Battles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Battles (Logo).png
Battles E5100823.jpg
OrixeNova York, Flag of the United States.svg
Período2002 - presente
Xénero(s)rock experimental, art rock
Selo(s) discográfico(s)Warp Records
MembrosIan Williams
John Stanier
Dave Konopka
Antigos membrosTyondai Braxton
Artistas relacionadosHelmet, Storm & Stress, Tomahawk, Don Caballero, The Mark of Cain, Lynx
Páxina webhttp://www.bttls.com/

Battles é unha banda estadounidense de rock experimental, fundada no ano 2002 na cidade de Nova York por Ian Williams (antigo membro de Don Caballero e Storm & Stress). Na actualidade está composta polo guitarrista e teclista Ian Williams, o guitarrista e o batería John Stanier (anteriormente en Helmet). Anteriormente tamén tocaron en Battles o compositor e vocalista Tyondai Braxton e o guitarrista e baixista Dave Konopka (antigo membro de Lynx),

Historia[editar | editar a fonte]

Battles formárona no ano 2002 o guitarrista e teclista Ian Williams, o batería e percusionista John Stanier, o baixista e guitarrista Dave Konopka e o guitarrista, teclista e vocalista Tyondai Braxton.[1]

Despois de máis dun ano de sesións de improvisación a banda gravou co seu amigo Emery Dobyns nos Dubway Studios de Nova York. En xuño de 2004 publicaron o EP C a través de Monitor Records e no mes de setembro apareceu o B EP a través de Dim Mak Records.[1] A banda tamén publicou o sinxelo "Tras" antes de fichar por Warp Records. Warp recompilou esas primeiras gravacións e lanzounas como un álbum, titulado EP C / B EP, en febreiro de 2006.

O seu primeiro álbum de estudio, Mirrored, foi gravado por Keith Souza no estudio Machines with Magnets e editado o día 14 de maio de 2007, precedido polo sinxelo "Atlas". Este foi elixido pola NME Sinxelo da semana e chegou a ser número 1 no Dandelion Radio Festive Fifty. O álbum tivo recensións positivas e apareceu en varias listas do mellor de 2007.[2][3] O grupo tocou no festival All Tomorrow's Parties de 2007 e no programa da BBC Later With Jools Holland. Antes do final do ano Battles colaborou con United Visual Artists nun video para o tema "Tonto".[4] Nos seguintes anos a música de Battles foi usada en videoxogos como LittleBigPlanet, curtametraxes, programas de televisión, e nas bandas sonoras das películas Twilight Saga: Eclipse e Big Fan.[5]

Braxton deixou o grupo en agosto de 2010, indicando que non desexaba saír de xira a pesar de que Battles xa tiña unha serie de concertos programados para o seguinte ano. Falando sobre a súa marcha en 2013 a The Brag, Braxton apuntou a unha "división de longa duración" entre el e os seus compañeiros de banda.[6]

O segundo álbum de Battles, Gloss Drop, publicouse o día 6 de xuño de 2011 e contou con invitados como Gary Numan, Kazu Makino e Yamantaka Eye. A banda realizou unha xira na primavera para promocionar o disco.[7][8] No mes de decembro dese mesmo ano o grupo foi a comisaria do festival de All Tomorrow's Parties "Nightmare Before Christmas" en Minehead, Inglaterra, xunto con Les Savy Fav e Caribou.[9] Dende febreiro a abril de 2012 a banda editou unha serie de catro EPs en vinilos de 12", titulada Dross Glop, con remesturas dance de todos os temas de Gloss Drop realizadas por varios artistas, como Gui Boratto, Kode9 e Hudson Mohawke. Un álbum recompilatorio coas 11 remesturas (máis unha non incluída nos EPs, "Sundome") foi lanzado o 16 de abril de 2012.[10]

O seu terceiro álbum, La Di Da Di, publicouse o día 18 de setembro de 2015 a través de Warp Records. O disco estivo precedido por unha sesión ao vivo de catro temas do álbum en Nova York. O streaming só estivo dispoñible durante 24 horas nun loop constante.[11]

Konopka deixou a banda en 2018, aínda que a súa marcha non foi confirmada ata maio de 2019.[12] Battles realizou o seu primeiro concerto como dúo no mes de xullo de 2019 no Dour Festival en Bélxica. O seu cuarto álbum, Juice B Crypts, apareceu o 18 de outubro dese ano. O disco conta con colaboracións de Shabazz Palaces, Sal Principato de Liquid Liquid, Xenia Rubinos e Merrill Garbus de Tune-Yards.[13]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Mirrored 2007 Warp Records
Gloss Drop 2011 Warp Records
La Di Da Di 2015 Warp Records
Juice B Crypts 2019 Warp Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Battles | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-08-07. 
  2. "Best of 2007". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-08-07. 
  3. "Albums Of The Year - 2007". NME (en inglés). 2016-10-10. Consultado o 2020-08-07. 
  4. Battles (8 de abril de 2014). Battles - Tonto (YouTube). 
  5. "Battles". IMDb. Consultado o 2020-08-07. 
  6. "Tyondai Braxton". The Brag (en inglés). 2013-12-20. Consultado o 2020-08-07. 
  7. "Buzzgrinder.com » Battles Announce Tour Dates in Support of New Album". web.archive.org. 2011-05-25. Consultado o 2020-08-07. 
  8. "The Battles Variable". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2020-08-07. 
  9. "Event Info - Nightmare Before Christmas curated by Battles/Caribou/Les Savy Fav". All Tomorrow's Parties (en inglés). Consultado o 2020-08-07. 
  10. "Battles". www.facebook.com. Consultado o 2020-08-08. 
  11. "Battles 'NYC Live Session' (video)". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2020-08-08. 
  12. Ward, Justin (2019-05-31). "Battles Announces Departure of Dave Konopka, Promise "More To Come"". LIVE music blog (en inglés). Consultado o 2020-08-08. 
  13. "Battles return with new album, Juice B Crypts". FACT Magazine (en inglés). 2019-08-07. Consultado o 2020-08-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]