Xiu Xiu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xiu Xiu
OrixeSan Jose, California,
Período2002 - presente
Xénero(s)art rock, rock experimental, noise pop, música experimental
Selo(s) discográfico(s)Polyvinyl Records, Upset The Rhythm, Bella Union, 5 Rue Christine, Absolutely Kosher, Free Porcupine Society, Kill Rock Stars
MembrosJamie Stewart
Angela Seo
Shayna Dunkelman
David Kendrick
Antigos membrosCaralee McElroy
Cory McCulloch
Lauren Andrews
Yvonne Chen
Jherek Bischoff
Ches Smith
Greg Saunier
Devin Hoff
Shayna Dunkelman
Na rede
http://www.xiuxiu.org/
Facebook: xiuxiuforlife Twitter: XiuXiuforLife Instagram: xiuxiuforlife MySpace: xiuxiuforlife Youtube: UC1qOCLTkxjoNo1zbcFCPG7g Bandcamp: xiuxiuSouncloud: xiu-xiu-music Last fm: Xiu+Xiu Musicbrainz: 8b431ac6-0806-4e4a-9b6b-1734370fa890 Discogs: 154622 Allmusic: mn0000681718 Genius: Xiu-xiu Editar o valor em Wikidata

Xiu Xiu é unha banda experimental estadounidense procedente de San Jose, California. O grupo formouo no ano 2002 o cantautor Jamie Stewart, que vén sendo o seu único membro constante dende a súa incepción. No presente a banda está completada por Angela Seo e David Kendrick.

O seu nome vén da película Xiu Xiu: The Sent Down Girl, que segundo Stewart influenciou o son do grupo. A banda compuxo as súas primeiras cancións para igualar o espírito de "realidade podre" da película, "que ás veces resolve a vida co peor escenario posible".[1] Stewart dixo que o tema de Tracy Chapman "Fast Car", que Xiu Xiu versionou no seu segundo álbum A Promise, tiña unha temática semellante.[1]

Posteriormente engadiu que a banda era un produto das radios piratas de San Jose que poñían música house, hi-NRG, freestyle e techno, que Stewart consideraba pouco pretenciosas, chas, claras e baseadas en música para bailar afastada da tristeza. Dixo que escribira a súa primeira canción de Xiu Xiu despois de deixar un club de San Jose só nunha noite de Nadal: "Xiu Xiu chegou dun sentimento estúpido e da soidade e entón quería bailar toda a noite, pero o club e a súa música só magnificaban ese estúpido e solitario sentimento".[2] No tempo de A Promise, o seu segundo álbum, Stewart dixo estar influenciado por gamelán e música tradicional xaponesa e coreana, e estivera escoitando música clásica contemporánea e "música dance gay".[1]

En 2003 Stewart dixo a Pitchfork que os vivos da banda eran totalmente diferentes ao material gravado. Dixo que isto se debía en gran parte ás limitacións técnicas para ser capaz de reproducir o xeito no que se gravou. Nos seus concertos o grupo incrementa a intensidade das súas partes roqueiras con máis volume, aínda que Stewart dixo que o seu repertorio está formado por material metade intenso e metade tranquilo.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Formación e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Jamie Stewart formou Xiu Xiu en 2002 despois de que a súa banda anterior, Ten in the Swear Jar, se separase.[3] Stewart e Cory McCulloch continuaron do anterior grupo e uníronsellos Yvonne Chen e Lauren Andrews.[4] O son da banda caracterizábase polo uso de instrumentos indíxenas e baterías programadas en vez de instrumentos rock tradicionais: harmonio, mandolina, campás, gongs, teclados, e un cruzamento entre un guitarrón mexicano e un cello para os baixos, entre outros.[4] Stewart afirma que o grupo está igualmente influenciado por Nina Simone e por Krzysztof Penderecki, por The Birthday Party e por Orchestral Manoeuvres in the Dark (OMD).

Xiu Xiu fixo unha xira para promocionar o seu primeiro álbum, Knife Play, e o posterior EP Chapel of the Chimes en 2002, mesturando melodía e cacofonía cunha gran dependencia de instrumentación percusiva e de vento metal.

