Saltar ao contido

Maynard James Keenan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaynard James Keenan

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Herbert Keenan Editar o valor en Wikidata
17 de abril de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Ravenna, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónKendall College of Art and Design (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, produtor musical, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

Sitio webpuscifer.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0444665 Rottentomatoes: celebrity/maynard_james_keenan
Twitter: mjkeenan Instagram: iamthebriefcase Last fm: Maynard+James+Keenan Musicbrainz: a1b61d0f-2333-44f5-afee-cc0c2eab71a4 Songkick: 2130884 Discogs: 251558 Allmusic: mn0000397046 WikiTree: Keenan-2370 Editar o valor en Wikidata

James Herbert Keenan, coñecido como Maynard James Keenan, nado en Ravenna (Ohio) o 17 de abril de 1964, é un músico, compositor, produtor, actor e vinicultor estadounidense. É o vocalista de Tool dende 1990 e de A Perfect Circle dende 1999. Ademais participa en Puscifer e foi membro do proxecto paralelo de Nine Inch Nails Tapeworm.

Despois de medrar en Ohio e Míchigan, Keenan uniuse ao Exército estadounidense despois de graduarse no instituto. Tras deixar o Exército estudou no Kendall College of Art and Design en Grand Rapids, Míchigan. En 1988 mudouse aos Ánxeles para traballar no deseño de interiores e na construción de escenarios, e alí acabou formando Tool con Adam Jones pouco despois.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e formación

[editar | editar a fonte]

Keenan naceu en Ravenna, Ohio, nunha familia baptista. Seu pai, Michael Loren Keenan, era de ascendencia italiana e irlandesa.[1] Tras o divorcio dos seus pais en 1968, o seupai mudouse a Scottville, Míchigan, e Keenan só o vería unha vez por ano durante os seguintes 12 anos. A súa nai volveu casar, levando a Keenan a un "fogar intolerante e pouco mundano" onde a súa intelixencia e expresión creativa serían sufocadas.[2] A nai tivo unha hemorraxia subaracnoidea paralizante debido á ruptura dun aneurisma cerebral en 1976 cando Keenan tiña 11 anos, e este incidente serviría posteriormente de inspiración para cancións como "Jimmy" e "Wings for Marie" de Tool, e "Judith" de A Perfect Circle.[2] Poucos anos despois a nai persuadiu a Keenan para que vivise co pai en Scottville, considerándoo "a mellor mudanza que nunca fixo".[2] En 1982 graduouse no instituto Mason County Central High School de Scottville, onde era membro do equipo de loita libre. O pai era un dos adestradores do equipo e deixou de adestrar cando Keenan se graduou en 1982.[3]

Inspirado pola interpretación de Bill Murray na comedia de 1981 Stripes, Keenan uniuse ao Exército dos Estados Unidos, coa intención de que a G.I. Bill (a lei de reaxuste de militares) financiase o seu soño de estudar nunha escola de arte.[2] Ata ese momento xa vivira en Ohio, Míchigan, Nova Jersey, Nova York, Oklahoma, Kansas e Texas.[4] Inicialmente serviu como observador de artillaría, antes de estudar na academia de West Point de 1983 a 1984.

As referencias ao seu código de honra "non mentirei, enganarei, ou roubarei, ou tolerarei a aqueles que o fagan", incluídas no tema "Intolerance" do álbum Undertow probablemente deriven desta experiencia, ao igual que o nome da banda, Tool (ferramenta, nome que lle daban na academia aos novos recrutas).

Deixou o exército para estudar arte na escola de arte e deseño Kendall College en Grand Rapids, Míchigan, a cal conseguíulle un traballo eventual nos Ánxeles "aplicando conceptos de deseño espacial" en tendas de mascotas. Antes dos seus tempos con Tool, Keenan cantou con Children of the Anachronistic Dynasty, e tocou o baixo para TexAns.

Finalmente mudouse aos Ánxeles, aparentemente para traballar como deseñador de interiores. Alí formou Tool co guitarrista Adam Jones e o baixista Paul D'Amour (posteriormente substituído por Justin Chancellor). A formación non estivo completa ata que o veciño de Keenan, o batería Danny Carey, accedeu a unirse á banda.

Eles editaron o EP Opiate en 1992 e estiveron de xira coas bandas amigas Fishbone e Rage Against the Machine. Pouco despois chegou o álbum de debut da banda, Undertow, editado en 1993, o cal lanzou á banda ao éxito. As letras e voces de Keenan soaban melódicas, severas e cheas de angustia. Coa evolución da música de Tool, obsérvase nas súas letras unha incrementada introspección, e estas amósanse coma espirituais pezas de arte que non só se centran na carraxe e a ira, senón que ademais o fan nos aspectos positivos e beneficiadores que xorden ao transcender diso.

A Perfect Circle

[editar | editar a fonte]

Despois da edición de Ænima a banda viuse envolta nunha longa batalla legal con Volcano Records (anteriormente Zoo Records). Despois desa batalla, que rematou cun contrato por tres discos máis, os compoñentes de Tool decidiron tomarse un tempo de descanso. Durante este tempo, Keenan fundou, xunto con Billy Howerdel, a banda A Perfect Circle. Este novo proxecto comezou as súas actuacións en 1999 e editou o seu primeiro traballo, Mer de Noms, no ano 2000. O segundo traballo de A Perfect Circle, Thirteenth Step saíu en 2003, e, un anos despois, editaron un disco de versións titulado eMOTIVe.

Outras colaboracións

[editar | editar a fonte]

En 1997 fixo un concerto para a asociación RAINN (asociación anti-abusos sexuais) de Tori Amos. En febreiro de 2005, Keenan apareceu por sopresa para cantar nun concerto en Seattle en prol das vítimas do tsunami ocorrido no sueste asiático semanas antes. Interpretou, coa retornada Alice in Chains, en substitución do seu falecido vocalista Layne Staley, as cancións "Them Bones" e "Man in the Box."

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Keenan está solteiro e ten un fillo chamado Devo (nado o 5 de agosto de 1995). Estivo prometido con Jennifer Ferguson, pero romperon a relación pouco despois de casar.

O novo proxecto de Keenan é a produción de viño. Posúe os viñedos Merkin e as bodegas Caduceus, con base na área de Page Springs/Cornville, en Arizona. No mes de marzo do ano 2010 estreouse Blood Into Wine, un documental que fala sobre a industria do viño en Arizona e que se centra en Keenan e Eric Glomski e na súa marca Caduceus.[5]

  1. Shteamer, Hank (2016-10-05). "Tool's Maynard James Keenan on What Army Taught Him, Band's Early Days". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2023-04-22. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "I, Puscifer". Spin. Consultado o 23 de abril de 2023. 
  3. Hartmann, Graham. "Tool's Maynard James Keenan Helps Train High School Wrestling Team". Loudwire (en inglés). Consultado o 2023-04-23. 
  4. "The Tool Page: Biographies". toolshed.down.net. Consultado o 2023-04-23. 
  5. "Blood Into Wine (2010) - IMDb" (en inglés). Consultado o 2023-04-23.