Pili Pampín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pili Pampín
Nome completoMaría del Pilar Villar Rivas
Nacemento22 de marzo de 1971
Lugar de nacementoRibasar
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante
CónxuxeChus Torrente
Linguagalega
Na rede
Instagram: pilipampin Spotify: 5ihu630LQsw9RF9pR5lrnh Discogs: 6932350 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María del Pilar Villar Rivas, nada en Ribasar (Rois) o 22 de marzo de 1971, é unha cantante galega, máis coñecida como Pili Pampín.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gravou o seu primeiro disco en 1991 coa Orquestra Compostela, con produción de Manuel Muñiz, quen tamén compuxo as cancións. Tivo un programa na televisión de Galicia, Vivan as tardes, e é coñecida por saír no Supermartes, Land Rober Tunai Show e en Luar. Tamén participou en O clan dos impostores.

En 2021 foi Premio Alecrín de Ouro, concedido anualmente pola Federación Galega de Entidades Culturais de Cataluña (Fegalcat).[2]

En 2021 apareceron "Las Pampina’s Girls" (Flavia e Ximena, fillas, e Luz e Estela sobriñas). Con elas inaugurou A Liga das Familias Extraordinarias na TVG.[3]

No 2022 colaborou nunha canción co cantante Ortiga para o especial de fin de ano da TVG. Esta peza foi posteriormente lanzada nun videoclip, gravado na discoteca pontevedresa La luna, dirixido por Xaime Miranda.[4] Tamén colaboraron en O galo..., cun Remix de éxito.[5]

O 19 de maio de 2023 lanzou xunto ao cantante Ortiga o disco Ortiga e Pili Pampín, no que versionan éxitos coma Como yo te amo, de Rocío Jurado ou Vete y pega la vuelta, de Pimpinela, ademais de versionar ao galego famosos temas internacionais como Free from desire como Deixa que saia.

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron José e Pilar, a súa avoa Fita e os irmáns José, Ramón e María.[6] Durante moitos anos a súa familia tivo o restaurante Pampín na Escravitude.

Está casada con Chus Torrente e ten dúas fillas, Flavia e Ximena. Vive en Cacheiras (Teo).

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Pili Pampín (1992)
  • Canto para ti (1993)
  • Galicia sempre (1994)
  • Pili Pampín (recompilatorio; 1996)
  • Noites de festa (1999). Temas: Noches de fiesta, Se acabó lo que se daba, Xa estou en Santiago, Voltar para a terra, Siempre te amaré, Mariñeiro da dorniña, Cancioneiro galego, Camiño de Santiago, Penitas mías, Sabor.[7]
  • Grandes éxitos (2013). Temas: Pandeirada mix, Cantares galegos, Canto para ti, Desafío dos vellos, Coplas de España, Desafío dos casados, Lo vas a pagar muy caro, Desafío dos maridos, Ven mariñeiro, No deseo tu dinero, Xacobeo, Miña Galicia, Desafía de un arrepentido, El amor no dura, Porque tú me enamoraste, Tú, Posiblemente, Amargo café.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "p". www.ogalego.eu. Consultado o 2021-08-12. 
  2. C.R (2021-08-11). "Los Premios Alecrín destacan la impronta del gallego en Cataluña". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-08-12. 
  3. "Pili Pampín y sus chicas: del karaoke familiar a la televisión y futura verbena". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-01-20. 
  4. "O sorprendente dueto de Ortiga e Pili Pampín que se gravou en La Luna". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-04-24. 
  5. "Ortiga e Pili Pampín: «Pili e mais eu queriamos facer o que fixeron Raphael e Rocío Jurado»". La Voz de Galicia. 2023-01-20. Consultado o 2023-01-20. 
  6. "Pili Pampín, cantante". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-01-20. 
  7. "Noites de Festa" (en castelán). 1999-06-01. Consultado o 2023-01-20. 
  8. "Pili Pampin. Grandes Éxitos de Pili Pampín" (en castelán). 2013-03-25. Consultado o 2023-01-20.