Theaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Theaceae, as Teáceas, son unha familia de plantas con flores pertencente á orde Ericales. É orixinaria de países subtropicais e intertropicais de América e Asia. A esta familia pertencen plantas tan coñecidas coma as camelias ou as plantas do té.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son arbustos ou árbores, xeralmente sempreverdes; plantas hermafroditas, dioicas ou xinodioicas. Follas simples, coriáceas, alternas e perennes (folla lauroide). Flores solitarias, actinomorfas, con dúas envoltas (ás veces helicoidais); Cáliz con 5 - 7 sépalos ceibos; corola con polo menos 5 pétalos carnosos (con tendencia á soldadura); androceo con numerosos estames helicoidalmente dispostos (en Camellia, androceo espirulado), ás veces soldados á corola; xineceo con 2 - 5 carpelos fechados; froito xeral en cápsula (ás veces drupáceo).

Tribos[editar | editar a fonte]

Divídese nas tribos a seguir:

Xéneros[editar | editar a fonte]

Relación de xénero segundo APWeb:[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]