Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil é un organismo de conca intercomunitaria creado polo Real Decreto 266/2008, ao modificar esta norma a Confederación Hidrográfica do Norte e dividila na Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a do Cantábrico, sendo cada unha destas dúas últimas no seu ámbito territorial a sucesora a título universal nos bens, dereitos e obrigacións da Confederación Hidrográfica do Norte.[1]

A Lei de Augas defínea como unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia e distinta do Estado, adscrito a efectos administrativos ao Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño como organismo autónomo con plena autonomía funcional.[2]

Desempeña un importante papel na súa demarcación hidrográfica, dado que encárgase da planificación hidrolóxica, a xestión de recursos e aproveitamentos, a protección do dominio público hidráulico, as concesións de dereitos de uso privativo da auga, o control de calidade da auga, o proxecto e execución de novas infraestruturas hidráulicas, os programas de seguridade de presas ou bancos de datos, entre outras funcións.[3]

Demarcación hidrográfica[editar | editar a fonte]

A súa demarcación hidrográfica comprende as concas dos ríos Miño e Sil e a parte galega da conca do río Limia, que na súa totalidade afecta a unha superficie de 17.717 km² e a unha poboación estimada de 835.000 habitantes de tres comunidades, no seu maior parte de Galicia, pero tamén de Castela e León e Asturias. As principais canles desta demarcación son as dos ríos Avia, Deva, Limia, Arnoia, Bibei, Miño e Sil.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (30-07-2009). "El Organismo" (en español). Arquivado dende o orixinal o 02-07-2011. Consultado o 30-07-2009. 
  2. Leggio. "Real Decreto Legislativo 1/2001" (en español). Consultado o 30-07-2009. 
  3. MMA. "Organismos de Cuenca" (en español). Arquivado dende o orixinal o 30-08-2009. Consultado o 30-07-2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]