Saltar ao contido

O Salto, Rodeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Salto
Igrexa de Santo Estevo do Salto.
ConcelloRodeiro[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°43′13″N 7°54′07″O / 42.72040635, -7.90204996
Poboación137 hab. (2012)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo Estevo do Salto é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2012 tiña 137 habitantes (70 mulleres e 67 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 267 habitantes.

Xunto coa parroquia de Vilela forma o territorio dos antigos prioratos de Oseira. Aínda se poden ver dúas casas monacais no lugar da Granxa.

No lugar de Faílde está a casa familiar de Francisco Javier Vales Faílde.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

En 1948 atopouse no lugar de Casardixo un machado de bronce datado de hai uns 3.200 anos. As medidas son 155 mm x 39 mm (fío) x 15 mm (grosor baixo a asa); o peso é de 300 gr. Ten tres estrías superficiais en cada folla, con tres estrías a cada lado menos profundas. A forma moi curva do fío e o acurtamento da folla abonan a función cortante. As súas proporción son harmónicas e a riqueza decorativa realza a elegancia deste machado. Sorprendeu pola pureza das súas liñas e factura perfecta do machado de dúas asas.

Consérvase unha mámoa megalítica, en Coto dos Mouros.

Da cultura castrexa consérvanse dúas localizacións de poboados castrexos: o de Castro Pequeno e o de Castro Grande.

Xa de época máis recente é a casa reitoral.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares do Salto

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia do Salto no concello de Rodeiro (Pontevedra)

Alemparte | As Antas | Calque | Casardixo | Casares | O Couto | Espasante | Faílde | A Granxa | Quintás

Parroquias de Rodeiro

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Rodeiro

Álceme (Santa María) | Arnego (Santiago) | Camba (San Xoán) | Carboentes (Santo Estevo) | Fafián (Santiago) | Guillar (Santa María) | Negrelos (San Cibrao) | Pedroso (San Xiao) | A Portela (San Cristovo) | Río (Santa María) | Riobó (San Miguel) | Rodeiro (San Vicente) | O Salto (Santo Estevo) | San Cristovo do Az (San Cristovo) | San Martiño de Asperelo (San Martiño) | San Paio de Senra (San Paio) | San Salvador de Camba (San Salvador) | Santa Baia de Camba (Santa Baia) | Santa Mariña de Pescoso (Santa Mariña) | Vilela (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]