Despois de 2002 Xiu Xiu minguaría ao marchar Yvonne Chen para centrarse na súa tenda vegana Otsu e para autopublicar a revista Zum, á vez que Cory McCulloch deixou de xirar, centrándose no seu lugar en producir os seguintes dous álbums da banda. Unha perda persoal tamén afectaría ao grupo, ao morrer o pai de Jamie Stewart, o músico e produtor Michael Stewart, aparentemente tras suicidarse.[5][6] Para facer fronte a estas perdas, Stewart gravaría o seu seguinte álbum, A Promise (2003).

Centrándose novamente na vida persoal de Jamie Stewart, ao igual que o Knife Play, A Promise actúa como un disco conceptual de desesperación interna. Formado por dez temas, o álbum é menos acústico e non depende dos metais e da percusión como Knife Play. Porén, o traballo non se desviou da programación pola cal Stewart e McCulloch serían loubados polo público e a crítica. A Promise contiña tamén unha versión do tema de Tracy Chapman "Fast Car".

Durante esta época, Stewart gravou Fag Patrol, unha colección de material anterior e de versións de cancións de The Smiths e do seu anteror grupo con McCulloch, Ten in the Swear Jar. Publicado como un CD caseiro polo selo de Rob Fisk e Kelly Goodefisk Free Porcupine Society, Fag Patrol limitouse a tan só uns poucos centos de copias (aínda que en 2005 foi reeditado en CD e en 2021 en vinilo por Improved Sequence).[7]

Xiu Xiu no festival Pitchfork's Intonation en Chicago en 2005

Na primavera de 2004, Stewart e McCulloch lanzaron o que é considerado por moitos o álbum máis accesible do grupo, Fabulous Muscles. Cun son máis pop que os seus anteriores lanzamentos, Fabulous Muscles impulsou a Xiu Xiu a novas alturas en termos de popularidade, en gran parte grazas ao seu sinxelo "I Luv the Valley OH!". O ton do disco reflicte unha serie de eventos "incriblemente, incriblemente violentos, incriblemente discordantes, e difíciles de aceptar" na vida de Stewart.[8] Este describe as súas letras como "nunca ficticias".[8] Stewart díxolle a Pitchfork que as cancións de Xiu Xiu están baseadas en cinco temas: familia, política, sexo, amor e falta de amor, e suicidio, e como estes están conectados.[8]

Para a xira de Fabulous Muscles en 2004 uniuse a curmá "perdida" de Stewart Caralee McElroy, substituíndo a Lauren Andrews que deixara o grupo o ano anterior para continuar cos seus estudos académicos.[9]

De La Forêt a Dear God, I Hate Myself[editar | editar a fonte]

Visto como un regreso á conduta máis escura e malhumorada de Stewart, o cuarto álbum de Xiu Xiu, La Forêt, falaba da frustración que Stewart sentira durante o proceso de gravación do disco de 2004. Centrado ao redor do tema de "tempos horribles en vidas horribles", así como nas frustracións persoais de Stewart co entón presidente estadounidense George W. Bush,[10] La Forêt caracterízase por un son completamente diferente, con capas de mandolina, harmonio, clarinete, cello, autoharpa, e tuba.[11] Ademais de lanzar La Forêt, Xiu Xiu uniuse ao grupo experimental italiano Larsen para formar XXL, que editou o seu primeiro álbum, ¡Ciaütistico!, en 2005, seguido por un segundo, ¿Spicchiology?, en 2007.[12] Durante o ano 2005 Stewart tamén traballou con artistas como The Paper Chase, Kill Me Tomorrow, e Devendra Banhart.

