Karlstad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 59°22′42″N 13°30′15″L / 59.37833, -13.50417

Karlstad
Karlstad
Karlstad vapen.svg
Karlstad court.jpg
A praza de Stora Torget, no centro da cidade
Localización
Karlstad en Suecia
Karlstad
Karlstad
País Flag of Sweden.svg Suecia
Condado Värmland
Municipio Karlstad
Xeografía
Altitude 64 msnm
Superficie 30,31 km²
Demografía
Poboación 62 797
Outros datos
Código postal 65x xx
http://karlstad.se/

Karlstad é a cidade máis grande e capital do condado sueco de Värmland e atópase situada no municipio do mesmo nome. A cidade ten 87.000 habitantes e ten unha universidade e unha catedral.

Karlstad está localizada no delta do río máis grande de Suecia, o Klarälven, que desemboca no lago máis grande do país, o Vänern. A cidade ten o segundo porto nun lago máis grande de Suecia tras Västerås.

Karlstad adoita a asociarse co sol e o seu símbolo é un sol sorrinte. Karlstad ten a fama de ser unha das cidades máis soleadas de Suecia e unha camareira local, coñecida como "Sola i Karlstad" (o Sol en Karlstad) pola súa amabilidade, tamén é un os símbolos da cidade e ten unha estatua no centro.

Historia[editar | editar a fonte]

Na illa máis grande de Karlstad tiña lugar un consello chamado Tingvalla na Idade Media, que tiña as súas raíces na era viquinga antes do ano 1.000. O lugar tamén adoitaba usarse como mercado.

A Karlstad concedeulle o título de cidade o duque Carlos o 5 de marzo de 1584, o cal posteriormente sería coroado como o rei Carlos IX de Suecia. O nome da cidade deriva do rei (Karlstad significa literalmente "cidade de Carlos"). O duque tamén lle garantiu a Karlstad o dereito a ter a sede do goberno da rexión, e concedeulle unha considerable cantidade de terra.

Sola i Karlstad

O duque construíu a súa propia casa na cidade, coñecida como Kungsgården (a leira do rei). A catedral de Karlstad construiríase no lugar da Kungsgården entre 1724 e 1730.

O golpe de estado máis significativo na historia moderna de Suecia tivo a súa orixe en Karlstad. Durante a noite do 7 de marzo de 1809, o tenente coronel Georg Adlersparre usou parte do exército occidental que estaba en Värmland para ocupar Karlstad. Dende alí proclamou oficialmente unha revolución, e durante o 9 de marzo el e os seus soldados comezaron a súa exitosa marcha cara a capital para rematar co reinado do rei Gustavo IV Adolfo de Suecia.

Karlstad tivo catro grandes incendios. Só a catedral e un feixe de casas sobreviviron ao último deles, o 2 de xullo de 1865. Karlstad sería reconstruído segundo un patrón de grella con amplas rúas rodeadas por árbores.

En 1905 o acordo para disolver a unión entre Noruega e Suecia negociouse e asinouse en Karlstad.