Belén Monís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBelén Monís
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Cualedro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Ana Belén Monís Justo, coñecida como Belén Monís, nada en Cualedro (provincia de Ourense) o 27 de xullo de 1981, é unha cantante galega

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como cantante no Conservatorio Karl Nielsen de Ourense, no que tomou clases coa profesora Clara Jensen durante catro anos, estudando técnica vocal e solfexo. Graduouse como titulada en Canto Moderno Rock&Pop polo Conservatorio Trinity College de Londres. Graduada como Técnico superior en Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos con matrícula de honra, cursou estudos de Educación Social e desenvolveu un labor como docente de canto e Expresión vocal en varias escolas de música de Ourense.

Comezou a cantar aos 17 anos, converténdose en finalista do 1º Certame de cantautores ourensáns. Participou en diversos concursos e festivais da canción en Galicia, como o Festival de Landro, o Festival de Ordes, o de Meaño ou o de Padrón. Participou no programa Éxito da Televisión de Galicia, que se emitiu durante o verán de 2002, quedando entre os 16 primeiros clasificados.

Desenvolveu a súa carreira como cantante profesional en diversas orquestras galegas durante varios anos. En 2007 foi seleccionada para participar no programa Son de estrelas da Televisión de Galicia, do cal resultou gañadora. Un dos premios consistía na gravación dun disco, coa colaboración do produtor musical Pedro González. Como consecuencia de gañar o programa, actuou en diferentes programas da TVG, como Luar, Especial Noiteboa 2007 e 2008, Acompáñenos, Son de estrelas 2º edición, especial gala Santiago Apostol 2007 e 2008 e Especial Fin de Ano 2010.

En xaneiro de 2009 a produtora madrileña Boomerang púxose en contacto con Belén para que formase parte do coro galego amadriñado por Marta Sánchez, que participará nun programa con fins benéficos La batalla de los coros, emitido por Cuatro TV. Belén Monís desenvolveu nos seguintes anos a súa faceta como compositora para diferentes pezas do audiovisual, destacando a súa colaboración como compositora da letra e intérprete do tema central do docudrama Podría ser ella, que trata sobre a violencia de xénero e que foi estreada en Madrid no Ministerio de Igualdade en decembro de 2011.

En 2012 comezou o proxecto musical La dama de gris, xunto co pianista e compositor José Carlos González, formato musical de piano e voz onde, ademais de facer versións, presenta temas de composición propia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]