Alcoi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlcoi
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°41′54″N 0°28′25″O / 38.6983, -0.4736Coordenadas: 38°41′54″N 0°28′25″O / 38.6983, -0.4736
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarcas da Comunidade ValencianaAlcoià Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalAlcoi Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación59.493 (2023) Editar o valor em Wikidata (458,13 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie129,86 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude561 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1833 Editar o valor em Wikidata
Santo padrónXurxo de Capadocia, Mauro e Q11935374 Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAntonio Francés Pérez (2011–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03801–03804 e 03818 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE03009 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir03009 Editar o valor em Wikidata

Páxina webalcoi.org Editar o valor em Wikidata
Facebook: ajuntamentalcoi Twitter: AjuntamentAlcoi Editar o valor em Wikidata

Alcoi (en valenciano: Alcoi, en castelán: Alcoy, as dúas denominacións cooficiais) é un municipio situado no norte da provincia de Alacant no País Valenciano; é a capital da comarca do Alcoià. Ten 61.698 habitantes (INE 2008).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localización[editar | editar a fonte]

Vista xeral.
Castelo de Barchell
Torre na Valora
Ponte de Buidaoli
Pont de les Set Llunes.
Pont de Maria Cristina.
Pont de Sant Jordi.
Carrer del País Valencià en Alcoi.
Edificios Carbonell i Ferràndiz e Santuario de María Auxiliadora.

O núcleo urbano está situado nun val rodeado pola Serra de Mariola, Biscoi, L'Ombria, a Serreta, o Carrascar de la Font Roja, a Carrasqueta e Els Plans. A cidade está atravesada polos ríos Riquer, Benisaidó e Molinar, afluentes do Serpis, motivo polo que ás veces é nomeada como a cidade dos tres ríos ou a cidade das pontes polas moitas que ten para vencelos.

As comunicacións estiveron condicionadas desde sempre por unha topografía accidentada, o que obrigou á construción de obras públicas. A estrada N-340 (Barcelona-Cádiz), comunica a cidade con Alacant polo sur e con Xàtiva-Valencia polo norte, con enlaces á A-3. A rede viaria compleméntase co ferrocarril Alcoi-Xàtiva-Valencia.

Localidades limítrofes[editar | editar a fonte]

Limita cos termos municipais de Banyeres de Mariola, Benifallim, Bocairent, Cocentaina, Ibi, Xixona, Onil, Penàguila e a Torre de les Maçanes.

Clima e vexetación[editar | editar a fonte]

Alcoi presenta un clima mediterráneo cun lixeiro matiz continental debido á relativa altura media existente. Caracterízase por ter un inverno frío (7,5 °C de media en xaneiro e frecuentes xeadas), nos que ocasionalmente se presentan precipitacións en forma de neve. No verán rexístrase unha temperatura media de 23,5 °C. A pluviometría é variábel, acadando entre 350 e 850 mm.

A vexetación conserva importantes restos do bosque autóctono mediterráneo, principalmente no Carrascar da Font Roja, con exemplares de aciñeiras, teixos e especies caducifolias. Noutras masas forestais de repoboación predominan os piñeiros, que supoñen o 85% dos bosques.

Demografía[editar | editar a fonte]

Poboación[editar | editar a fonte]

O padrón oficial a 1 de xaneiro de 2008 outorga 61.698 habitantes á cidade, 998 máis que o 1 de xaneiro de 2007 (INE 2008). Debido ao proceso de reconversión industrial, a poboación da cidade mantense máis ou menos estábel dende os anos 1970.

Evolución demográfica de Alcoi[1]
1787 1857 1877 1887 1900 1910 1920 1930
Poboación 11.434 25.315 32.497 30.132 32.053 33.896 36.463 38.739
1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 1998
Poboación 45.792 43.880 51.096 61.371 65.908 64.579 60.921 60.476
1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006
Poboación 60.476 60.423 60.288 60.465 60.036 60.532 60.931 60.590
2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014
Poboación 60.700 61.698

Evolución demográfica de Alcoi (1850-2010).

Pirámide de idade da poboación de Alcoi (2007).

Inmigración[editar | editar a fonte]

Alcoi conta tan só cun 4,7% de inmigración (INE 2007), proporción moi baixa se se compara coa media provincial (21,5%). A colonia máis numerosa é a de ecuatorianos (26,3% do total de estranxeiros), seguidos pola de romaneses (co 23,1%)[2].

Lingua[editar | editar a fonte]

Nas rúas de Alcoi comparten primacía os idiomas valenciano e castelán, con certa preponderancia do primeiro, se ben a grande inmigración de castelán-falantes durante o século XIX e gran parte do XX fixo que esta comunidade acadara grande importancia, chegando a falarse máis o castelán que o catalán. A política de normalización lingüística no País Valenciano dende os anos 80 do século XX revitalizou o uso do valenciano tamén en Alcoi.

Economía e industria[editar | editar a fonte]

O seu núcleo histórico dedícase fundamentalmente á industria, destacando a téxtil, aínda que tamén hai que destacar o importante papel que xogaron anteriormente a industria papeleira e metalúrxica para o desenvolvemento da zona. Niso influíu a creación do porto de Gandía.

Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

Patrimonio arqueolóxico e histórico[editar | editar a fonte]

  • Depósito arqueolóxico da Serreta.
  • Depósito arqueolóxico do Puig.
  • Restos arqueolóxicos "La Mola de Serelles".
  • Restos arqueolóxicos "El Castellar e El Salt".
  • Castelo de Barchell.
  • Ermida de Sant Antoni Abad (séculos XIV-XVIII)
  • Torre de Na Valora (século XIII) Torre de vixilancia e defensa.

O Castelo de Barchell está declarado Ben de Interese Cultural. Denominado nun principio coma Castelo de Bendepord, algunhas fontes indican que é de orixe musulmán e que probablemente foi construído cara ao século XII. Trala súa conquista sería doado en 1248 por Jaume I aos escudeiros Fortunio Pérez de Falces e Fortunio Garcés Citina, aínda que o primeiro rexistro é do ano 1321 onde Guillem Blanc foi alcaide deste castelo. Caracterízase por unha torre señorial (de forma rectangular e situada no ángulo nordeste) e un patio de armas con alxibe. O castelo servía de refuxio ás familias de mudéxares de Barchell e Chirillent e o seu gando, durante unha época que se caracterizou por frecuentes incursións granadinas e castelás. A mediados do século XV foi mercado polos xurados de Alcoi. Durante o século XVIII converteuse nunha Masía (Máis do Castell). Actualmente é de propiedade privada e atópase en proceso de rehabilitación.

Pontes[editar | editar a fonte]

Alcoi é coñecida como a cidade das pontes. A peculiar orografía marcada por barrancos, que condicionaron o urbanismo e as ampliacións sucesivas, fixeron necesaria a construción destas pontes. Ademais das pequenas pontes que formaban a antiga rede viaria (a ponte de Penáguila, o de Cocentaina e a ponte vella de Sant Roc), que datan dos séculos XVII e XVIII, hai outras menores que foron edificadas para permitir o acceso ás industrias situadas na beira do río Riquer.

  • Ponte da Petxina. Procede de 1863 e vai por riba do río Benissaidó. Está formado por cinco arcos de medio punto e ten unha alzada máxima de 28,6 metros.
  • Ponte das Set Llunes. Neste caso non se trata dunha ponte urbana, senón que se construíu para que pasase por aquí o tren Alcoi-Alacant, que non chegou a circular nunca. Visitalo fai necesaria unha pequena excursión que ten como fondo o parque natural da Font Roja. A súa enorme altura e a amplitude dos seus arcos fano ideal para practicar aquí o salto de ponte.
  • Ponte de Sant Roc. É do século XIX, época en que a industria local e a economía alcoiana coñeceron o seu maior esplendor, e como as pontes desta mesma época, construíuse con pedra extraída das pedreras locais. Permite ver ao fondo o pequeno río do Barranco de Soler, o cal, en dirección ao centro da cidade, aumenta o caudal do río Barxell. Segundo o proxectou Eduardo Miera, ten tres arcos de medio punto, de oito metros, e unha alzada máxima de 20,5 metros.
  • Ponte de Maria Cristina. É a partir do primeiro terzo do século XIX, cando se realizan as primeiras obras civís que permitiron o crecemento de Alcoi, grazas á construción da Ponte de María Cristina (1828-1838). Esta ponte permite cruzar sobre o río Barxell ou Riquer, ás beiras do cal consérvanse industrias centenarias que manteñen en pé as súas chemineas fabrís. Alén desta ponte está o paseo de Cervantes, zona dedicada polo pobo de Alcoi ao famoso escritor desde 1905.
  • Viaduto de Canalejas. Inaugurouse en 1907 e denomínase así polo nome do deputado a Cortes polo distrito de Alcoi, José Canalejas e Méndez. Ten unha lonxitude de 200 metros, longo para o cal se usaron 325 toneladas de aceiro que descansan sobre tres alicerces e dous estribos que elevan o conxunto ata unha altura máxima de 54 metros sobre o río Molinar.
  • Ponte de Sant Jordi. Inaugurouse en 1931 e álzase sobre o río Riquer, o cal xunto co río Molinar, fan nacer o río Serpis, que desemboca en Gandía. O Pont de Sant Jordi foi toda unha revolución urbanística para Alcoi, xa que comportou o desenvolvemento da zona do Ensanche, unha área urbana nova que permitiu no primeiro terzo do século XX facer crecer a cidade máis aló dos límites tradicionais. A ponte de Sant Jordi é a de maior monumentalidade das que compoñen a paisaxe urbana alcoiá.
  • Ponte de Fernando Reig. Trátase dunha moderna ponte colgante construída en 1987 que dá saída a Alcoi en dirección a Alacant.

Ademais das anteriores, Alcoi ten catro pontes de máis de dous séculos de antigüidade. Trátase das pontes do Tossal (1712), Antic Sant Roc (1731), Alcassares (1780), Cadisenyo (1790). Están construídas con pedra extraída de canteiras próximas, pero a diferenza das anteriores, están situadas no fondo dos barrancos da cidade.

Festas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine. O censo dende 1997 refírese a data 1 de xaneiro. Os datos de 1787 proveñen do censo de Floridablanca, citados por Bernat i Martí r Badenes Martín en Crecemento da poboación valenciana. Análise e prevención dos censos demográficos (1609-1857). Edicións Alfons el Magnànim. Valencia, 1994.
  2. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]