Saltar ao contido

Río Parga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Parga
Imaxe
Ponte de Santo Alberte, en San Breixo de Parga.
Tiporío
curso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaprovincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaprovincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Ladra Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°09′33″N 7°42′43″O / 43.1592, -7.7119
Afluentes
Conca hidrográficaconca do Miño Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude548 m Editar o valor en Wikidata

O río Parga é un curso fluvial da Terra Chá. Nos terreos cuaternarios de Begonte, preto da aldea de Insua, desemboca no río Ladra, á súa vez afluente do río Miño.

Atravesa as parroquias de Rocha, Roimil, Carlín, Bra e Seixón (Friol), Mariz, Santa Locaia, Santo Estevo e San Breixo de Parga e Roca (Guitiriz), e Baamonde, Bóveda e San Martiño de Pacios (Begonte).[1]

O Parga posúe diversas fontes, que veñen de drenar a vertente nororiental da Serra da Cova da Serpe e do Cordal de Montouto, ademais de recoller as augas do Cordal de Ousá.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Parga podería ter orixe na forma prelatina *Parrika, referida a un curso fluvial con abundancia de troitas ou salmóns, ou quizais na voz *parrik-, referida a un curral, que deu na actual voz parga.[2] Á súa vez, o río deulle nome ás parroquias de Parga, San Breixo de Parga, San Salvador de Parga, Santa Cruz de Parga, Santa Locaia de Parga e Trasparga, parroquias do concello de Guitiriz, así como ao lugar da Pobra de Parga.

Xunta dos ríos Parga e Ladra.

A súa cabeceira xorde da confluencia dos regatos Carral, A Fábrica e Fraga, preto da parroquia de Nodar (Friol), que descenden do Cordal de Vilarelle, formando un curso estable que comeza o seu percorrido por terras de Parga e Guitiriz. É neste último concello onde se lles une un dos seus afluentes principais, o río Boedo, cuxos nacentes recollen as augas do Cordal de Montouto, coa axuda dos seus numerosos afluentes. Máis adiante, preto xa de Baamonde, recibe pola súa esquerda ó Roca ou Requeixo.

Outros afluentes pola esquerda son os de Porta da Veiga, Portocando, Ponte Saltillo, Portoscarros, Ladroil, Blanqueño e Vilaflores; e pola dereita son o Lavandeira, Portaxesta, Portafontao, Sambreixo, Medo e Ameneiro.

Ao seu paso pola localidade de Baamonde, encóntrase unha praia fluvial ao lado dun muíño e unha presa que fai de piscina natural para os bañistas.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Cabeceiras do río Parga:

  1. Rego da Fábrica[1] (desemboca en Santo Estevo pola marxe esquerda).
  2. Rego da Fraga[1] (desemboca en Santo Estevo pola marxe dereita).

Afluentes do río Parga por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Rego de Roimil[1] (desemboca en Roimil pola marxe dereita).
  2. Río do Porto[1] (desemboca fronte a Bra pola marxe dereita).
  3. Rego da Besta[1] (desemboca preto de Piñeiro pola marxe dereita).
  4. Rego da Ponte da Veiga[1] (desemboca preto de Piñeiro pola marxe esquerda).
  5. Rego da Ponte do Río[1] (desemboca preto do Curral da Fonte pola marxe esquerda).
  6. Rego da Ponte Saltiño[1] (desemboca preto da Pontella pola marxe esquerda).
  7. Rego de Portoscarros[1] (desemboca preto de Portoscarros pola marxe esquerda).
  8. Río Saa[1] (desemboca en Saa pola marxe dereita).
  9. Rego de Portaxestas[1] (desemboca preto de Saa pola marxe dereita).
  10. Río Ladroil[1] (desemboca fronte a Ferreira pola marxe esquerda).
  11. Regato do Porto[1] (desemboca na Pobra de Parga pola marxe esquerda).
  12. Rego de Portofontao[1] (desemboca preto da Ponte pola marxe dereita).
  13. Rego de Blanqueno[1] (desemboca entre a Pobra de Parga e Prado pola marxe esquerda).
  14. Rego de Toar[1] (desemboca fronte a Prado pola marxe dereita).
  15. Río do Requeixo[1] (desemboca en Alto de Roca pola marxe esquerda).
  16. Rego da Viña[1] (desemboca preto do Rego da Viña pola marxe dereita).
  17. Regueiro de Roca[1] (desemboca preto de Alto de Roca pola marxe esquerda).
  18. Rego Valbón[1] (desemboca en Santo Alberto pola marxe dereita).
  19. Rego do Penedo da Perdiz[Cómpre referencia] (desemboca preto de Santo Alberto pola marxe esquerda).
  20. Rego da Serra Gorda[Cómpre referencia] (desemboca preto de Santo Alberto pola marxe dereita).
  21. Rego do Penedo dos Torreiros[Cómpre referencia] (desemboca preto de Begonte pola marxe esquerda).
  22. Rego de Riocovo[Cómpre referencia] (desemboca en Begonte pola marxe esquerda).
  23. Rego de Vilaflores[1] (desemboca en Baamonde pola marxe esquerda).
  24. Rego de Porto Landeira[1] (desemboca en Vilariño pola marxe dereita).
  25. Rego de Rega[1] (desemboca en Vilasuso pola marxe esquerda).
  26. Rego de Bocacarreira[Cómpre referencia] (desemboca preto de Bocacarreira pola marxe dereita).
  27. Rego de Terrío[1] (desemboca preto de Insua pola marxe dereita).
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 Instituto Geográfico Nacional de España. "Iberpix. Buscar Santo Estevo (entidad singular) en Friol" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 15/09/2017.
  2. Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 64. ISBN 978-84-947823-2-9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]