Saltar ao contido

Dava Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDava Torres
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1994 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata

David Torres Pastoriza, coñecido como Dava Torres, nado na Coruña o 25 de decembro de 1994, é un xogador de hóckey a patíns galego. Xoga de dianteiro e é o capitán do Deportivo Liceo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na Coruña nunha familia vencellada ao hóckey a patíns, sendo fillo de Vicente Torres, que logo foi presidente da Federación Galega de Patinaxe, e irmán máis novo de Tito Torres, que, chegou a xogar na OK Liga.[1]

Comezou a xogar ao hóckey no colexio Santa María do Mar da Coruña, onde tivo como adestrador a Dagoberto Moll,[2] pasando logo ás categorías inferiores do Liceo. Tras tres anos no club coruñés fichou polo CP Cerceda, adestrado por Juan Copa, co que debutou en Primeira Nacional na tempada 2010/11, aos 15 anos de idade. Gañou a titularidade rapidamente sendo xa na súa primeira tempada un dos piares do equipo.[3] Na tempada 2012/13 o club logrou o ascenso á OK Liga, e tras unha campaña na máxima categoría Dava Torres deixou o Cerceda para fichar polo Vic. Xogou un só ano no club catalán, co que gañou a Copa do Rei 2014/15 tras derrotar ao FC Barcelona na final.[4]

En xuño de 2015 volveu ao Liceo.[5] Co equipo herculino conquistou unha liga na tempada 2021/22, unha Copa do Rei en 2021 e tres Supercopas de España, ademais de ser cinco veces subcampión de liga e tres da Copa do Rei.[6]

Selección española

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coas categorías inferiores da selección española, proclamándose campión europeo sub-17 e subcampión europeo e mundial sub-20.[7] Aos 27 anos chegoulle a súa oportunidade coa selección absoluta, cando foi convocado por Guillem Cabestany para a Copa do Mundo de 2022 en San Juan, substituíndo ao tamén coruñés Ignacio Alabart, lesionado.[7] Participou nos seis partidos de España no torneo, marcando cinco goles (dous contra Mozambique, dous contra Alemaña e un contra Angola).[8]

En 2024 disputou a Copa das Nacións de Montreux, despois de ser convocado de novo pola ausencia de Alabart.[8]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  1. "Dava Torres, el sueño de un coruñés que ahora capitanea al Liceo" (en castelán). 2 de novembro de 2019. Consultado o 30 de novembro de 2020. 
  2. Varela, María (1 de novembro de 2024). "Dava Torres sigue escalando en la historia". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  3. "David Torres, del Cerceda, con la selección sub 20". La Opinión A Coruña (en castelán). 17 de xuño de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2020. 
  4. "El CP Vic toca el cielo en Blanes". Mundo Deportivo (en castelán). 2 de marzo de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2020. 
  5. Antelo, Iván (17 de xuño de 2015). "David Torres regresa a casa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  6. "El Liceo, campeón de la Supercopa de España" (en castelán). 16 de setembro de 2018. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 Zaballa, Pablo (4 de novembro de 2022). "Dava Torres: "No veo el momento de que llegue el domingo para jugar el primer partido”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2024. 
  8. 8,0 8,1 "Dava Torres, convocado de última hora para la Copa de las Naciones". DxT Campeón (en castelán). 26 de marzo de 2024. Consultado o 21 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]