Josefa Ron Noya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosefa Ron Noya
Biografía
Nacemento1 de maio de 1910 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 1996 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFarmacia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfarmacéutica , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Josefa Ron Noya, nada en Santiago de Compostela o 1 de maio de 1910 e finada no mesmo concello o 9 de agosto de 1996,[1] foi unha farmacéutica galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla de Francisco Ron Mato e Josefa Noya Gamallo.[2] Iniciou os seus estudos de farmacia na Universidade de Santiago de Compostela en 1928 e obtivo o grao de licenciada o 28 de xuño de 1932, coa cualificación de sobresaínte. Posteriormente, en 1948, obtivo o grao de doutora en Farmacia coa tese La Refractometría de las leches de vaca en Galicia y su valor en la investigación del aguado de las mismas, dirixida por Aniceto Charro Arias.

Entre 1936 e 1939 colaborou no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago. En 1940 foi nomeada auxiliar de clases prácticas de Química Inorgánica da Facultade de Farmacia, sendo a primeira muller profesora auxiliar dunha cátedra de farmacia en Santiago[3].

Traballou como axudante de Análise na Facultade de Farmacia entre 1949 e 1954 e como profesora adxunta de Análise química entre 1954 e 1955.

Tamén formou parte do persoal de laboratorio de investigación da Clínica Universitaria de Pediatría de Santiago, que estivo situada ata 1953 no edificio do Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos)[4]

Obra[editar | editar a fonte]

  • CHARRO ARIAS, A. e RON NOYA, J. (1948). "Crioscopia de las leches de vaca en Galicia y su valor en la investigación del aguado de las mismas. Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela, n. 51-52, p. 173-188.
  • La refractometría de leches de vaca de Galicia y su aplicación a la investigación del aguado de las mismas. [extracto de tese de doutoramento). Madrid : [s.n.], 1949 (Evaristo San Miguel)[5]
  • RON NOYA, J. "Determinación del índice de refracción de los aceites comestibles y medicinales mediante el microscopio” (1952), Anales de Bromatología
  • RON NOYA, J. "Nueva aportación a la determinación del índice de refracción de los aceites, mediante el microscopio” (1952), Congreso Hispano Portugués de Farmacia
  • RON NOYA, J. "Determinación de la creatinina en la leche de vaca y sus aplicaciones a la investigación de orina en la misma" (1954), Anales de Bromatología

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 14-8-1996, p. 66.
  2. "Esquela de Don Francisco Ron Mato". Hoja Oficial del Lunes. 18 abril 1968. Consultado o 13 marzo 2018. 
  3. Brasa Arias, Beatriz (2011). La Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (1900-1971). ISBN 978-84-9887-826-4. 
  4. Peña Guitián, José (xuño 2013). "La etapa santiaguesa de don Manuel Sánchez Perdiguero". Cuadernos de Historia de la pediatría española (5): 8–17. ISBN 978-84-695-3139-6. 
  5. "rexistro bibliográfico". Catálogo Iacobus (USC). Consultado o 6 de marzo 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]