Río Chamoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chamoso
Río Chamoso 20XI2015 03.JPG
Río Chamoso nas proximidades da ponte da Foz, preto da desembocadura no río Miño, entre os concellos de Lugo e O Corgo.
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoXunta dos regos da Esbaradoira e do Lameirón, preto do Vitureiro.[1][2]
Altitude618 m [1]
Lonxitude31,82 km [1]
DesembocaduraRío Miño [1]
Altitude desembocadura356 m [1]
Cadea fluvialRío Chamoso,
Río Miño
Hidrogalicia rio minno.svg
Conca do río Miño no territorio galego

O río Chamoso é un afluente do Miño que percorre os concellos de Castroverde, O Corgo e Lugo.

Curso[editar | editar a fonte]

Nace na xunta dos regos da Esbaradoira e do Lameirón, as súas cabeceiras, preto do Vitureiro, na parroquia de Montecubeiro, en Castroverde [1][2]. No curso alto recibe tamén outros nomes, como río Recesende [1], rego da Valiña [3], rego do Outeiro [1][2][3] e río de San Miguel [1]. Recibe ó río Romeán pola marxe dereita a altura da ponte de Galiñeiros, en Arxemil. En Abuín acondicionouse unha praia fluvial con merendoiros, ó pé da A-6 [1]. Recibe ó rego de Carballido pola marxe dereita fronte ó muíño da Herdeira, na parroquia de Laxosa, e durante varios quilómetros serve de límite entre os concellos do Corgo e de Lugo [1]. Desemboca no Miño pola súa marxe esquerda, ó pasar a ponte da Foz [1].

Afluentes[editar | editar a fonte]

Afluentes do Río Chamoso por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Rego da Esbaradoira:[1] cabeceira pola marxe dereita.
  2. Rego do Lameirón:[1] cabeceira pola marxe esquerda.
  3. Rego de Pereiroá:[1] desemboca preto de Pereiroá (Castroverde) pola marxe esquerda.
  4. Rego de Rodinso:[1] desemboca ó pé do Castelo de Castroverde, fronte a Bolaño (Castroverde), pola marxe esquerda.
  5. Rego de Xubil:[1] desemboca en Bolaño (Castroverde), pola marxe dereita.
  6. Rego de Outeiro:[1] desemboca en Outeiro (Castroverde), pola marxe esquerda.
  7. Rego de Anguieiro:[1] desemboca preto de Gracián (Castroverde), pola marxe dereita.
  8. Rego de Caxín:[1] desemboca preto de Queizán de Abaixo (O Corgo), pola marxe esquerda.
  9. Rego da Moa:[1] desemboca preto das Aceñas (O Corgo), pola marxe esquerda.
  10. Río Romeán:[1] desemboca na ponte de Galiñeiros, en Arxemil (O Corgo), pola marxe dereita, a 13,15 km do Miño [1].
  11. Rego dos Rofideiros:[1] desemboca na praia fluvial, en Abuín (O Corgo), pola marxe esquerda.
  12. Rego do Carballido:[1] desemboca fronte ó muíño da Herdeira, na parroquia de Laxosa (O Corgo), pola marxe dereita.
  13. Regueiro de Paradela:[1] desemboca en Paradela (O Corgo), pola marxe esquerda, a 7,76 km do Miño [1].
  14. Rego de San Fiz:[1] desemboca preto de San Fiz (O Corgo), pola marxe esquerda.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 Instituto Geográfico Nacional de España. "GoolZoom - Cartografía Raster" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 6/04/2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Dirección Xeral do Catastro. "GoolZoom - Catastro color" (Mapa). Cartografía Catastral da Dirección Xeral do Catastro (WMS da Cartografía Catastral ed.) (en castelán). Consultado o 6/04/2016. 
  3. 3,0 3,1 Instituto Geográfico Nacional de España (1951). "GoolZoom - Topográfico MTN50" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de la primera edición del MTN50 del IGN ed.). 1:50.000. MTN50 (en castelán). Consultado o 6/04/2016.