Screaming Females

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Screaming Females
Screaming Females in Oslo 2012.jpg
OrixeNew Brunswick, Nova Jersey, Flag of the United States.svg
Período2005 - presente
Xénero(s)punk rock, indie rock, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Don Giovanni Records
MembrosMarissa Paternoster
Jarrett Dougherty
King Mike
Páxina webscreamingfemales.com

Screaming Females é unha banda estadounidense de punk rock procedente de New Brunswick, Nova Jersey. Ata a data o grupo leva publicados seis álbums. Está formado pola guitarrista e vocalista Marissa Paternoster, o batería Jarrett Dougherty e o baixista King Mike.

Historia[editar | editar a fonte]

Mike e Marissa formaron unha banda no instituto chamada Surgery On TV.[1] Tras varios cambios na formación finalmente decidiron tocar como trío e cambiaron o nome a Screaming Females. O grupo iniciouse na escena de concertos en sotos de New Brunswick. Os concertos celebrábanse nas casas de varias bandas, estudantes e residentes, polo que podía asistir xente menor de 21 anos. A banda foi conseguindo éxito coa maior exposición, aparecendo na NPR,[2] no programa Last Call with Carson Daly e na MTV. Screaming Females tocou con bandas como Garbage,[3] Throwing Muses, Dinosaur Jr., The Dead Weather, Arctic Monkeys, Ted Leo & The Pharmacists, JEFF the Brotherhood, Little Lungs, Cheeky, The Ergs, Shellshag e The Measure.

No ano 2012 Marissa Paternoster foi situada no posto 77 dos mellores guitarristas de todos os tempos segundo a revista Spin.[4]

No seu quinto álbum de estudio, Ugly, Screaming Females colaborou co destacado produtor e enxeñeiro Steve Albini.[5] P disco tivo unha boa acollida entre a crítica, conseguindo recensións favorables en medios como The A.V. Club, Chicago Tribune, Los Angeles Times, Pitchfork Media, Alternative Press e CMJ.[6]

En febreiro de 2013 Screaming Females editou o EP autoproducido Chalk Tape para ser escoitado en liña. O EP tamén se vendeu en casete nunha edición limitada ademais de estar dispoñible como descarga dixital. Segundo a banda, Chalk Tape afástase do seu típico proceso de composición. Para escribir os seus temas o grupo escribiu os seus plans nun encerado con xiz e gravounas sen modificacións.[7]

No mes de setembro de 2013 Screaming Females saíu de xira cos seus compañeiros de selo Waxahatchee e Tenement.[8]

A finais de 2014 o grupo anunciou o seu derradeiro álbum ata a data, Rose Mountain. O disco foi producido por Matt Bayles e editouse o 24 de febreiro de 2015 a través de Don Giovanni Records.[9]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Baby Teeth 2006 autoeditado
What if Someone is Watching Their T.V.? 2007 autoeditado
Power Move 2009 Don Giovanni Records
Castle Talk 2010 Don Giovanni Records
Ugly 2012 Don Giovanni Records
Rose Mountain 2015 Don Giovanni Records
All at Once 2018 Don Giovanni Records

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Maximun RockNRoll (ed.). "Blast From the Past: Screaming Females". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  2. NPR (ed.). "Screaming Females: DIY In New Brunswick". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  3. Spin (ed.). "Garbage and Screaming Females Cover Patti Smith’s ‘Because the Night’". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  4. Spin (ed.). "SPIN’s 100 Greatest Guitarists of All Time". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  5. Spin (ed.). "Screaming Females Announce ‘Ugly’ LP, Are Not Going to Talk About Steve Albini". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  6. Metacritic (ed.). "Ugly". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  7. Screaming Females (ed.). "New EP and New Song!". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  8. Pitchfork (ed.). "Waxahatchee to Tour With Screaming Females". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  9. Pitchfork (ed.). "Screaming Females Announce Rose Mountain, Share "Ripe"". Consultado o 26 de decembro de 2017.