Pedroso, Rodeiro
Pedroso | |
---|---|
Igrexa de San Xiao de Pedroso. | |
Concello | Rodeiro[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°41′05″N 7°59′52″O / 42.6847651, -7.99769229 |
Poboación | 91 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xiao de Pedroso é unha parroquia que se localiza no occidente do concello de Rodeiro. Segundo o INE en 2010 tiña 113 habitantes (60 mulleres e 53 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 146 habitantes.
Nesta parroquia naceu o aviador Gumersindo Areán Rodríguez
Economía
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia a actividade principal é a gandaría e a agricultura, dela viven case a totalidade dos veciños que están en activo. Existía a tradición da extracción de pedra das súas canteiras. Na actualidade hai cinco canteiras abertas nas que se extrae unha pedra de gran calidade, por formar bloques sen fendas.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Habitada desde a antigüidade, hai restos dun castro e varias mámoas, consérvase unha ponte do século XII sobre o río Arnego, a Ponte de Pedroso. A igrexa parroquial construíuse entre os séculos XII e XIII, con nave e ábsida rectangular.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Pedroso, Rodeiro.
-
Portada setentrional da igrexa de Pedroso.
-
Portada occidental da igrexa de Pedroso.
-
Ponte Pedroso, sobre o río Arnego.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pedroso
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Pedroso no concello de Rodeiro (Pontevedra) | |
---|---|