Car Seat Headrest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Car Seat Headrest
Car Seat Headrest, 100 Club, 2016.jpg
Will Toledo, líder da banda
OrixeLeesburg, Virxinia, Flag of the United States.svg
Período2010 - presente
Xénero(s)indie rock, lo-fi pop
Selo(s) discográfico(s)Matador Records
MembrosWill Toledo
Ethan Ives
Andrew Katz
Seth Dalby
Páxina webBandcamp da banda

Car Seat Headrest é unha banda estadounidense de indie rock procedente orixinalmente de Leesburg, Virxinia e baseada no presente en Seattle, Washington. O grupo iniciouse en 2010 como un proxecto de gravación en solitario de Will Barnes, coñecido como Will Toledo. Car Seat Headrest leva publicados 12 álbums a través da plataforma musical Bandcamp. Asinou un contrato con Matador Records en 2015 e comezou unha xira en 2016 presentendo o material do seu derradeiro disco, Teens of Denial, como unha banda completa. O traballo de Toledo destaca polo seu gran culto online. O grupo chamou a atención de publicacións como Pitchfork Media,[1] Rolling Stone,[2] The New Yorker[3] e Paste,[4] entre outras.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios en Bandcamp[editar | editar a fonte]

Car Seat Headrest comezou como o proxecto de Will Toledo pouco despois de que rematase o instituto. Toledo editara música anteriormente baixo o alias de Nervous Young Men, pero despois de loitar por conseguir unha audiencia decidiu cambiar as súas tácticas elixindo intentar e editar cancións máis experimentais para ver se podía chamar a atención de alguén.[5] Elixiu o nome de "Car Seat Headrest" debido á súa decisión de gravar as voces dos seus primeiros álbums no asento traseiro do seu coche pola súa privacidade. A produción de Toledo foi medrando e facéndose cada vez menos lo-fi, aínda que mantense como un bo exemplo de ética Do It Yourself.

Co lanzamento en 2011 de Twin Fantasy, que se convertería no máis popular dos seus álbums autoeditados, Toledo notou unha grande afluencia de novos seguidores da banda.

Contrato con Matador[editar | editar a fonte]

En setembro de 2015 Car Seat Headrest anunciou a través da súa páxina de Facebook que asinara un contrato con Matador Records.[6] No mes de outubro dese ano a banda publicou o álbum recompilatorio Teens of Style a través de Matador, sendo o seu primeiro traballo non autoeditado por Bandcamp.

O día 20 de maio de 2016 vería a luz o seu primeiro disco creado a través dun proceso de estudio tradicional, Teens of Denial.[7]

Unha mestura alternativa do sinxelo de 2017 de Car Seat Headrest "War Is Coming (If You Want It)" foi publicada en Bandcamp durante un día indo os seus beneficios ao Transgender Law Center. Unha versión final do tema lanzouse dez días despois.[8]

O 13 de decembro de 2017 a banda publicou a través de Spotify unha versión regravada de "Beach Life-In-Death", o segundo tema de Twin Fantasy, sen un anuncio previo. Este feito disparou os rumores entre os seguidores do grupo sobre que o álbum podería ser regravado no seguinte ano. O 27 de decembro, os seareiros atoparon unha lista de Amazon que detallaba unha versión regravada de Twin Fantasy, e posteriormente subírona ao subreddit de Car Seat Headrest. Despois apareceu unha lista en SRCVinyl.com, con data do 16 de febreiro de 2018, que contiña unha versión resumida do anuncio de prensa de Matador Records.[9]

Twin Fantasy (Face to Face) e Commit Yourself Completely[editar | editar a fonte]

O 19 de xaneiro de 2018 Matador Records anunciou formalmente o lanzamento da regravación, titulada Twin Fantasy (Face to Face), xunto cunha reedición do álbum orixinal. Twin Fantasy (Face to Face) foi publicado o día 16 de febreiro. O orixinal, que foi rebautizado Twin Fantasy (Mirror to Mirror), editouse en vinilo como parte do Record Store Day o 21 de abril.