En 2006 Stewart puxo fin á súa relación profesional con McCulloch. Posteriormente comezou a gravar con Greg Saunier, batería da banda de San Francisco Deerhoof, como produtor do quinto disco de Xiu Xiu, titulado The Air Force.[13] Saunier, que anteriormente traballara con Stewart en Knife Play, creou para o disco un gran wall of sound, un marcado contraste coa actitude discordante de McCulloch con respecto á produción.[14]

Jamie Stewart ao vivo en 2010

The Air Force sería promocionado ao longo de 2006 por un trío, ao xuntarse a Stewart e McElroy o batería/percusionista Ches Smith, que xatraballara con Xiu Xiu en Knife Play. Producido por Greg Saunier, Stewart dixo que o álbum ía sobre "facer a outras persoas sentirse mal" en lugar de sentirse mal un mesmo, e que o ano no que foi lanzado foi "un dos primeiros non dominados por traxedias persoais".[8] Os seus temas principais son "culpa e sexo en oposición a dor e sexo".[8] Stewart considerouno o seu mellor e máis consciente álbum pop ata o momento. Dixo que a banda estaba obsesionada co Blue Album de Weezer e o The Queen Is Dead de The Smiths mentres estaba de xira, aínda que o álbum non os reflicte particularmente.[8] The Air Force tamén contén as primeiras cancións da banda nun álbum sen voces de Stewart, con McElroy cantando "Hello From Eau Claire", ademais de conter a peza instrumental "Saint Pedro Glue Stick".[15]

Un terceiro EP, Tu Mi Piaci, de cancións gravadas orixinalmente por artistas como Bauhaus, Nedelle, Big Star, The Pussycat Dolls, e Nina Simone foi editado en 2006, xunto cunha colaboración co artista de ambient Grouper, titulada Creepshow. Pouco despois, Xiu Xiu gravaría o seu sexto álbum, Women as Lovers, lanzado en 2008. Sendo o seu disco máis longo ata a data, Women as Lovers intenta perfeccionar as influencias synth-pop do son do grupo. O dueto de Stewart e McElroy con Michael Gira de Swans nunha versión do tema de David Bowie e Queen "Under Pressure" é moi representativo disto. Ese ano a banda comezou a xirar con Devin Hoff no baixo, sendo a segunda encarnación de Xiu Xiu como cuarteto, aínda que esa formación non durou moito ao marchar este abruptamente pouco despois do inicio da xira.[16]

En maio de 2009 revelouse que Caralee McElroy non seguiría traballando con Xiu Xiu.[17][18] A única explicación dada da súa marcha foi o seu ingreso no grupo de darkwave de Manhattan Cold Cave, que deixaría pouco despois. Tras as vacantes deixadas por Hoff e McElroy, Stewart e Smith recruitaron a Angela Seo a finais de 2009. Despois o grupo comezou a traballar no seu sétimo álbum de estudio, Dear God, I Hate Myself, gravandoo en Oakland, California e en Durham, Carolina do Norte. Xiu Xiu elixiu experimentar con programación baseada en videoxogos, usando a Nintendo DS para compoñer moitos dos temas que aparecen no seu álbum de 2010.[19] O video musical da canción "Dear God, I Hate Myself" conseguiu bastante atención en Internet. Neste aparece Seo inducíndose o vómito durante os tres minutos de canción, e remata con ela vomitando sobre Stewart, que pasara todo o video comendo chocolate.[20]

De Always a FORGET[editar | editar a fonte]

Angela Seo coa banda en 2017

En 2010, Xiu Xiu deixou Kill Rock Stars e fichou por Bella Union e Polyvinyl.[21][22] Xiu Xiu publicou o álbum Always a través destes novos selos en 2012. The Independent calificouno como"magnífico" e deulle 5 estrelas,[23] mentres que Drowned in Sound deulle unha puntuación de 9 sobre 10.[24]

En abril de 2013 Stewart e Eugene Robinson de Oxbow publicaron o álbum colaborativo Xiu Xiu & Eugene S. Robinson Present: Sal Mineo a través de Important Records despois de xirar por Europa xuntos no mes de febreiro para promocionar o proxecto.[25][26]

Nun correo electrónico enviado a fans o 28 de xaneiro de 2013, Xiu Xiu anunciou que "Ches Smith, Mary Halvorson, Tim Berne, Tony Malaby, Andrea Parkins e Jamie Stewart acaban de gravar un álbum en NYC de versións free jazz e artísticas de todas as cancións de Nina Simone". O álbum, Nina, foi publicado a través de Graveface Records o día 3 de decembro de 2013. No mes mo correo, a banda tamén anunciou que estaba traballando nun novo álbum. Angel Guts: Red Classroom foi editado en febreiro de 2014. As publicacións musicais Drowned in Sound e Mojo déronlle unha puntuación de 8 sobre 10.[27] David Hartley,da banda The War on Drugs, loubou o disco chamándoo un "asalto estereoscópico".[28]

