Praia da Lanzada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Praia da Lanzada
A Lanzada desde A Siradella.jpg
A praia da Lanzada desde o alto do Siradella.
Blue Flag Logo.svg Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados Paraxe natural
Características xerais
Lonxitude3.000 m
Largo medio20 m
Grao de ocupaciónAlto
Grao de urbanizaciónNingún
Paseo marítimoSi
Características específicas
Tipo de areaGrosa
Aspectos medioambientais
Zona protexidaSi
Bandeira AzulSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitadosSi
Tipo de accesoRamplas de madeira

A praia da Lanzada é un dos areais galegos máis coñecidos. Pertencente á parroquia San Vicente do Grove, está situada no tramo de costa entre os concellos de Sanxenxo e O Grove.

É unha praia aberta con máis de 2 km de lonxitude. Ten concedida a Bandeira Azul e dispón de multitude de servizos.

Localmente dánselle nomes aos seus tramos. A partir da punta da Lanzada, no sur, está Area Gorda; a continuación do illote do Outeiriño ou punta Lapa chámase a praia de Lapa e por último está a praia da Lanzada propiamente dita.

Nas proximidades atópanse a Torre da Lanzada, o Castro da Lanzada e a ermida da Nosa Señora da Lanzada, todos eles xa en terreos do concello de Sanxenxo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]