Coreografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A coreografía (literalmente «escritura da danza», tamén chamada composición), do grego χορεία (danza circular, corea) e γραφή (escritura), é a arte de crear estruturas nas que suceden movementos. O termo composición tamén pode referirse á navegación ou conexión destas estruturas de movementos. A estrutura de movementos pode ser considerada como a coreografía. As persoas que crean a coreografía son chamados coreógrafos.

Aínda que é usado principalmente en relación coa danza, o termo coreografía pode ser aplicado en varios escenarios, entre eles:

Tipos de coreografía[editar | editar a fonte]

  • Coreografía grupal: esta é a danza máis usada en todo o mundo. Estas constrúense polo coreógrafo quen corrixe os movementos que se actuasen, os grupos coreógrafos son de 6 a 10 persoas, están baseadas na persoa principal que actúa de maneira case diferente aos outros.
  • Coreografía expresiva: é aquela na que recorren expresións interxectivas e moitas manifestacións dancísticas.
  • Coreografía distributiva: está marcada por unha división. Mentres que as outras persoas bailan, o principal fai actos pero volve recorrer a eles, pódense dividir entre as persoas por exemplo: a principal danza igual que cinco persoas colocadas atrás, mentres que dúas á beira do principal danzan igual pero diferente aos outros.
  • Coreografía principal: o bailarín vai cara á persoa principal, pero tamén dirixida cara aos bailaríns.
  • Coreografía folclórica: esta é a máis usada entre os pobos rurais na que destacan os bailes ou danzas culturais sementada nun país. Esta úsana máis os países para destacar a cultura entre as persoas e dar conciencia ao pobo e entretelos.
  • Coreografía histórica.
  • Coreografía simétrica.
  • Coreografía asimétrica.
  • Coreografía do espazo parcial.
  • Coreografía individual, moi utilizada en "castings", danza do ventre e striptease, entre outros.

Para facer unha coreografía necesítase facer unha planigrafía, consistente en plasmar os movementos dos artistas nun papel; a planigrafía normalmente faia o coreógrafo, xa que con este material pode dirixir a un grupo grande de persoas no escenario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]