En xuño de 2015 Xiu Xiu iniciou unha nova páxina de Bandcamp co título "xiuxiu69". Dende a súa creación describiron a páxina como "tenda efémera especializada en zonk exclusivo, escuro, descatalogado, experimental e pasado por alto".[29] A páxina é usada para albergar proxectos como lanzamentos de Xiu Xiu gravados fóra do estudio, álbums en solitario de Jamie Stewart, proxectos ambient, colaboracións de Xiu Xiu descatalogadas e gravacións da anterior banda de Stewart, Ten In The Swear Jar. A través de Xiuxiu69 véndese tamén música e mercadotecnia, incluídos álbums de Xiu Xiu e material vagamente relacionado co grupo, como o da banda de Jamie Stewart e Lawrence English HEXA.

O 16 de novembro de 2016 a banda anunciou que o seu seguinte álbum, FORGET, sería lanzado o 24 de febreiro do seguinte ano. O anuncio estivo acompañado do seu sinxelo principal, "Wondering", que significou un regreso a composicións máis orientadas ao pop.[30]

Presente[editar | editar a fonte]

Xiu Xiu interpretou a longa peza "Deforms the Unborn", baseada na posesión demoníaca nos nenos, no Museo Guggenheim de Nova York en maio de 2018.[31] A gravación sería lanzada nun casete de edición limitada, de tan só 66 unidades, en decembro de 2021.[32]

Xiu Xiu lanzou o seu décimo primeiro álbum, Girl with Basket of Fruit, o 8 de febreiro de 2019 a través de Polyvinyl.[33]

O seu seguinte disco, Oh No, apareceu o 26 de marzo de 2021. O sinxelo principal, "A Bottle of Rum", contaba con Liz Harris e lanzouse xunto co anuncio do álbum o 27 de xaneiro. O segundo sinxelo, "Rumpus Room",contaba con Liars e editouse o 4 de marzo.

"Maybae Baeby", o primeiro sinxelo do seu décimo terceiro álbum Ignore Grief, apareceu o 12 de xaneiro de 2023. O álbum, lanzado o 3 de marzo dese ano,[34] conta co novo membro da banda David Kendrick, anteriormente en Sparks e Devo.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Knife Play 2002 5 Rue Christine/Kill Rock Stars
A Promise 2003 5 Rue Christine
Fabulous Muscles 2004 5 Rue Christine
La Forêt 2005 5 Rue Christine
The Air Force 2006 5 Rue Christine
Women as Lovers 2008 Kill Rock Stars
Dear God, I Hate Myself 2010 Kill Rock Stars
Always 2012 Polyvinyl, Bella Union
Angel Guts: Red Classroom 2014 Polyvinyl, Bella Union
FORGET 2017 Polyvinyl
Girl with Basket of Fruit 2019 Polyvinyl
Oh No 2021 Polyvinyl
Ignore Grief 2023 Polyvinyl

