Christine Kirch
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | abril de 1697 Guben, Alemaña |
| Morte | 6 de maio de 1782 Berlín, Alemaña |
| Actividade | |
| Ocupación | astrónoma |
| Familia | |
| Pais | Gottfried Kirch |
| Irmáns | Christfried Kirch Margaretha Kirch |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Christine Kirch, nada en Guben en abril de 1697 e finada en Berlín o 6 de maio de 1782 foi unha astrónoma alemá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi filla dos astrónomos Gottfried Kirch e Maria Winkelmann e irmá de Christfried Kirch. Ela e a súa irmá, Margaretha Kirch, recibiron clases de astronomía desde os dez anos e traballaron como axudantes do seu irmán. Christine Kirch fixo os cálculos e asistiu nas observacións de Christfried Kirch. Ela calculou o almanaque e as efemérides para a Academia de Ciencias de Berlín ata a súa morte.
Debido a este último traballo, é considerada como a primeira muller en recibir un pago polos seus servizos na astronomía.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gabriella Bernardi (2016). The Unforgotten Sisters: Female Astronomers and Scientists before Caroline Herschel (en inglés). Springer. p. 143.