Boeing 727

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boeing 727
Iberia Boeing 727-200 EC-DCC.jpg
Boeing 727 de Iberia Líneas Aéreas de España
Tipo Pasaxeiros
Fabricante Boeing
Primeiro voo 9 de febreiro de 1963
Introducido 1 de febreiro de 1964

O Boeing 727 é un avión de pasaxeiros trimotor de fuselaxe estreita e tamaño medio que foi, por moito tempo, o avión máis popular no mundo. O 727 foi producido nos anos 60, moito antes que o modelo Boeing 747.

Historia[editar | editar a fonte]

O deseño do 727 debeuse a un compromiso entre United Airlines, American Airlines e Eastern Airlines para buscar o sucesor do Boeing 707. United Airlines quería un avión con catro motores para os seus voos a aeroportos de grandr altitude. American quería un avión bimotor por razóns de eficiencia. Eastern quería un trimotor para os seus voos sobre o mar Caribe. Eventualmente, as tres aeroliñas coincidiron nun trimotor e así naceu o 727.

En 1959, Lord Douglas, xefe de British European Airways (BEA), suxeriu que Boeing e de Havilland Aircraft Company (posteriormente Hawker Siddeley) traballasen xuntas nos seus deseños de trirreactores, o 727 e o D.H.121 Trident. Os dous deseños tiñas un perfil semellante, diferenciandose principalmente no tamaño. Nese tempo, Boeing intentou usar tres motores turbofan Allison AR963, que era unha versión fabricada baixo licenza do mesmo motor que usaba o Trident, o Rolls-Royce RB163 Spey. Boeing e de Haviland intercambiáronse enxeñeiros para avaliar os dous deseños, pero Boeing finalmente decidiu poñer fin ao acordo. De Haviland quería que Boeing construíse baixo licenza o D.H.121, mentres que Boeing sentía que o deseño necesitaba ser adaptado para o mercado estadounidense, con seis asentos por fila e a capacidade de usar pistas de menos de 4.500 pés.

En 1960, Pratt & Whitney atopábase buscando un cliente para o seu novo motor aínda en proxecto JT8D, baseado no J52 (JT8A). Ao mesmo tempo, United e Eastern estaban interesadas en que Pratt & Whittney lles ofrecese unha alternativa ao RB163 Spey. Unha vez que Pratt & Whittney accedeu a desenvolver o JT8D, Eddie Rickenbacker, presidente da xunta de Eastern, fíxolle saber a Boeing que a aeroliña prefería o JT8D para os seus 727s. Boeing declinara anteriormente o ofrecemento do JT8D, que era uns 450 quilos máis pesado que o RB163, aínda que lixeiramente máis potente. O deseño do RB163 estaba ademais máis avanzado que o do JT8D. Boeing aceptou de mala gaña o ofrecer o motor JT8D como unha opción para o 727, e máis tarde convertiríase no único motor para o avión.

Variantes[editar | editar a fonte]

727–100 de Aeroperú

Hai dúas variantes do Boeing 727. A 727–100 apareceu en 1960 e foi posta en servizo en febreiro de 1964. O 727–200 apareceu en 1965 e comezou a operar en decembro de 1967.

727–100[editar | editar a fonte]

O primeiro modelo de produción foi coñecido como 727–100. O primeiro exemplar voou o 9 de febreiro de 1963 e o modelo foi aprobado pola Federal Aviation Administration o 24 de decembro dese ano. A primeira entrega efectuárase xa o 29 de outubro a United Airlines para que comezase o adestramento dos pilotos. O 727–100 estreouse en servizo de pasaxeiros coa aeroliña Eastern Air Lines o 1 de febreiro de 1964, nun voo entre Miami, Florida, Washington, D.C. e Philadelphia, Pennsylvania.

Entregáronse un total de 571 avións desta versión (407 -100, 53 -100C, e 111 -100QC). Un avión máis foi construído, pero Boeing quedou con el, elevando a súa produción a 572 unidades.

727–200 de Delta Air Lines

727–200[editar | editar a fonte]

É unha versión alongada version do 727–100. O −200 é 6,1 metros máis longo que o seu predecesor. Engadíuselle unha sección de 3 metros de fuselaxe diante das ás e outra sección detrás delas. A envergadura e a altura son as mesmas nas dúas variantes. O 727–200 tiña peso que o 727–100, porén, a medida que se foi desenvolvendo, o peso foi aumentando e equipáronse con motores máis potentes xunto con outras melloras, e, a partir do número 881 (contando coa serie 100), o 727-200s foron chamados −200 Advanced. O peso do avión víuse aumentado co tempo de 77.000 a 95.000 quilos nas últimas versións. A entrada de aire do motor central foi tamén redeseñada para que tivese forma redondeada, en vez da oval da anterior serie.

O primeiro 727–200 voou o 27 de xullo de 1967 e recibiu a certificación da FAA o 30 de novembro. A súa primeia entrega foi o 14 de decembro a Northwest Airlines. Entregáronse un total de 310 727-200 antes de dar paso ao 727-200 Advanced en 1972.

Especificacións[editar | editar a fonte]

  • Tipo: Boeing 727-200
  • Envergadura: 32,91 m
  • Lonxitude: 46,68 m
  • Altura: 10,36 m
  • Superficie alar: 157,93 m2
  • Capacidade de pasaxe: de 163 a 189
  • Carga útil: 19.413 kg
  • Peso máximo no despegue: 95.027 kg
  • Velocidade de cruceiro: 495 nudos
  • Velocidade máxima: 549 nudos
  • Alcance máximo: 2.555 millas