Pobo tibetano
| Pobo tibetano | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||
Os tibetanos[5] (en tibetano: བོད་པ་) son un grupo étnico nativo do Tíbet. O seu número é dun 7,8 millóns de persoas. A maior poboación vive Rexión Autónoma do Tíbet, e noutras provincias da República Popular da China, como Qinghai, Sichuan, Yunnan e Gansu. Fóra da China, existen importantes minorías na India, no Nepal e en Bután.
Os tibetanos falan varias linguas tibéticas, das cales, moitas variedades son mutuamente inintelixibles. Pertencen á familia de linguas tibetobirmanas. A explicación tradicional e mitolóxica da orixe do pobo tibetano é que son descendentes do humano Pha Trelgen Changchup Sempa e da ogresa das rochas Ma Drag Sinmo. Crese que moitos dos falantes tibetobirmanos do suroeste da China, incluíndo os tibetanos, son descendetes directos dos antigos Qiang.[6] A maioría dos tibetanos practica o budismo tibetano, malia que algúns practican á relixión bön e existe unha pequena minoría musulmá. O budismo tibetano influíu en moitos aspectos culturais do pobo, como a arte tibetana, o drama e a arquitectura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Dalai Lama has given his opinion on the refugee crisis and it's extremely controversial". 1 de xuño de 2016.
- ↑ Refugees, United Nations High Commissioner for. "Refworld - Nepal: Information on Tibetans in Nepal".
- 1 2 "Tibetan - Becoming Minnesotan". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2017.
- ↑ "Tibetan refugees arrive in Canada from India as part of federal deal Arquivado 17 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.". The Vancouver Sun. 15 de decembro de 2013.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tibetano.
- ↑ Origins and Migrations in the Extended Eastern Himalayas. BRILL, 2012, páxina 309.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo tibetano |