Espazo tridimensional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
O trieixe cartesiano (xeometría analítica tridimensional) é unha icona do espazo tridimensional.
A xeometría descritiva resolveu os problemas do espazo a través da linguaxe gráfica mentres a xeometría analítica tridimensional usou a matemática.

Como definición lingüística, o espazo tridimensional[1] é aquel que pode ser definido como tendo tres partes dimensionais (altura, profundidade e largura), o que na práctica indica relevo.[2] Os pobos da antigüidade traballaban con formas volumétricas, mais o estudo metódico do tema pode ser atopado nos libros de Euclides. Aínda que a maior parte da xeometría euclidiana se dedique aos problemas da xeometría plana, que inclúe o espazo euclidiano, traballaba co tridimensional cando se inclinaba sobre o estudo dos sólidos.

A xeometría analítica tridimensional e a xeometría descritiva trataron do espazo tridimensional de maneiras distintas, mais con contido aproximado, a primeira empregou a linguaxe alxébrica e a segunda a xeométrica.[3]

Terceira dimensión[editar | editar a fonte]

Co xurdimento da terceira dimensión, algúns problemas xeométricos que non existían no espazo bidimensional pasaron a ser estudados, como:

  • distancia entre planos paralelos,
  • distancia entre rectas que se cruzan,
  • cálculo de volumes,
  • elaboración de sistemas proxectivos etc.[4][5]

Física clásica[editar | editar a fonte]

A física newtoniana baséase no espazo tridimensional. Como consecuencias teóricas téñense:[6]

  • o espazo é absoluto,
  • o tempo é absoluto,
  • o movemento é absoluto,
  • os intervalos de tempo son idénticos, baixo todas as condicións,
  • as dimensións dos corpos ríxidos son independentes do estado de repouso ou movemento,
  • os axiomas de Euclides permanecen certos para todo o Universo,
  • a gravitación débese a unha atracción entre os corpos,
  • os raios de luz propáganse en liña recta etc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A palabra espazo procede do latín (spatìum,ìí) e significa extensión, distancia e intervalo. Dimensión do latín (mensìo,ónis) significa medida.
  2. Scott, Rober Gillan (1970). Fundamentos del diseño. Editorial Victor Leru. 
  3. Encyclopaedia Britannica.
  4. No espazo bidimensional sería improdutivo a creación dun sistema proxectivo, porque todos os obxectos xeométricos se reducirían a puntos e rectas, de acordo cun observador (que necesariamente estaría presente no plano). Para que exista un sistema de proxeccións é preciso que se teña un observador (fóra do plano), un plano de proxección e algo para ser observado (o elemento observado pode coincidir co plano de proxección), mais non pode coincidir co observador.
  5. Mandarino, Denis, Desenho Projetivo e Geometria Descritiva. São Paulo: Ed. Plêiade, 1996. Cap. I-VI.
  6. Dietz, David (1947). História da ciência. Livraria José Olympio. p. 302. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]