Pat Smear

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPat Smear

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , cantautor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoWhat? Records (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webpatsmear.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0751942 Rottentomatoes: celebrity/pat_smear
Spotify: 36AOO7vOYRSjm2nVgvu63E Musicbrainz: 3da65013-dfdd-40c7-b9c7-e4c829862c66 Songkick: 2150 Discogs: 251655 Allmusic: mn0000180216 WikiTree: Ruthenberg-128 Editar o valor em Wikidata

Pat Smear, nado co nome de Georg Ruthenberg nos Ánxeles o 5 de agosto de 1959, é un guitarrista estadounidense, exmembro de bandas como The Germs, Nirvana e Foo Fighters. É tamén coñecido como actor e por copresentar o programa da MTV House of Style coa súa amiga e modelo Cindy Crawford.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pat naceu e medrou en West, nos Anxeles, California. Tiña unha nai afroamericana/nativo-americana e un pai alemán. De adolescente, en 1972, Smear coñeceu a Darby Crash e xuntos formaron The Germs coa baixista Lorna Doom e a batería Dottie Danger (o seudónimo de Belinda Carlisle que formaría despois The Go-Gos).

Carlisle foi substituída por Don Bolles e, en 1979, a banda editou o seu primeiro álbum, GI. Producido por Joan Jett, a gravación considérase hoxe en día un hito na historia do punk rock. The Germs separaríase en 1980 despois de que Crash se suicidase.

Anos 80 e 90[editar | editar a fonte]

Pat foi tocar con Nina Hagen, e fixo dous álbums propios en solitario: So You Fell In Love With A Musician e Ruthensmear. Nese tempo Pat recibiu unha oferta para unirse a Red Hot Chili Peppers, en lugar do guitarrista John Frusciante (que deixara a banda), pero rexeitou a invitación. Mentres traballaba en Breakin, Smear fíxose amigo de Courtney Love e en 1993 recibiu unha chamada do seu marido, o líder de Nirvana Kurt Cobain, convidándoo a unirse ao grupo. Pat aceptou immediatamente e fixo o seu primeiro concerto con eles o 25 de setembro de 1993 no Saturday Night Live. Estivo de xira con Nirvana uns seis meses antes da morte de Cobain en abril de 1994, e tamén aparece no seu álbum MTV Unplugged in New York. Tamén tocou durante pouco tempo con Meat Puppets.

Despois do final de Nirvana, o batería Dave Grohl formou a súa propia banda, á que bautizou co nome Foo Fighters. Smear uniuse ao grupo dende o principio, pero debido a que o seu primeiro álbum, Foo Fighters, foi unha colección de demos gravadas unicamente por Grohl, non aparecerá nun traballo da banda ata o álbum de 1997 The Colour and the Shape. Ese mesmo ano, debido ao cansazo, Pat anunciou a súa saída de Foo Fighters durante unha actuación no Radio City Music Hall en Nova York, xusto antes dos MTV Video Music Awards.

Actividades recentes[editar | editar a fonte]

Dende a súa saída de Foo Fighters, Smear non estivo moi activo, producindo unicamente o álbum de debut da banda Harlow e facendo pequenas aparicións en televisión.

Máis recentemente foi contratado como asesor creativo nunha película sobre The Germs e Darby Crash, titulada What We Do Is Secret, por unha das cancións máis coñecidas da banda. A película está protagonizada polo actor Rick González.

No 2005 comezou a actuar na reunión de The Germs, xunto co actor Shane West (que interpreta a Darby Crash na película) actuando como vocalista.

En maio do 2006, Foo Fighters anunciou que realizarían uns poucos concertos acústicos a través de Norteamérica. Para sorpresa dos fans, anunciouse que Smear sería uns dos músicos de xira. Aparece tamén coa banda no Tonight Show de Jay Leno de setembro do 2006 e no mesmo escenario que Bob Dylan e The Eagles na festa Genentech's 30th Anniversary. O 21 e 22 de outubro do 2006 tamén se uniu á banda durante catro días para o Bridge School Benefit Concert, organizado por Neil Young.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con The Germs[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

Con Nirvana[editar | editar a fonte]

Con Mike Watt[editar | editar a fonte]

Con Foo Fighters[editar | editar a fonte]