Club Patín Cerceda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CP Cerceda")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
C.P. Cerceda
CidadeCerceda, A Coruña, Galicia Galicia
Historia2009-2016
Fundado2009
PavillónPavillón Deportivo de Cerceda (1.200)
PresidenteGalicia Mª Isabel Bermúdez
AdestradorGalicia Juan Copa
CompeticiónPrimeira División
Cores          Vermello e branco
Kit left arm red stripes.png
Team colours
Kit body whitestripes.png
Team colours
Kit right arm red stripes.png
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Kit body unknown.png
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
Sitio web
Sitio web oficial

O Club Patín Cerceda foi un equipo galego de hóckey a patíns da localidade de Cerceda (A Coruña). O equipo foi creado en 2009 logo do ascenso á OK Liga do segundo equipo do H.C. Liceo. Logo de sete anos de existencia, o equipo disolveuse por motivos económicos.[1]

Nas sete tempadas que o equipo estivo en competición conseguiu dúas participacións na segunda competición de clubs a nivel europeo, a Copa CERS, disputou dúas veces a Copa do Rei, e xogou catro tempadas na máxima categoría do hóckey a patíns español, a OK Liga.

Historia[editar | editar a fonte]

O Liceo B e o nacemento do CP Cerceda[editar | editar a fonte]

O 8 de outubro de 2008, o H.C. Liceo da Coruña asinou un acordo de colaboración co Concello de Cerceda polo cal o concello cercedense patrocinaría ao segundo equipo do club coruñés en Primeira Nacional e este comprometeríase a disputar os seus partidos oficiais e realizar as sesións de adestramento nas instalacións municipais cercedenses. O convenio foi asinado polo daquela alcalde de Cerceda José García Liñares e o presidente do Liceo no momento, Eduardo Lamas.[2] Deste xeito o segundo equipo do club coruñés pasaba a denominarse Cerceda Liceo Hockey Club.

Na tempada 2008-09 o Liceo Cerceda, dirixido polo coruñés Juan Copa, conseguía o ascenso á máxima categoría do hóckey a patíns español logo de gañar o título da Primeira Nacional a falta de dúas xornadas para a súa conclusión, se ben o daquela filial liceísta xa tiña asegurado o ascenso á OK Liga, logo de derrotar 1-2 ao FM Oviedo Roller e aproveitar a derrota do GEiEG Sindorme Hoteles fronte ao Cifa Patín Coruña (4-0). A pesar da boa tempada, na que o equipo se colocou na primeira posición dende a terceira xornada e xa non a abandonou, o adestrador do Liceo Cerceda laiábase de non ter podido facerse coa Copa do Príncipe, á que segundo o técnico coruñés, "non chegamos no noso mellor momento".[3]

O club foi creado en 2009 logo de que o segundo equipo do H.C. Liceo acadase o ascenso á O.K. Liga ao finalizar a tempada 2008-09. Debido a que non poden competir dous equipos dun mesmo club na mesma categoría, fundouse o Patín Cerceda, ao cal o Liceo lle cedeu a súa praza na máxima categoría do hóckey. Moitos dos xogadores do Liceo B asinaron co novo equipo, e outros xogadores novos virán reforzar o equipo.

En setembro de 2009, o novo Patín Cerceda presentou a primeira edición do Torneo de Cerceda, un torneo triangular que contou coa presenza do HC Liceo (subcampión da OK Liga), a UD Oliveirense, e o propio Patín Cerceda.[4] Poucos días antes do inicio da OK Liga, o Patín Cerceda presentábase ante a súa afección fronte ao Liceo.[5]

Un ano na elite[editar | editar a fonte]

Artigo principal Tempada 2009-2010 do C.P. Cerceda

A tempada 2009-10 foi a primeira tempada do CP Cerceda na OK Liga, a máxima categoría do hóckey a patíns do Estado español. O debut na OK Liga do Cerceda debía ter lugar no Pavillón Deportivo de Cerceda fronte ao C.E. Noia Freixenet, mais o partido suspendeuse.[6]

O mal inicio da liga impediulles aos cercedenses manteren a categoría, a pesar de seren un dos mellores equipos da segunda volta e ata chegaren á derradeira xornada con opcións de manteren a categoría.

A separación definitiva[editar | editar a fonte]

No verán de 2010 o club independizouse totalmente do Liceo, do cal dependía no plano xestor (Eduardo Lamas, presidente do Liceo exercía as funcións de asesor do equipo cercedense), a pesar de que a nivel federativo xa eran clubs independentes dende 2009.[7][8] A separación definitiva do club cercedense do Liceo levouno a unha galeguización do equipo cunha política de equipo de canteira e de xogadores da comarca, esta aposta por ser o referente dos novos xogadores galegos levou á creación dun equipo xuvenil[9].

