Steve Albini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steve Albini
Albini atp.jpg
Nome completoSteven Frank Albini
Data nacemento22 de xullo de 1962 (60 anos)
Nado enPasadena
Falecementonoise rock, post-hardcore, rock alternativo
Ocupaciónenxeñeiro de son, músico, produtor
Instrumento(s)guitarra, baixo, voz, caixa de ritmos
Relacionado conBig Black, Rapeman, Flour, Shellac
Tempo en activo1982 - presente
Na rede
IMDB: nm1328560 Musicbrainz: a4d486bd-6020-4a36-9c7d-bf5ce174bcd1 Songkick: 1959217 Discogs: 59373 Allmusic: mn0000023358 Genius: Steve-albini Editar o valor em Wikidata

Steven Frank Albini, nado en Pasadena (California) o 22 de xullo de 1962, é un enxeñeiro de son, produtor, músico e xornalista musical estadounidense. Foi membro das bandas Big Black, Rapeman e Flour, e na actualidade toca en Shellac. É fundador, dono e enxeñeiro de Electrical Audio, un complexo de estudios de gravación situado en Chicago, e traballou con artistas coma Pixies, Nirvana, Cheap Trick, Electrelane, Scrawl e PJ Harvey entre outros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Albini naceu en Pasadena, California de Gina (apelido de solteira Martinelli) e Frank Addison Albini. Seu pai é un investigador de fauna e ten dous irmáns. Na súa mocidade a súa familia mudouse bastantes veces, antes de asetarse na cidade de Missoula, Montana en 1974. Albini é italiano-americano e parte da súa familia procede da rexión do Piamonte no norte de Italia.

Mentres se recuperaba da rotura dunha perna, Albini comezou a tocar o baixo e foi a clases dunrante unha semana no instituto. Albini comezou a escoitar punk rock aos 14 ou 15 anos grazas a un compañeiro da escola, e posteriormente mercaría todos os discos dos Ramones.

Medrando en Montana fíxose seguidor de bandas como The Stooges, Ramones, Television, Suicide, Wire, The Fall, The Velvet Underground, Throbbing Gristle, Kraftwerk, The Birthday Party, Pere Ubu, Public Image Ltd, Rudimentary Peni e Killing Joke.

Big Black (1982–1987)[editar | editar a fonte]

En 1981 Albini formou Big Black mentres estaba na universidade e gravou o EP Lungs, o traballo de estrea da banda, publicado a través do selo Ruthless Records. Jeff Pezzati (Naked Raygun) e Santiago Durango uníronse pouco despois, e o trío (xunto unha caixa de ritmos acreditada como "Roland") publicaron dous EPs máis: Bulldozer (1983) e Racer-X (1984). Pezzati foi substituído posteriormente no baixo por Dave Riley, co cal o grupo gravou dous álbums: Atomizer (1986) e Songs About Fucking (1987), ademais do EP Headache EP (1987), e dous sinxelos en 7": "Heartbeat" e "He's a Whore/The Model". Influenciada por PiL, The Birthday Party, Killing Joke, Wire e Gang of Four, a banda gañouse unha antes de separarse en 1987 antes do lanzamento do seu segundo álbum.

Rapeman (1987–1988)[editar | editar a fonte]

Albini pasaría a formar Rapeman en 1988, cos antigos membros de Scratch Acid, Rey Washam (posteriormente en Didjits), e David Wm. Sims (posteriormente en The Jesus Lizard). O grupo desfíxose despois do lanzamento dun EP, Budd, e dun álbum, Two Nuns and a Pack Mule (1988). Rapeman tamén editou dous 7", un deles a través do Sub Pop Singles Club.

Shellac (1992–presente)[editar | editar a fonte]

Albini formou Shellac en 1992. Cos seus compañeiros Bob Weston (anteriormente en Volcano Suns), e Todd Trainer (de Rifle Sport, Breaking Circus e Brick Layer Cake), inicialmente publicaron tres EPs: The Rude Gesture: A Pictorial History, Uranus e The Bird is the Most Popular Finger. A estes seguíronlle cinco álbums de estudio: At Action Park (1994), Terraform (1998), 1000 Hurts (2000), Excellent Italian Greyhound (2007) e Dude Incredible (2014).