Saltar ao contido

Balbina López Somoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBalbina López Somoza
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor en Wikidata
Eiré, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xullo de 1985 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
O Saviñao, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutica Editar o valor en Wikidata

Balbina López Somoza, nada en Eiré (Pantón) en 1910 e finada no Saviñao o 16 de xullo de 1985,[1] foi unha farmacéutica galega[2].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era filla dun labrego e dunha ama de casa. Foi interna no colexio das Calasancias de Monforte de Lemos, máis tarde pasou a Ourense e, en 1928, principou e culminaría (1934[3]) os seus estudos de Farmacia na Universidade de Santiago, tras a reforma legal de 1910 que lles permitía ás mulleres o acceso libre á Universidade en España e converteuse nunha das primeiras científicas luguesas.

En 1937 comprou a súa primeira farmacia en Ferreira. En 1939 trasladouse a Escairón, onde abriu unha farmacia; de igual maneira, habilitou un local de emerxencias para a poboación da montaña en Currelos.

Marchou a Madrid aprender Análise e, á volta, exerceu como inspectora farmacéutica municipal, analizando a auga da traída de Escairón.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Manuel Alfonso Núñez, pai de dúas fillas dun matrimonio anterior e co que tería un único fillo (tamén Manuel). Foi unha entusiasta das viaxes, e coñeceu Xapón, o Brasil e diversos países de Europa.

Está soterrada no cemiterio municipal do Saviñao.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi nomeada Muller Pioneira Farmacéutica no IV Certame Mulleres de Lemos, organizado polo colectivo Lemos Le. [4]

  1. La Voz de Galicia, 17-7-1985, p. 42.
  2. Homenaxe a unha farmacéutica pioneira do Saviñao e Pantón, La Voz de Galicia, 10 de marzo de 2017.
  3. Pintos Barral, Xoana (2015). As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2018. Consultado o 24 de febreiro de 2018. 
  4. Fernández (2021)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]