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Pitchfork (ed.). "Xiu Xiu". Consultado o 1 de abril de 2017. 
  2. Pitchfork (ed.). "Xiu Xiu". Consultado o 9 de maio de 2017. 
  3. "No Show Joe Show: RedHeaded Stepchild makes a Front Street Pub crowd wait". Metro Silicon Valley. Consultado o 2023-03-04. 
  4. 4,0 4,1 "Rubber Soul: Los Dryheavers get into the protection racket". Metro Silicon Valley. Consultado o 2023-03-04. 
  5. "Michael Stewart - Entertainment News, Obituary, Media - Variety". web.archive.org. 2010-07-22. Archived from the original on 22 de xullo de 2010. Consultado o 2023-03-04. 
  6. "Zoilus: Xiu Xiu Shoo-Bop". www.zoilus.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-04. 
  7. "Xiu Xiu - Fag Patrol" (en castelán). Consultado o 2023-03-04. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Stosuy, Brandon. "Xiu Xiu". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-03-04. 
  9. "Bio". web.archive.org. 2011-10-06. Archived from the original on 06 de outubro de 2011. Consultado o 2023-03-04. 
  10. "Junkmedia: Xiu Xiu : La Foret". web.archive.org. 2012-04-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 2023-03-04. 
  11. Out. Marzo de 2006. p. 72.
  12. Mineo, Mike (2007-05-22). "Xiu Xiu Larsen Returns to Italy to Record ¿Spicchiology? -- Obscure Sound". www.obscuresound.com (en inglés). Consultado o 2023-03-04. 
  13. Ian (2006-07-17). "Xiu Xiu – Jamie Stewart". Mesa Love (en inglés). Consultado o 2023-03-04. 
  14. "Aren't Xiu (Xiu) into S&M?". Yale Daily News. 22 de setembro de 2006.
  15. "Conversations... with Jamie Stewart". New York Foundation for the Arts (NYFA). 2012-03-05. Archived from the original on 05 de marzo de 2012. Consultado o 2023-03-05. 
  16. "The Agit Reader • Feature: Xiu Xiu". agitreader.com. Consultado o 2023-03-05. 
  17. Breihan, Tom. "Caralee McElroy Leaves Xiu Xiu". Pitchfork. Consultado o 5 de marzo de 2023. 
  18. Hughes, Josiah. "Caralee McElroy Leaves Xiu Xiu, Jamie Stewart Writes Haikus". exclaim!. Archived from the original on 08 de xullo de 2012. Consultado o 5 de marzo de 2023. 
  19. "Interview with: Jamie Stewart of Xiu Xiu". Popwreckoning. 2012-03-09. Archived from the original on 09 de marzo de 2012. Consultado o 2023-03-05. 
  20. "Xiu Xiu: 'Dear God I Hate Myself' (Video) (NSFW)". Prefix. 2012-09-21. Archived from the original on 21 de setembro de 2012. Consultado o 2023-03-05. 
  21. "XIU XIU SIGN TO BELLA UNION « New music, features, reviews, news and free mp3s – loudandquiet.com". web.archive.org. 2014-01-07. Archived from the original on 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 2023-03-06. 
  22. "Xiu Xiu joins the Polyvinyl family!". Polyvinyl Record Co. 2014-01-07. Archived from the original on 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 2023-03-06. 
  23. "Album: Xiu Xiu, Always (Bella Union)". The Independent (en inglés). 2012-02-26. Consultado o 2023-03-06. 
  24. "Album Review: Xiu Xiu - Always / Releases / Releases // Drowned In Sound". web.archive.org. 2016-03-04. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2023-03-06. 
  25. "IMPREC381 Xiu Xiu & Eugene S. Robinson Present: Sal Mineo, Sal Mineo". Important Records. 2013-12-03. Archived from the original on 03 de decembro de 2013. Consultado o 2023-03-06. 
  26. "Eugene Robinson/Oxbow + Jamie Stewart/Xiu Xiu have a band together and it shall be known as SAL MINEO - XIU XIU". web.archive.org. 2013-01-30. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 2023-03-06. 
  27. "Album Review: Xiu Xiu - Angel Guts: Red Classroom". DrownedInSound (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 2023-03-06. 
  28. "David Hartley (the War on Drugs) Talks Xiu Xiu’s Angel Guts: Red Classroom". The Talkhouse. 2014-07-14. Archived from the original on 14 de xullo de 2014. Consultado o 2023-03-06. 
  29. "Music - XIU XIU". web.archive.org. 2022-05-09. Archived from the original on 09 de maio de 2022. Consultado o 2023-03-07. 
  30. Minsker, Evan (2016-11-16). "Xiu Xiu Announce New Album FORGET, Share New Track “Wondering”: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-03-07. 
  31. Pearis, Bill. "Xiu Xiu "Deforms the Unborn" at The Guggenheim after solo tour". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2023-03-07. 
  32. "Xiu Xiu - Deforms The Unborn" (en castelán). Consultado o 2023-03-07. 
  33. "Girl with Basket of Fruit, by Xiu Xiu". Xiu Xiu (en inglés). Consultado o 2023-03-11. 
  34. "Ignore Grief, by Xiu Xiu". Xiu Xiu (en inglés). Consultado o 2023-03-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]