Shame
| Shame | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Caracterizado por
| |||||
|
Selo discográfico
| |||||
| Datas | |||||
|
Inicio de actividade
| |||||
|
Data de fundación
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Shame é unha banda británica de rock alternativo procedente do sur de Londres. O seu álbum de estrea, Songs of Praise, foi editado o 12 de xaneiro de 2018. O grupo foi aclamado pola crítica de publicacións como NME,[1] Paste,[2] e Clash.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]O 7 de decembro de 2016 Shame publicou o sinxelo de dous temas "The Lick / Gold Hole AA" a través do selo Fnord Comms.[4] O 14 de abril de 2017 a banda editou "Tasteless", tamén a través de Fnord Comms, un sinxelo de 7" co tema "Visa Vulture" como cara b.[5] O 20 de setembro o grupo lanzou a canción "Concrete".[6]
Shame publicou o seu álbum de estrea, Songs of Praise, o día 12 de xaneiro de 2018 a través do selo Dead Oceans, recibindo boas críticas. No presente o álbum conta cunha puntuación agregada de 83 baseada en 20 recensións.[7] O disco chegou ao número 32 da lista británica de álbums e estivo na lista durante dúas semanas.
A finais de xaneiro de 2020 NME informou que Shame estaba traballando no seu segundo álbum de estudio e que a súa gravación xa estaba completada.[8] No mes de setembro a banda publicou a súa primeira canción dende o seu anterior traballo, "Alphabet",[9] e en decembro apareceu ""Snow Day".[10] O álbum, titulado Drunk Tank Pink, foi editado en xaneiro de 2021.[11]
En novembro de 2022 anunciouse o seu terceiro álbum, titulado Food for Worms, coincidindo coa saída do sinxelo "Fingers of Steel". Antes do lanzamento do disco en febreiro de 2023, a banda editou os seunxelos "Six-Pack" e "Adderall".[12]
Membros
[editar | editar a fonte]- Charlie Steen - voces principais (2014-presente)
- Eddie Green - guitarra (2014-presente)
- Sean Coyle-Smith - guitarra (2014-presente)
- Josh Finerty - baixo (2014-presente)
- Charlie Forbes - batería (2014-presente)
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Songs of Praise | 2018 | Dead Oceans |
| Drunk Tank Pink | 2021 | Dead Oceans |
| Food for Worms | 2023 | Dead Oceans |
| Cutthroat | 2025 | Dead Oceans |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bassett, Jordan. "Shame - 'Songs Of Praise' Album Review". NME (en inglés). Consultado o 2019-04-02.
- ↑ "Shame: Songs of Praise". pastemagazine.com (en inglés). Consultado o 2019-04-02.
- ↑ "Shame - Songs Of Praise". Clash Magazine (en inglés). Consultado o 2019-04-02.
- ↑ "The Lick / Gold Hole AA, by shame". shame. Consultado o 2019-11-11.
- ↑ "Tasteless, by shame". shame. Consultado o 2019-11-11.
- ↑ "Concrete, by shame". shame. Consultado o 2019-11-11.
- ↑ "Songs of Praise by Shame" (en inglés). Consultado o 2019-11-11.
- ↑ "Shame confirm they have finished work on their second album". NME (en inglés). 2020-01-27. Consultado o 2020-10-11.
- ↑ "Shame return with first song in two years, 'Alphabet'". NME (en inglés). 2020-09-10. Consultado o 2020-10-11.
- ↑ "Shame - "Snow Day"". Stereogum (en inglés). 2020-12-03. Consultado o 2023-12-17.
- ↑ "Drunk Tank Pink, by shame". shame (en inglés). Consultado o 2023-12-17.
- ↑ "Shame launch new album with latest single ‘Fingers of Steel’". faroutmagazine.co.uk (en inglés). 2022-11-15. Consultado o 2023-12-17.