi responsable da sección de radioactividade do Instituto Español de Fisiología y Bioquímica do CSIC.[2]

Foi socia da SEFQ desde 1929, e da Sociedad Española de Bioquímica (hoxe Sociedad Española de Bioquímica y Biología Molecular SEBBM).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Pintos (2016)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Carmen García Amo". dbe.rah.es. Consultado o 2021-01-10. 
  3. Portolés, Carmen Magallón (2010). "Las mujeres que abrieron los espacios de las ciencias experimentales para las mujeres, en la España del primer tercio del siglo XX". Arenal: Revista de historia de mujeres 17 (2): 319–347. ISSN 1134-6396. 
  4. Poveda San, María; Poveda San, María (2014-04-08). "Mujeres y segunda enseñanza en Madrid (1931-1939). El personal docente femenino en los institutos de bachillerato" (en castelán). Madrid: Universidad Complutense de Madrid. 
  5. 5,0 5,1 MIRAS, María Teresa, and Flora de PABLO (2004). "Mujeres científicas en la SEB/SEBBM". Cuarenta años de la Sociedad Española de Bioquímica y Biología Molecular. Madrid: SECC (2004). (PDF). Madrid: SECC. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de febreiro de 2021. Consultado o 10 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]