Té xeado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Té xeado cun toro de limón.

O té xeado (en inglés: ice tea)[1] consiste nunha forma xeada de , servida a miúdo nun vaso con xeo. Calquera variedade de té pode ser susceptible de ser empregada como té xeado, depende dos gustos particulares. Existen marcas comerciais que distribúen o té en botella ou en lata aínda que a porcentaxe de té que conteñen é moi baixo, polo tanto, é mellor preparar o té xeado con calquera das variedades puras ou aromatizadas que se poden atopar nas tendas especializadas.

Características[editar | editar a fonte]

É aconsellable permitir que o té se arrefríe até temperatura ambiente antes de facer té xeado, xa que pola contra é moi posible que se formen condensados, o que daría ó té un aspecto leitoso así como un sabor lixeiramente acedo. O té quente pode ser verquido sobre un vaso con xeo (se se filtra o sabor non se ve afectado por esta operación). Adóitase incluír no vaso unha especie de culleriña de mango alongado para remover o xeo picado.

O té xeado adoita servirse con algunhas follas de menta e algún que outro toro de limón. Nos Estados Unidos, adoita ser doce pola adición de azucre. Todo iso mesturado cunha culler de té xeado que adoita ser alongada para poder axitar o fondo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oxford English Dictionary (ed.). "New words list December 2012". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2013. Consultado o 14 de marzo de 2013.