Fugazi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fugazi
Fugazi.jpg
Fugazi en concerto no 2002
Orixe Washington D.C., Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1987 - actualidade (en hiato dende 2003)
Xénero(s) post-hardcore, punk rock
Selo(s)
discográfico(s)
Dischord Records
Membros Ian MacKaye
Guy Picciotto
Joe Lally
Brendan Canty
Antigos
membros
Colin Sears

Fugazi é unha banda de post-hardcore estadounidense procedente de Washington D.C. e formada en 1987. É actualmente unha das bandas máis influentes no rock independente. O grupo atópase en hiato indefinido dende o ano 2003. Fugazi caracterízase pola súa postura ética DIY, as súas prácticas empresariais e o seu desprezo cara á industria discográfica.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Despois da disolución da banda seminal de hardcore punk Minor Threat, Ian MacKaye (o seu guitarrista e cantante) estivo nun feixe de bandas de curta vida (entre as que destacou a banda de emocore Embrace) antes de formar un novo trío, Fugazi, co batería Colin Sears e o baixista Joe Lally, comezando a ensaiar xuntos en setembro de 1986. Sears deixou a banda para unirse a Dag Nasty e foi substituído por Brendan Canty, que anteriormente estivera en Rites of Spring.

MacKaye describe esta etapa de Fugazi como The Stooges tocando reggae. O grupo realizou o seu primeiro concerto a comezos do mes de setembro de 1987 cando aínda non tiña nome. MacKaye escolleu a palabra "fugazi" dunha compilación de historias sobre a Guerra de Vietnam, onde era usada co significado de "Fucked Up, Got Ambushed, Zipped In". A banda tocou como trío durante algúns meses ata incorporar a Guy Picciotto. Picciotto orixinalmente só cantaba, pero despois dun tempo comezou a tocar a guitarra tamén.

Fugazi EP e Margin Walker - 13 Songs[editar | editar a fonte]

Fugazi realizou a súa primeira xira en xaneiro de 1988, e en xuño dese ano gravou o seu EP de estrea, Fugazi co produtor Ted Nicely. Pouco despois iniciaría unha xira por Europa que remataría en decembro. Ese mes a banda gravou temas para o seu álbum de estrea, porén, non quedou contenta coas sesións. A listaxe de cancións reduciuse e finalmente editaron o EP Margin Walker en 1989. Ámbolos dous EPs foron finalmente combinados no álbum 13 Songs, publicado a finais de 1989. Ao seu regreso de Europa, Picciotto, insatisfeito con só cantar, comezou a tocar tamén a guitarra.

Repeater e Steady Diet of Nothing[editar | editar a fonte]

Con Picciotto agora tamén como guitarrista a tempo completo, Fugazi pasou a compoñer os temas novos como unha banda, xa que antes encargábase Ian MacKaye en solitario. Ademais de traballar en material novo, temas que xa foran interpretados ao vivo como "Merchandise" e "Turnover" foron modificados para incluílos no seu primeiro álbum de estudio.

O seu primeiro álbum, Repeater, foi lanzado o 19 de abril de 1990 a través do selo Dischord Records, e inicialmente non entro na lista Billboard 200 nin foi un éxito comercial. Porén, a banda pasou gran parte de 1990 e 1991 de xira, realizando uns 250 concertos en 13 meses. Cara o verán de 1991 o disco chegara á cifra das 300.000 copias vendidas, e moitos grandes selos comezaron a realizarlle ofertas a Fugazi, que a banda rexeitou para continuar con Dischord.

Fugazi sempre foi coñecido pola súa posición política, percorreron o mundo promovendo un estilo de vida san e a crítica cara ás institucións e corporacións aos seus seguidores durante as súas enérxicas actuacións. Atribúeselles ser os pais do son emocore.

Membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Handmade entradas para un concerto fugaz, de 2001, que tivo lugar en Indianápolis, Indiana.
Álbum Ano Selo Observacións
13 Songs 1989 Dischord Records recompilatorio
Repeater 1990 Dischord Records
Repeater + 3 songs 1990 Dischord Records recompilatorio
Steady Diet of Nothing 1991 Dischord Records
In on the Kill Taker 1993 Dischord Records
Red Medicine 1995 Dischord Records
Instrument 1998 Dischord Records banda sonora
End Hits 1999 Dischord Records
The Argument 2001 Dischord Records

EPs[editar | editar a fonte]

  • Fugazi EP - 1988
  • Margin Walker EP - 1989
  • 3 Songs single - 1990
  • Furniture + 2 EP - 2001