Sleater-Kinney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sleater-Kinney
Sleater-Kinney - backstage SXSW 2006 - crop.jpg
Orixe Portland, Oregon, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1995 - 2006
2014 - actualidade
Xénero(s) riot grrrl, rock alternativo, indie rock, punk rock
Selo(s)
discográfico(s)
Chainsaw, Kill Rock Stars e Sub Pop
Membros Corin Tucker
Carrie Brownstein
Janet Weiss
Lora McFarlane
Toni Gogin
Misty Farrell
Na rede
http://www.sleater-kinney.com/

Sleater-Kinney é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en 1995 en Olympia, Washington influenciada polo movemento riot grrrl dos anos 90. A banda trasladaríase posteriormente a Portland, Oregon. O nome do grupo deriva de Sleater-Kinney Road, unha rúa próxima a onde elas ensaiaban nos seus comezos en Lacey, Washington.

É un grupo destacable do movemento riot grrrl e indie rock do noroeste estadounidense, coñecido polas súas ideas feminismo e de esquerdas. O 27 de xuño de 2006 a banda anunciou a través da súa páxina web a súa separación por tempo indefinido. e en outubro de 2014 informaron de que publicarían un novo álbum no ano seguinte co título No Cities to Love e sairían de xira novamente.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A banda emerxeu do movemento riot grrrl co seu primeiro álbum, Sleater-Kinney, editado por Chainsaw Records en 1995. Seguíronlle Call the Doctor (1996) e Dig Me Out (1997). En 1998 a banda gravou "Big Big Lights", o primeiro sinxelo compartido (con Cypher in the Snow) nunha serie de gravacións para unha asociación de mulleres tituladas Free to Fight, e editadas por Candy Ass Records. Os seus seguintes traballos achegaron á banda aos oíntes do mainstream, culminando en 2002 con One Beat. A banda, porén, permaneceu fiel ás súas raíces independentes e feministas. A maioría dos seus álbums dende Call the Doctor foron editados a través do selo independente Kill Rock Stars e o seu sétimo traballo, The Woods, foi editado pola Sub Pop.

A banda foi fundada por Corin Tucker e Carrie Brownstein. Janet Weiss (de Quasi) tocou a batería dende Dig Me Out. Os anteriores baterías foron Lora Macfarlane (que aparece en Sleater-Kinney e Call the Doctor), Misty Farrell e Toni Gogin.

Tanto Brownstein como Tucker tocan a guitarra. Aínda que Sleater-Kinney non ten baixo, Tucker toca unha guitarra barítona, a miúdo facendo o mesmo papel que un baixo, e Brownstein afina a súa guitarra un tono máis baixo. Corin Tucker foi integrante da influente banda de riot grrrl Heavens to Betsy. Carrie Brownstein estivo na banda de queercore Excuse 17. Á parte de tocar con Sleater-Kinney, Tucker tamén foi membro da banda Cadallaca con Sarah Dougher (membro de The Lookers).

En 2000, as tres membros de Sleater-Kinney colaboraron con Robert Forster e Grant McLennan na agora desaparecida banda indie The Go-Betweens, participando na gravación de álbum The Friends of Rachel Worth.

Sleater-Kinney foi abreconcertos de Pearl Jam en moitos dos seus concertos en norteamérica a principios do 2003. A experiencia de tocar en grandes escenarios é citada pola banda como parte da inspiración e motivación do seu último traballo, The Woods. O álbum foi editado no ano 2005, e representou un cambio do son respecto aos seus traballos anteriores. Nel a banda aposta por un son máis denso, pesado e distorsionado que toma como inspiración o rock clásico.

O 27 de xuño do 2006 a banda anunciou un hiato indefinido, dicindo que non tiñan plans para futuras xiras ou gravacións. O derradeiro gran concerto de Sleater-Kinney foi no festival de Lollapalooza dese ano, e a súa derradeira aparición foi no Crystal Ballroom en Portland, Oregon, o 12 de agosto.

Nunha entrevista o 17 de marzo do 2010, Carrie Brownstein dixo que Sleater-Kinney podería reunirse e editar un álbum nos seguintes cinco anos. Brownstein tamén anunciou que ela e Janet Weiss estaban formando unha nova banda.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Sleater-Kinney 1995 Chainsaw Records
Call the Doctor 1996 Chainsaw Records
Dig Me Out 1997 Kill Rock Stars
The Hot Rock 1999 Kill Rock Stars
All Hands on the Bad One 2000 Kill Rock Stars
One Beat 2002 Kill Rock Stars
The Woods 2005 Sub Pop Records
No Cities to Love 2015 Sub Pop Records

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]