Ponte Vella Internacional Tui-Valença

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°02′10″N 8°38′48″O / 42.03611, -8.64667

Ponte Vella Internacional Tui-Valença
Puente internacional.jpg
Río Miño
Concello Tui - Valença
Provincia Pontevedra -
Distrito de Viana do Castelo
Construción 10 de outubro de 1884
Lonxitude 399 m
Ancho
Gálibo 22,70 m
Tipo
Material aceiro e pedra

A ponte Vella Internacional Tui-Valença, situada sobre o río Miño, entre Galicia (España) e Portugal, está destinada ó tránsito de peóns, vehículos (orixinalmente carruaxes) e do ferrocarril.

Historia[editar | editar a fonte]

É falsa a lenda de que é obra de Eiffel ou un dos seus discípulos.[1] Foi deseñada polo enxeñeiro e deputado rioxano Pelayo Mancebo y Agreda,[2] e inaugurada oficialmente o 25 de marzo de 1886, case ano e medio despois da súa finalización. Custou seis millóns de reais.

Durante máis de cen anos soportou moito tráfico por ser a única ponte para salvar o Miño, que percorre toda a fronteira entre a provincia de Pontevedra e Portugal. Aliviou moito o tránsito a construción das pontes internacionais de Salvaterra-Monção quince quilómetros e medio río arriba, Goián-Vila Nova de Cerveira catorce quilómetros río abaixo, e, por riba de todas, a nova ponte Tui-Valença (1993) da autovía, 670 metros río abaixo.

Durante séculos, os peregrinos procedentes de Portugal accedían a Tui cruzando o río en barcas. A partir de 1884 a ponte pasou a formar parte do Camiño portugués do Camiño de Santiago.

A finais do ano 2000 foi renovada e mellorada. Por ela transitan catro trens diariamente e segue a ser a única conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Ponte Vella Internacional Tui - Valença
Ponte Vella Internacional Tui - Valença visto desde a Fortaleza de Valença

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]