Linguas célticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Linguas celtas")

Temas indoeuropeos

Linguas indoeuropeas
Albanés · Anatolio · Armenio
Báltico · Céltico · Dacio · Eslavo
Frixio · Grego · Indoiranio · Itálico
Tracio · Tocario · Xermánico
 
Pobos indoeuropeos
Albaneses · Anatolios · Armenios
Bálticos · Celtas · Eslavos
Gregos · Indoarios · Indoiranios
Iranios · Itálicos · Tracios
Tocarios · Xermanos
 
Protoindoeuropeos
Lingua · Relixión · Sociedade
 
Hipóteses Urheimat
Hipótese anatolia · Hipótese armenia
Hipótese india · Hipótese Kurgan · TCP
 
Estudos indoeuropeos

As linguas célticas son as linguas que descenden do protocéltico, ou "céltico común", unha rama da gran familia lingüística indoeuropea. Durante o primeiro milenio antes de Cristo, faláronse ao longo de toda Europa, dende a baía de Biscaia e o mar do Norte, entre o Rin e o Danubio ata o Mar Negro e a parte alta da península dos Balcáns, e mesmo Asia Menor (Galacia).

Hoxe en día, as linguas célticas ven limitada a súa extensión a algunhas áreas das Illas Británicas, ao leste de Canadá, a Patagonia, algúns grupos nos Estados Unidos e Australia, e na península de Bretaña. Actualmente fálanse en europa seis linguas célticas, dúas delas "recuperadas" despois de desapareceren completamente. Das seis só o gaélico irlandés é oficial en Irlanda. O gaélico escocés e, máis que nada o galés posúen certo status legal e protección. O bretón continental fica desprotexido mentres perde falantes e o córnico e o manés están resurxindo despois de se daren por extintos.

Clasificación das linguas célticas[editar | editar a fonte]

Hai dúas tendencias de clasificación. Unha delas relaciona ao galo co britónico nun nodo Celta P, deixando ao goidélico como Celta Q. A diferenza entre as linguas P e Q é o modo de tratar ao son protocéltico *kw, que se converte en *p nos linguas celtas P e en *k no goidélico. Un exemplo atopámolo na raíz verbal *kwrin- "mercar", que se converte en pryn- no galés e en cren- no irlandés antigo.

A outra tendencia, defendida por exemplo por McCone (1996), relaciona ao goidélico e ao britónico como unha rama céltica insular, mentres que se refire ao galo e ao celtibero como céltico continental. Segundo esta teoría, o cambio de son do celta P ocorreu de xeito independente.

Referíndose só ás linguas célticas modernas, xa que non existe actualmente ningún idioma que descenda do céltico continental, o "celta Q" é equivalente ao "Goidélico" e o "Celta P" é equivalente ao "Britónico".

Celta continental e celta insular[editar | editar a fonte]

Segundo un factor á vez xeográfico (segundo sexan faladas no continente europeo ou nas Illas Británicas) e temporal (segundo se testemuñen na antigüidade ou ata os nosos días), adóitanse dividir as linguas celtas en:

  1. Celta continental.
  2. Celta insular.

Céltico continental[editar | editar a fonte]

As linguas deste grupo falábanse no continente europeo. Todas están hoxe extintas. O grupo comprendía:

Céltico insular[editar | editar a fonte]

As Nacións celtas que aínda conservan a súa lingua.

As linguas deste grupo proveñen todas de Gran Bretaña e de Irlanda. A este grupo pertencen todas as linguas celtas modernas.

