Troy Van Leeuwen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Troy Van Leeuwen
Queen of the Stone Edge-Troy Van Leeuwen-IMG 6603.jpg
Alias T.V. Leeuuwen, Troy De Van Leeuwen
Naceu 5 de xaneiro de 1968 (46 anos)
Orixe Os Ánxeles, California Estados Unidos de América Estados Unidos
Ocupación (s) músico, compositor, produtor
Relacionado con Queens of the Stone Age, Desert Sessions, Enemy, Failure, A Perfect Circle, The Gutter Twins, Eagles of Death Metal, Mark Lanegan, Sweethead, Puscifer


Troy Van Leeuwen, nado nos Ánxeles (California) o 5 de xaneiro de 1968, é un guitarrista e produtor estadounidense que actualmente toca a guitarra, os teclados e ás veces o baixo na banda de hard rock Queens of the Stone Age. Leva na banda dende o verán de 2002 cando se uníu a unha xira xunto con Dave Grohl. Troy tamén tocou noutras bandas como Failure e A Perfect Circle antes de unirse a Queens of the Stone Age, ademais de participar como músico de estudio en varios álbums.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu primeiro instrumento foi a batería pero ao decatarse de que nunca podería soar coma o seu ídolo John Bonham, batería de Led Zeppelin, pasouse á guitarra aos 13 anos. A fianis dos 80 Van Leeuwen tocou en Jester, unha exitosa banda do sur de California liderada polo vocalista Eric Book. Jester editou un EP que é a primeira gravación de Van Leeuwn, cando este tiña 16 anos. Posteriormente tocou noutra banda chamada Little Boots with coa que gravou varias demos e realizou diversos concertos antes da súa separación. O seu seguinte grupo foi 60 Cycle que editou o seu álbum de estrea en 1996. Foi durante o seu tempo con 60 Cycle cando Van Leeuwen coñeceu a Kellii Scott, e os dous comezaron a traballar nun proxecto que posteriormente sería coñecido coma Enemy. Van Leeuwen pasou a tocar en Failure, editando tres álbums pero sen ter demasiado éxito comercial, a pesares dos eloxios da crítica. Durante unha xira con Failure foi cando Troy coñeceu ao antigo guitarrista de Kyuss Josh Homme, que estaba tocando con Screaming Trees. Despois da ruptura de Failure Troy traballou coma músico de sesión e técnico de gravación con grupos coma Orgy, Crazy Town, Coal Chamber e KoRn.

A Perfect Circle[editar | editar a fonte]

Durante este período como músico de sesión Troy coñeceu ao líder de Tool Maynard James Keenan que lle ofreceu un posto na súa nova banda A Perfect Circle. Troy aceptou a invitación ao ver que a nova formación contaba cun plantel de músicos con talento. A banda realizou o seu primeiro concerto no LA's Viper Club Reception o 15 de agosto de 1999, e despois de realizar unha serie de concertos nos Ánxeles entrou no estudio para comezar a gravar o seu álbum de estrea. Ao pouco tempo o batería Tim Alexander foi reemprazado polo músico de sesión Josh Freese. Despois de rematar a gravación de Mer de Noms, a banda comezou unha xira, inicialmente como teloneira de Nine Inch Nails. Posteriormente comezou a realizar concertos como cabeza de cartel por todo o mundo. Mer de Noms lanzouse o día 23 de maio do 2000, mentres a banda estaba de xira. O álbum vendeu 188.000 copias na súa primeira semana, acadando o posto 4 da lista Billboard 200.

Queens of the Stone Age[editar | editar a fonte]

No segundo álbum de A Perfect Circle, Thirteenth Step, Troy só gravou guitarras en tres temas antes de presentarse a unha audición para o grupo de Josh Homme Queens of the Stone Age, que buscaba membros para a xira do álbum Songs for the Deaf. Debido ao calendario da banda Troy só tivo unha semana para aprender 30 temas antes de comezar a xira. Para a parte europea da mesma Dave Grohl saiu da banda para volver con Foo Fighters e foi substituido polo antigo batería de Danzig Joey Castillo, que xunto con Troy e Homme forman o núcleo do grupo ata hoxe. Songs for the Deaf foi un éxito comercial e de crítica e os seus sinxelos "No One Knows" e "Go with the Flow" convertéronse en hits na radio e na MTV. A xira rematou cunha serie de concertos por Australia en xaneiro do 2004, antes de que o baixista Nick Oliveri fose despedido da banda por Homme ao parecer pola súa falta de respecto cara o público e polos seus excesos. Posteriormente Homme revelaría nunha na BBC Radio 1 que Oliveri fora despedido cando Homme se decatou de que Oliveri lle pegaba á súa moza. Oliveri respostou dicindo que a banda "estaba envelenada polas súas ansias de poder". Máis tarde suavizou as súas palabras e dixo ter unha boa relación con Homme. En novembro do 2006 Oliveri amosouse interesado en regresar ao grupo.

