ISO 3103

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A norma ISO 3103 é un estándar publicado pola ISO que presenta un método estandarizado para prepara-lo . Esta norma remontase ao ano 1980 e foi producida polo Comité Técnico ISO 34 (Alimentos), Sub-Comité 8 (Té).

O método consiste en extrae-las substancias solubles das follas do té secas. As follas métense nun recipiente de porcelana ou cerámica e móllanse con auga pura en ebulición, o licor así obtido sérvese nun tazón de porcelana branca ou cerámica, permitindo examinar as propiedades organolépticas da folla na infusión, que pode conter ademais leite.

O obxectivo desta norma é definir un procedemento de preparación do té que permita realizar comparacións sensoriais entre distintos tés. Un exemplo deste tipo de ensaio é unha proba de sabor para establecer que mesturas de té dunha marca en particular deben ser empregadas para manter unha bebida de sabor uniforme e homoxéneo entre unha colleita e a seguiente.

Detalles[editar | editar a fonte]

Para asegurar resultados consistentes, a norma establece os seguintes pasos e requirimentos:

  • A teteira debe ser de porcelá branca ou cerámica vidriada e contar cun bordo parcialmente aserrado.
  • Se empregamos unha teteira grande, a súa capacidade non debe exceder 310 ml (±8 ml) e o seu peso debe ser 200 g (±10 g).
  • Se empregamos unha teteira pequena, a súa capacidade debe ser de 150 ml (±4 ml) e o seu peso debe ser 118 g (±10 g).
  • Na teteira hai que colocar 2 gramos de té (medido cunha precisión de ±2% ) por cada 100 ml de auga fervendo.
  • Colócase auga fresca fervendo na teteira ata os 4–6 mm do bordo.
  • A auga debe ser semellanta á auga potable da zona na que se consumirá o té.
  • O tempo de preparación debe ser de seis minutos.
  • O té preparado é despois servido nun tazón de porcelana branca ou de cerámica vidriada.
  • Se empregamos un tazón grande, debe ter unha capacidade de 380 ml e un peso de 200 g (±20 g)
  • Se empregamos un tazón pequeno, debe ter unha capacidade de 200 ml e un peso de 105 g (±20 g)
  • Se empregamos leite na proba, pódese agregar antes ou despois de servi-lo té en infusión.
  • Se agregamos leite após servi-lo té entón pódese saborear mellor o sabor cando o líquido estea a 65 - 80 °C.
  • Debe empregarse 5 ml de leite para o tazón grande, ou 2.5 ml para o tazón pequeno.

Estándares semellantes[editar | editar a fonte]

No 2003, a Royal Society of Chemistry publicou unha nota informativa titulada "Como preparar unha perfecta taza de té."[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "How to make a Perfect Cup of Tea" (PDF). Royal Society of Chemistry. 2003. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de agosto de 2014. Consultado o 13 de outubro de 2014.  (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]