Saltar ao contido

Pazo de Camba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Camba
San Xoán de Camba Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Localización
 Situado en
Fontes e ligazóns
Redes
Patrimonio Galego: 22683
Wikidata C:Commons

O pazo de Camba, tamén coñecido como casa fortaleza de Camba,[1][2] é unha construción civil situada en San Xoán de Camba (Camba, Rodeiro), a carón da igrexa de San Xoán de Camba.

Características

[editar | editar a fonte]

A súa torre, parte máis antiga, data do século XII. Na Idade Media aparece documentada como fortaleza de Seoane de Camba ou casa forte de Seoane. Inicialmente era un recinto amurallado con torres amenadas e un foxo empedrado, que podía ser mesmo asolagado. Foi parcialmente destruído no século XV durante as revoltas irmandiñas. Nos séculos XVI e XVII transformouse nun pazo. Conserva das trazas da fortaleza as tres naves e parte dunha das torres, que posiblemente fose a de homenaxe. Trátase dunha gran torre de 8 x 8 e un groso de paredes que van de 1,7 a 1,5 metros. Conserva unha xanela de arcos semicirculares coroados por un tornachoiva e parte dos beirís defensivos.

Pertencía ao señorío dos Camba. Os brasóns dos Camba incluían rodas de carro formadas por dúas pezas curvas ou “cambas”, ao igual ca os da familia Rodeiro, coa que estaban emparentados.

No adro da igrexa está o sepulcro de Fernando de Camba, finado en 1510, que participou na guerra de Granada xunto aos Reis Católicos. Segundo a lenda, o sepulcro está roto porque se abriu para comprobar se gardaba unha armadura de ouro. Os brasóns dos Camba incluían rodas de carro formadas por dúas pezas curvas ou “cambas”, ao igual ca os da familia Rodeiro, coa que estaban emparentados.

  1. Casa Fortaleza de Camba na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. Pérez Méndez, Luis Fernando (1998). Historia de la casa-fortaleza de Camba. Alvarellos. ISBN 84-89690-51-0.