Noalla, Sanxenxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°25′55″N 08°51′15″O / 42.43194, -8.85417

Santo Estevo de Noalla
Noalla, Sanxenxo.jpg
Igrexa parroquial
Concello Sanxenxo
Área 8,7 km²
Poboación 2.552 hab. (2016)
Densidade 293,33 hab./km²
Entidades de poboación 17

Santo Estevo de Noalla é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 2.552 habitantes (1.322 mulleres e 1.230 homes), o que representa, na práctica, unha poboación estable respecto ós últimos anos: en 2009 tiña 2.561 habitantes; en 2008, 2.533; e en 2000, 2.453.

Limita ó norte coa ría de Arousa; ó noroeste co istmo da Lanzada, do concello do Grove; ó oeste e ó sur co océano Atlántico; e ó este coas parroquias de Vilalonga, Gondar, Adina e Arra. A parroquia ten unha superficie de 8,7 km2, o que a converte na parroquia máis extensa, distribuída en 17 entidades de poboación.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial -a máis grande do concello- foi orixinariamente de estilo románico, conservándose desa época dúas arquivoltas apuntadas na fachada. Consta dunha soa nave, dividida en tres tramos: os dous máis occidentais están cubertos por bóveda de cruzaría, e o terceiro, xunto coa capela, con bóveda de canón.

Na fachada occidental, no tímpano figura un calvario do século XVIII. No lado esquerdo está pegada unha torre-campanario, rematada en cúpula, e ó pé unha pequena imaxe de Santo Estevo mártir.

Nesta parroquia atópase o Castro da Lanzada, a carón da Torre da Lanzada. Tamén un bo número de restos megalíticos na zona de Monte Faro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Noalla[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Noalla no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

Aios | O Casal | Os Caseiros | Codesal | Cova de Pazos | Fonte de Ons | A Igrexa | A Lanzada | Mourelos | O Pombal | Quintáns | A Revolta | Salgueiro do Mato | Soutullo | Telleiro | O Tombelo | Tramalleiro

Parroquias de Sanxenxo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo

Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]