A primeira gravación de Troy con Queens of the Stone Age foi Lullabies to Paralyze. A banda entrou no estudio co seu colaborador e multi-instrumentista Alain Johannes reemprazando a Oliveri no álbum. O álbum contou con varios convidados, destacando Billy Gibbons de ZZ Top, que gravou coros e guitarras en "Burn the Witch" e na versión de ZZ Top "Precious and Grace". Apesares de que ao parecer Mark Lanegan rexeitara unha invitación para permanecer na banda, el gravou voces nalgúns dos novos temas e apareceu co grupo na xira de promoción. O álbum foi filtrado a internet en febreiro do 2000 e soou na radio australiana o 3 de marzo como estrea mundial. Lullabies foi editado oficialmente o día 22 de marzo nos [[Estados Unidos, estreándose no número 5 da lista da Billboard. O 22 de novembro dese ano a banda editou un álbum en directo/DVD chamado Over the Years and Through the Woods, que traía unha actuación en Londres e material extra que incluían videos de temas dende 1998 ata o 2005.

Despois de xirar para promocionar o álbum a banda volveu ao estudio para gravar o seguinte traballo en xullo do 2006. Finalmente editouse no álbum Era Vulgaris no cal Van Leeuwen contribuiu significativamente. En varias webs anunciouse que o álbum incluiría moitas colaboracións, incluíndo a Trent Reznor de Nine Inch Nails, Julian Casablancas de The Strokes, Mark Lanegan e a Billy Gibbons de ZZ Top. Josh Homme describiu a gravación coma "oscura, dura e eléctrica, algo así coma un traballador da construción". Era Vulgaris rematouse a principios de abril do 2007 e lanzouse no mes de xuño. Os temas "Sick, Sick, Sick" e "3's & 7's" foron editados coma sinxelos a principios dese mes. O baixista Michael Shuman (Wires On Fire, Jubilee) e o teclista Dean Fertita (The Waxwings, The Raconteurs) tomaron os postos durante a xira de Alain Johannes e Natasha Shneider respectivamante.

En xullo do 2007 Van Leeuwen anunciou que a banda estaba compoñendo material novo, e posterioremente Homme indicou que podería ser lanzado coma un EP. Despois dunha entrevista con Homme, o xornal canadense The Globe and Mail dixo que o EP podría conter 10 das caras-b gravadas nas sesións de Era Vulgaris. Anunciouse entón que este non sería editado debido a que o selo non quería lanzar outro material da banda polo momento. En setembro na revista NME Magazine Josh Homme dixo que realizaría novas gravacións para Queens of the Stone Age e para as Desert Sessions xunto cunha remasterización do álbum de estrea da banda. Homme tamén dixo que o novo álbum de Queens sería "unha orxía do deserto na escuridade".

Outros traballos[editar | editar a fonte]

No ano 2005 Troy editou Hooray For Dark Matter co seu proxecto paralelo Enemy no cal contaba co baixista Eddie Nappi de The Mark Lanegan Band e o seu antigo compañeiro de Failure Kelli Scott na batería. Inicialmente Alan Cage de Quicksand tocou brevemente a batería antes de ser reemprazado por Scott. Durante o seu tempo con A Perfect Circle a banda gravou cinco temas demo en varios estudos de gravación. Despois de tomar a inusual medida de ofrecerse para conseguir un contrato discográfico através dun anuncio en Ebay pola suma de 250.000 dólares, Enemy finalmente asinou cony Control Group/TCG que editou o seu álbum de debut. Despois de unirse a Queens of the Stone Age Troy tamén contribuiu nos distintos proxectos dos membros da banda como as Desert Sessions, Mondo Generator, Eagles of Death Metal, The Gutter Twins e o traballo en solitario de Mark Lanegan Bubblegum. Despois de rematar a xira de Era Vulgaris Troy estivo tocando con Sweethead.