Distínguense dous subgrupos:

Grupo gaélico (ou goidélico)[editar | editar a fonte]
Grupo britónico[editar | editar a fonte]

Celta P e celta Q[editar | editar a fonte]

O anterior esquema so é unha das posibilidades taxonómicas que existen. A división das linguas célticas modernas en dúas categorías, gaélico et britónico, é segura. Pero un grupo de celticistas defende unha hipótese segundo a que o britónico e o galo constituirían un grupo aparte (as linguas célticas P), deixando o celtibérico e o gaélico nun grupo céltico Q. Esta clasificación baséase esencialmente no tratamento do *kw herdado do indoeuropeo: en celta P este fonema convértese en /p/, mentres que en celta Q fica / kw/, con posterior perda do elemento labial, en irlandés. Pódese ilustrar esta diferenza mediante as palabras para «cabeza»: penn en bretón, ceann en irlandés (onde c nota /k/).

Os opostos á hipótese do céltico insular responden que a evolución do kw en /p/ é bastante superficial e non impediría en todo caso a intercomprensión. Consideran como máis profundas as particularidades do céltico insular: as preposicións flexionadas, as mutacións consonánticas ou mesmo a orde sintáctica VSO (ver máis abaixo).

Segundo a hipótese Celta P/ Celta Q, a familia organizaríase así:

A teoría italo-céltica[editar | editar a fonte]

Outrora chegáronse a clasificar as linguas célticas coas linguas itálicas nunha familia chamada italo-céltica por razóns de proximidade lingüística diversas (utilización de desinencias pronominais nas flexións nominais temáticas, por exemplo). Esta taxonomía está hoxe en desuso. Só se trata de coincidencias ou de efectos de interferencia lingüística.

Particularidades das linguas célticas modernas[editar | editar a fonte]

As 7 nacións celtas.

Malia existir unha diversidade considerábel dentro das linguas célticas, nótanse moitos trazos comúns que as distinguen das linguas veciñas:

Por exemplo:

Ná bac le mac an bhacaigh is ní bhacfaidh mac an bhacaigh leat (esta frase en irlandés é tamén un trabalinguas).

Literalmente: non molestes con fillo o mendigo e non molestará o mendigo contigo.

Tradución: «Non molestes o fillo do mendigo e o fillo do mendigo non te atacará.»

Notas:

  • bhacaigh /waki/ (xenitivo de bacach) é o resultado da lenición de bacaigh.
  • leat é a segunda persoa en singular da preposición le.
  • remarcar a orde VSO da segunda parte da frase, coas partículas negativas e .
Pedwar ar bymtheg ar bedwar hugain (galés).

Literalmente: catro sobre quince sobre catro vintes.

Tradución: «noventa e nove».

Notas:

  • remarcar o sistema vixesimal;
  • bymtheg é a forma con lenición de pymtheg, como bedwar de pedwar.

As linguas célticas hoxe[editar | editar a fonte]

Entre as linguas célticas faladas hoxe, e tras o recoñecemento en xullo de 2002 do córnico como lingua minoritaria polas autoridades do Reino Unido, a lingua bretoa, falada en Francia por 300.000 falantes, é a única lingua céltica que queda sen estatuto oficial na súa zona cultural.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Prósper, B. M. (2002). Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la península ibérica. Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 422–427. ISBN 84-7800-818-7. 
  2. Villar F., B. M. Prósper. (2005). Vascos, Celtas e Indoeuropeos: genes y lenguas. Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 333–350. ISBN 84-7800-530-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • R. Gray e Q. Atkinson, «Language-tree divergence times support the Anatolian theory of Indo-European origin », na revista Nature do 27 de novembro de 2003.
  • J. Markale, «La femme celte», Petite Bibliothèque Payot, Paris, 1989.
  • D. B. Gregor, «Celtic, a comparative study», The Oleander Press, Cambridge, 1980.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Linguas célticas modernas
Chwe Chenedl Geltaidd syml.png
Celtas
Britónico
(Celta P)
Goidélico
(Celta Q)
Flag of Brittany (Gwenn ha du).svg
Flag of Cornwall.svg
Flag of Wales 2.svg
Flag of Ireland.svg
Flag of the Isle of Mann.svg
Flag of Scotland.svg
Bretón · Córnico · Galés | Irlandés · Manx · Gaélico escocés
Ccross.png
Ver tamén: Lingüística · Celtas · Países celtas