Marisa Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marisa Soto
Nacemento19 de decembro de 1955
 Silleda
Falecemento17 de agosto de 1998
 Lebosende
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactriz
editar datos en Wikidata ]

María Luísa Soto Meijomence, nada en Silleda o 19 de decembro de 1955 e falecida en Lebosende (Leiro) o 17 de agosto de 1998,[1] foi unha actriz galega.

Vida e traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Farmacia, profesión que nunca exerceu, actuou en obras de teatro, sendo habitual nas primeiras montaxes do Centro Dramático Galego; en películas como Divinas palabras de José Luis García Sánchez (1987), Continental de Xavier Villaverde (1989) ou A metade da vida de Raúl Veiga (1993), así como en televisión, colaborando na serie da TVG Pratos combinados e outros programas, dende 1995 ata a súa morte.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes[editar | editar a fonte]

Placa conmemorativa na casa natal.
  • Divinas palabras (1987)
  • Continental (1990)
  • Huidos (1993)
  • A metade da vida (1993)

TV[editar | editar a fonte]

Homenaxes[editar | editar a fonte]

Dende 1997 leva o seu nome un dos premios María Casares: o Premio de Honra Marisa Soto, que concede a xunta directiva da AADTEG, e que recaeu en Agustín Magán, Maruxa Villanueva ou Luís Álvarez Pousa, entre outros, e en institucións como o Padroado de Cultura do Concello de Narón[2].

En Silleda, na súa casa natal, hoxe Casa da Xuventude, ten a súa sede a Escola Municipal de Teatro "Marisa Soto". Dende o ano 2009, este edificio leva o seu nome, pasando a denominarse Casa da Xuventude Marisa Soto[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 18-8-1998, p. 56.
  2. Ficha de Marisa Soto en culturagalega.org
  3. El callejero de Silleda modifica el nombre de 10 rúas y bautiza a otras 6 en Faro de Vigo (26/9/2009) (Consultado o 23/11/2016).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]