Cravo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o obxecto usado na construción, para o artigo sobre a árbore/especia véxase Craveiro de India.
Un feixe de cravos.
Os cravos pódense espetar en materiais como a madeira cun martelo.

En enxeñaría, carpintaría e construción, un cravo é un obxecto delgado, alongado e duro semellante aos alfinetes, cunha punta de metal ou aliaxe usado como sistema de fixación. Antigamente eran de ferro forxado; na actualidade os cravos son dunha aliaxe de aceiro, adoito tratada para combater os efectos da corrosión en condicións severas ou mellorar a adhesión.

O normal é chantar os cravos na peza coa axuda dun martelo ou unha pistola de cravos pneumática. Os cravos manteñen os materiais xuntos por medio da fricción na dirección do eixe e tensión de corte lateralmente.

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cravo

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.