O 15 de febreiro Car Seat Headrest publicou unha versión do tema "Fallen Horses" de Smash Mouth, que devolveron o favor versionando "Something Soon".[10]

Dende xaneiro de 2018 Car Seat Headrest estivo xirando coa banda amiga baseada en Seattle Naked Giants, como unha parte da súa ampliada formación ao vivo.[11]

En agosto de 2018, cando lle preguntaron sobre novo material, Toledo confirmou que estaba “facendo demos en Ableton,” engadindo “pode que haxa cousas que sorprendan a persoas que só nos coñecen como banda de rock, pero non creo que sexa unha sorpresa para as persoas que revisan as nosas cousas menos coñecidas".[12] En xaneiro de 2019 Andrew Katz confirmou que a banda estaba gravando música nova a través dun vídeo subido a Instagram.[13]

Tras o anuncio de nova música, a banda comezou a experimentar con material novo en varios concertos endecembro de 2018, estreando as cancións "Weightlifters" e "Can't Cool Me Down".[14][15] Agardese que eses temas aparezan no próximo lanzamento do grupo.[16]

O 12 de xuño de 2019 Car Seat Headrest anunciou un novo álbum ao vivo titulado Commit Yourself Completely, con gravacións oficiais de actuacións da súa xira máis recente. O disco foi lanzado á seguinte semana do anuncio, o día 19 de xuño.[17]

Making a Door Less Open[editar | editar a fonte]

O 26 de febreiro de 2020 Car Seat Headrest anunciou o seu primeiro álbum de estudio con material completamente novo dende o Teens of Denial de 2016, Making a Door Less Open. O anuncio coinciíu co lanzamento de "Can't Cool Me Down", o primeiro sinxelo do disco.[18] O traballo foi editado o día 1 de maio e marca un cambio de estilo con respecto ao seu material anterior, dicindo Toledo que o disco contiña elementos de EDM, hip hop, futurismo, doo-wop, soul e rock and roll.[19] Entre marzo e abril lanzáronse tres sinxelos máis para promocionar o álbum: "Martin", "Hollywood" e "There Must Be More Than Blood".[20]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
1 2010 autoeditado
2 2010 autoeditado
3 2010 autoeditado
4 2010 autoeditado
My Back Is Killing Me Baby 2011 autoeditado
Twin Fantasy 2011 autoeditado
Monomania 2012 autoeditado
Nervous Young Man 2013 autoeditado
Teens of Style 2015 Matador Records
Teens of Denial 2016 Matador Records
Twin Fantasy (Face to Face) 2018 Matador Records
Making a Door Less Open 2020 Matador Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pitchfork (ed.). "Car Seat Headrest: Teens of Style". Consultado o 5 de xuño de 2017. 
  2. Rolling Stone (ed.). "Car Seat Headrest: Teens of Style". Consultado o 5 de xuño de 2017. 
  3. The New Yorker (ed.). "Growth Spurt". Consultado o 5 de xuño de 2017. 
  4. Paste (ed.). "The 50 Best Albums of 2015". Consultado o 5 de xuño de 2017. 
  5. carseatheadrest (2018-06-29). "Car Seat Headrest - I Haven't Done Sh*t This Year (TIDAL Documentary: Part One)". Consultado o 2019-03-19. 
  6. Facebook Car Seat Headrest (ed.). "We got a label". Consultado o 25 de febreiro de 2018. 
  7. Matador Records (ed.). "Coming May 20 : Car Seat Headrest – Teens Of Denial". Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  8. "Car Seat Headrest – “War Is Coming (If You Want It)”". Stereogum. Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  9. "Car Seat Headrest - Twin Fantasy 2XLP Vinyl". www.srcvinyl.com. Consultado o 2019-10-06. 
  10. "Smash Mouth Cover Car Seat Headrest: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-10-06. 
  11. "Naked Giants Premiere 'Sluff' Video, Talk Playing With Car Seat Headrest". Billboard. Consultado o 2019-11-14. 
  12. "Listen to “An Interview with Car Seat Headrest” posted by Matt Wilkinson on Apple Music." (en inglés). Consultado o 2019-11-14. 
  13. "Andrew Katz on Instagram: “Loser Tuesdays”". Instagram (en inglés). Consultado o 2019-11-14. 
  14. "car seat headrest on Twitter: "Heard some confusion about whether this is an 'unplugged' show...it is a full set from the full band, with lots of plugs! AND...we're trying out some new material!… https://t.co/smmHMa3WIW"". web.archive.org. 2019-05-31. Consultado o 2019-12-08.  Ligazón externa en |title= (Axuda)
  15. "Car Seat Headrest Concert Setlist at Royale, Boston on February 14, 2019 | setlist.fm". web.archive.org. 2019-05-31. Consultado o 2019-12-08. 
  16. "Car Seat Headrest Brings Down the House at Rams Head Live - These Subtle Sounds". web.archive.org. 2019-05-31. Consultado o 2019-12-08. 
  17. "Car Seat Headrest Announce New Live Album Commit Yourself Completely". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-08. 
  18. "Car Seat Headrest - "Can't Cool Me Down"". Stereogum. 2020-02-26. Consultado o 2020-06-24. 
  19. Subscribe. "Car Seat Headrest share new song 'Martin'". diymag.com (en inglés). Consultado o 2020-06-24. 
  20. Pappademas, Alex (2020-04-23). "The New Face of Car Seat Headrest". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-06-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]