Rancho de Reis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ranchos de reis»)
Rancho de Reis
Rancho de Reis de Guláns (ca. 1920)
Orixe culturalGaliza
Zona de conservaciónComarca do Condado
Comarca de Vigo

Un rancho de reis é unha agrupacións musical formada, durante as festas de reis, por cantadores, danzantes e músicos, para percorrer a veciñanza pedindo o aguinaldo[1].

Características[editar | editar a fonte]

A tradición dos ranchos de reis, antigamente máis estendida, consérvase hoxe unicamente en sete lugares[2] das comarcas do Condado e Vigo: Riofrío[3], Guláns[4], Fozara[5], As Cortellas[6], Fornelos[7], Lourido[8] e Salceda de Caselas[9].

Estes grupos festeiros xúntanse os días cinco e seis de xaneiro para solicitar o aguinaldo polas casas cos seus cantos[10] e bailes. Habitualmente era un gaiteiro, xunto a tambor e bombo, o encargado de subministrar a música, porén, tamén os cantadores se valían dos denominados instrumentos humildes, é dicir, calquera dos utensilios propios do fogar ou do traballo.[11]

A diferenza doutras formacións similares, como os bandos, que só cantan, ou as rondallas, que só tocan, os ranchos incorporan danzas de reis[12] ao seu repertorio. Nestas danzas, encadradas entre as chamadas danzas brancas, empréganse arcos, castañolas, paus e fitas e os danzantes van adornados con sombreiros, xoias, colares, plumas, teas de cores, e outra indumentaria rechamante. Nalgúns lugares as danzas dos ranchos acompañan tamén as procesións relixiosas do día de reis.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Camafeita, Olga (2010). "Aguinaldo". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora. 
  2. "Siete ranchos de Reis supervivientes". Faro de Vigo (en castelán). 2020-01-04. Consultado o 2021-11-17. 
  3. Alalá (TVG) (2009). Rancho de Reis de Riofrío. 
  4. Rancho Reis Guláns (Youtube). 2013. 
  5. Concello de Ponteareas (2020). Rancho Fozara Ponteareas (Youtube). 
  6. Arquivos Tradicionais (2018). Rancho de Reis de Cortellas de Padróns (Luar - TVG) (Youtube). 
  7. Danza de reis (Youtube). 2011. 
  8. Danzas de Reis de Lourido (Youtube). 2014. 
  9. Luar (TVG) (2013). Rancho de Reis de Santa María de Salceda de Caselas na TVG (Youtube). 
  10. Camafeita, Olga (2010). "Cantar de reis". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora. 
  11. "Cantos de Nadal, Aninovo e Reis". Blog ACF O Fiadeiro. 2016-12-01. Consultado o 2021-11-23. 
  12. Camafeita, Olga (2010). "Danzas de reis". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora. 
  13. Gómez Macias, Ignacio Portela (2018). "A nosa música. Achegándonos á tradición. O Nadal". Eduga: revista galega do ensino (76). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]