O retorno á OK Liga[editar | editar a fonte]

Na tempada 2012-13 o CP Cerceda conseguiu o retornar á máxima categoría do hóckey a patíns do Estado español tres anos despois, asegurándose o ascenso de xeito matemático na penúltima xornada tras derrotar por 5 goles a 3 na casa ao CP Alcobendas.[10][11]

Na tempada do seu regreso á OK Liga, o Cerceda conseguiu clasificarse por primeira vez na súa historia para disputar a Copa do Rei na cidade catalá de Lleida. O equipo de Juan Copa conseguiu a súa clasificación logo dunha boa primeira volta na que finalizou na sétima posición da táboa, conseguindo seis vitorias, cinco empates e catro derrotas para un total de 23 puntos. O Cerceda chegou á última xornada da primeira volta tendo que remontar un gol average de sete goles en contra ao Noia Freixenet, e fíxoo cunha goleada na casa fronte ao C.P. Vilanova (12-1), o que deixou ao equipo de Sant Sadurní d'Anoia fora da competición copeira.[a][12] O Cerceda debutou na competición copeira o 28 de febreiro fronte ao Club Patí Vic,[13] nun partido moi disputado que se decantou do lado dos de Osona grazas a un solitario gol de Titi Roca na segunda parte, aínda así, Martín Payero tivo a oportunidade de empatar o mesmo a falta de once segundos para a conclusión do partido, mais a bóla estrelouse contra o largueiro, dando o pase a semifinais ao equipo de Vic.[14] Na liga, o Cerceda finalizou na novena posición logo de derrotar na derradeira xornada ao Vilanova (3-10), conseguindo a última praza para disputar a segunda competición continental de hóckey a patíns, a Copa CERS, a costa do histórico Club Patí Voltregà.[15][16]

O 6 de setembro de 2014 celebrouse o sorteo da primeira rolda da Copa CERS en Lisboa, no que por primeira vez estivo o Patín Cerceda, sendo o quinto concello con menos habitantes de entre os representados na competición. No sorteo, no Cerceda evitou aos conxuntos españois ao non poder emparellarse dous equipos do mesmo país na primeira rolda de competición,[17] os cercedenses foron emparellados co Oliveirense portugués. O debut na segunda competición continental do Patín Cerceda tivo lugar no Pavilhão Dr. Salvador Machado de Oliveira de Azeméis o 18 de outubro de 2014. O debut do cadro galego non foi bo, xa que o equipo luso adiantouse no marcador aos 19 segundos por mediación de Diogo Silva e, aínda que Mantiñán conseguiu reducir distancias pouco antes do descanso, o Oliveirense anotou un novo tanto que deixou o marcador 3-1 no descanso, diferenza que se ampliou na segunda parte para deixar o electrónico no 6-3 definitivo.[18][19] No partido de volta os lusos dominaron o marcador en todo momento, cun claro 0-3 ao descanso, e a reacción inicial da segunda parte foi neutralizada por Gonçalo Alves (4-1), para concluir o partido con 2-5 no marcador que puña punto e final á primeira andaina europea do Patín Cerceda.[20] Na OK Liga o equipo realizou o mellor inicio da súa historia, conseguindo 13 puntos nas primeiras sete xornadas de competición.[21]

O 24 de outubro de 2015 o equipo cercedense comezou a súa segunda participación na Copa CERS fronte ao ASD Pattinomania Matera no Sportintenda de Matera (Italia), que no momento lideraba a Serie A1 italiana.[22] No partido de ida o equipo de Juan Copa caeu por 5-1 en terras italianas, tendo que remontar catro goles no González Laxe para pasar á segunda rolda, unha remontada histórica que faría pasar da primeira rolda de competición aos cercedenses por primeira vez na súa historia.[23] Con todo, o Patín Cerceda acabou caendo tamén na súa casa por 2-3, nun partido igualadao ao descanso (1-1), e no que o equipo galego plantou cara en todo momento ao conxunto italiano.[24]

Na liga, o equipo dirixido por Juan Copa conseguiu a permanencia a falta de tres xornadas para a conclusión da liga logo dunha dura tempada na que o equipo chegou a ocupar os postos de descenso, pero na que chegou á recta final con opcións de clasificarse para a Copa CERS por terceiro ano consecutivo.[25]

En xullo de 2016 o Patín Cerceda víase obrigado a renunciar á súa praza na máxima categoría do hóckey a patíns español, a pesar de que conseguíraa manter na cancha grazas á reacción do equipo na fase final do campionato, logo da cal o equipo conseguiu finalizar na undecima posición. Os motivos da renuncia foron principalmente económicos, cando o corpo técnico comezou a preparar a seguinte tempada. Nun comunicado no que fixo pública a súa renuncia, o club agradeceu o apoio recibido nos seus seis anos de existencia:[26][27]

