Fely Manzano
Fely Manzano | |
---|---|
Nome completo | Felisa Manzano Conde |
Nacemento | 13 de maio de 1942 |
Lugar | Ourense |
Falecemento | 7 de abril de 2017 |
Nacionalidade | Española |
Profesión | Actriz |
Coñecido/a por | Carmen en Pratos combinados |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Felisa Manzano Conde, coñecida artisticamente como Fely Manzano, nada en Ourense o 13 de maio de 1942[1] e finada o 7 de abril de 2017,[2] foi unha actriz galega.[3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Coñecida para o gran público galego polo seu papel na comedia Pratos Combinados da TVG, tiña unha longa experiencia en teatro, ademais de ser actriz de dobraxe e publicidade e ter participado en multitude de curta e longametraxes.
Obra[editar | editar a fonte]
Películas[editar | editar a fonte]
- Urxa (Alfredo García Pinal e Carlos Piñeiro, 1989).
- A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999).
- Divertimento (José García Hernández, 2000).
- Lena (Gonzalo Tapia, 2001).
- O agasallo de Silvia (Dionisio Pérez, 2003).
- La Mari (Jesús Garay, 2003).
- Un franco, 14 pesetas (Carlos Iglesias, 2006).
Curtametraxes[editar | editar a fonte]
- Contar (Manuel Abad, 1994).
- Distrito Picasso (Chema Gagino, 1994).
- Coruña imposible (Paco Rañal, 1995).
- Vídeo doméstico (Chema Gagino, 1995).
- Alzheimer (Álex Sampayo, 2000).
- A mercería (Marise Brostel, 2000).
- As Muxicas (Carlos Alberto Alonso Iglesias, 2002).
- Hermanos (Oskar Bilbao, 2004).
- Rosas (Mikel Fuentes, 2005).
- O reflexo da lembranza (Roberto Rego, 2007).
Televisión[editar | editar a fonte]
Personaxes fixos[editar | editar a fonte]
- Servicio de urxencias (1989)
- Pratos combinados (1995 - 2006; TVG)
- Con perdón (1997; TVG)
- Fíos (2001; TVG)
Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]
- Mareas vivas (1998; TVG)
- El Comisario (2000; Telecinco)
Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]
- Foi merecedora do Premio á mellor actriz no II Festival de Cine e Video de San Telmo (Buenos Aires, Arxentina 2004) pola curtametraxe As Muxicas.
- Estivo nomeada aos premios Mestre Mateo 2007 como mellor actriz secundaria polo seu papel na película Un Franco, 14 pesetas.
- Acadou o Premio á mellor actriz na Facultade de Comunicación de Pontevedra en xuño de 2010 pola interpretación de Carmen na curtametraxe La señora Carmen.
- No 2012 recibiu o premio á Mellor Actriz Protagonista no Nasicae Short Movie Festival (Italia) pola curtametraxe Dulce, de Iván Ruiz Flores[4].
Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2014 | Premio de Honra Fernando Rey | Gañadora |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha na web Mulleres Expertas
- ↑ "Adiós a la actriz Fely Manzano". La Opinión. 8 de abril de 2017.
- ↑ Diario Cultural (10/04/2017). Radio Galega. CRTVG, ed. "Diario Cultural sobre a morte de Fely Manzano" (mp3) (Podcast). Escena en 1m23s ata 15m12s. Consultado o 21 de abril de 2017.
- ↑ Gaspar Rojas, Orisel (28 de outubro de 2011). "Fely Manzano, Premio a Mejor Actriz Protagonista en el Nasicae Short Movie Festival 2012". Interperiodismo. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2013. Consultado o 04 de xullo de 2013.