Queremos aproveitar para agradecer ao Concello de Cerceda, ás Institucións e patrocinadores que fixeron posible co seu apoio que este proxecto deportivo mantivérase durante seis tempadas (...) Queremos tamén lembrar e agradecer a todos os xogadores que pasaron polo club todos estes anos, a súa adicación e inesquecible contribución. Ao corpo técnico, adestradores, médicos, preparadores físicos a súa enorme axuda. E especialmente, a toda esa xente que desinteresadamente involucrouse neste proxecto (...) o público que acudiu estes anos ao Pazo de Deportes Presidente González Laxe e conseguiu que ditas tempadas sexan inesquecibles.

Mundo Deportivo, 15 de xullo de 2016

O comunicado finalizaba xa a xeito de despedida:[27]

Esperamos que este proxecto teña achegado o seu gran de area ao hóckey a patíns galego para seguir medrando e que os nostos acertos e erros poidan servir para que outros recollan o testigo e continúen facéndonos a todos gozar deste marabilloso deporte.

Mundo Deportivo, 15 de xullo de 2016

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
2009/10 OK Liga 13º
2010/11 1ª División
2011/12 1ª División 14º
2012/13 1ª División
2013/14 OK Liga
2014/15 OK Liga
2015/16 OK Liga 11°

Xogadores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Xogadores do CP Cerceda.

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Tempadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O Noia Freixenet non puido clasificarse a pesar da súa oitava posición, por clasificarse de xeito directo o ICG Software Lleida, organizador da competición.[12]
  2. O primeiro título da categoría de prata conseguiuno baixo a denominación de Cerceda Liceo.
Referencias
  1. Varela, María (15 de xullo de 2016). "El Cerceda confirma que no competirá la próxima temporada". La Opinión (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  2. "El Concello de Cerceda firma un convenio con el equipo Liceo". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  3. "El Vilafranca sigue marcando el ritmo del ascenso" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 18 de maio de 2009. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  4. "El Torneo de Cerceda se estrena a lo grande" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 3 de setembro de 2009. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  5. "Listos para el espectáculo" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 22 de setembro de 2009. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  6. "Empieza la mejor liga de hockey sobre patines del mundo" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 25 de setembro de 2009. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  7. El Cerceda s'independitza del Liceo (okcat.cat)
  8. "O Cerceda independízase do Liceo (blog.hoqueipatins.cat)". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2010. Consultado o 08 de agosto de 2010. 
  9. Cerceda, "Made in Galiza"[Ligazón morta]
  10. "El CP Cerceda y el CP Tordera consiguen el ascenso a la OK Liga" (en castelán). Federación Española de Patinaxe. 19 de maio de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  11. Varela, María (20 de maio de 2013). "Tres años y un destino". La Opinión (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  12. 12,0 12,1 "Cerceda, último billete para la Copa". Mundo Deportivo (en castelán). 26 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  13. "Vuelve el espectáculo de la Copa". Mundo Deportivo (en castelán). 27 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  14. "El Barça impone su clase y se mete en semifinales". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de marzo de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  15. "El Lloret desciende y el Cerceda jugará la CERS". Mundo Deportivo (en castelán). 8 de xuño de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  16. "El CH Lloret pierde la categoría y el Cerceda debutará en Europa" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 7 de xuño de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  17. Varela, María (6 de setembro de 2014). "Cerceda sitúa su nombre en Europa". La Opinión. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  18. "El HockeyGlobal CP Cerceda da la cara en su debut europeo". Stadio Sport. 18 de outubro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  19. "Coupe CERS 2015" (PDF) (en francés). CERH. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  20. Ferreiro, José M. (2 de novembro de 2014). "Un Patín Cerceda sin suerte cayó contra el Oliveirense en la CERS". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  21. "El Cerceda, sin presión y a por la remontada en casa". El Ideal Gallego (en castelán). 1 de novembro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  22. "El Patín Cerceda juega en Italia frente el Matera en la Copa CERS europea". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de outubro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  23. Varela, María (28 de novembro de 2015). "Remontar cuatro goles, misión para el Cerceda ante el Matera". La Opinión (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  24. "Despedida da CERS merecendo algo máis". Stadio Sport. 29 de novembro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  25. Varela, María (17 de maio de 2016). ""El ADN del Cerceda es saber competir, lo hacemos al 200%"". La Opinión (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  26. Ferreiro, José M. (16 de xullo de 2016). "Triste adiós del Cerceda a la OK Liga de hockey". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  27. 27,0 27,1 "El CP Cerceda no competirá en OK Liga". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de xullo de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]