Valença, Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Valença do Minho")

Coordenadas: 42°1′33″N 8°37′58″O / 42.02583, -8.63278

Valença, Portugal
Pt-vlc1.png
VLC.png
Valença Portugal 060411 67.jpg
Situación
LocalValenca.svg
País Flag of Portugal.svg Portugal
Rexión Norte
Subrexión Miño-Lima
Distrito Viana do Castelo
Xeografía
Altitude 116 msnm
Superficie 117,43 km²
Demografía
Poboación 14.127 hab. (2011)
Densidade 121,73 hab/km²
Outros datos
Código postal 1000 a 1900 Lisboa
Alcalde José Rodrigues
www.cm-valenca.pt

Valença, tamén coñecida como Valença do Minho, é unha cidade portuguesa do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima, con máis 14.000 habitantes.

Murallas da parte vella.

O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.295 habitantes (2009), subdividido en dezaseis freguesias. Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.

Historia[editar | editar a fonte]

Valença ten orixes moi remotas. A súa ocupación remonta a épocas moi recuadas: os gravados rupestres que se poden observar en determinados lugares de certas freguesias son proba irrefutábel dunha ocupación afastada no tempo. As Inquirições de D. Afonso III tamén fan alusión a edificacións do tipo dolménico no concello de Valença.[1]

Procendentes das máis variadas orixes, indo-europeas, mediterráneas e africanas, foron acudindo á rexión varios pobos atraídos pola abundancia de caza e da pesca, pola fertilidade do solo, pelas serras acantiladas permitindo a defensa contra as doutras trubus como os ligures, os gróvios e os celtas.

Un marco moi importante para a historia de Valença foi o paso de Décimo Xunio Bruto Galaico, no 137 a.C. que, após cruzar o Río Limia, conduciu as súas tropas até o Río Miño, tendo acampado na freguesia de Gandra. No tempo do Emperador Augusto comezaronse a definir pequenas fortalezas nos Castri. Era este o caso do castellum de Valença, sitúado sobre o Río Miño.

Aos romanos os sucederon os Suevos que penetraron na Galiza pola bacia do Douro, a mediados do século V. O mesmo aconteceu cos Godos: o famoso Witiza estableceu a súa residencia real na cidade de Tui, tendo as ruínas de ese pazo perdurado até o século XVIII. Na rexión valenciana son moi frecuentes os topónimos de orixe xermánica, que deriban destes tempos.

A primeira invasión árabe data do ano 716, Abd al-Aziz ibn Musa entra na Lusitania cun numeroso exército, tomando Porto, Braga e Tui, que apenas foi libertada no ano 736 polo Rei Afonso I. O ano 997 trouxo as peores consecuencias para a Galiza e a Rexión de Miño, cando Almanzor, no seu camiño a Santiago de Compostela, destruíu todo ao seu paso, incluín do o Mosteiro de Ganfei.

Foi elevada ao título de cidade o 12 de xuño de 2009.[2]

Demografía[editar | editar a fonte]

A evolución demográfica entre 1801 a 2011:[3]

Evolución demográfica
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2004 2009
9.242 13.984 15.265 16.034 16.237 13.948 14.815 14.187 14.284 14.295

Freguesías[editar | editar a fonte]

Mapa das freguesias de Valença.

As freguesías de Valença son:

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Monumentos[editar | editar a fonte]

Espazos naturais[editar | editar a fonte]

O concello de Valença ten 13 espazos naturais:[4]

Museos[editar | editar a fonte]

En Valença existe unha Rede Museolóxica, creada para promocionar o patrimonio, proporcionando cultura en todas as súas vertentes.[5]

Na actualidade, o concello de Valença ten cinco museos:

  • Museo do Bombeiro
  • Núcleo Museolóxico Municipal
  • Núcleo Museolóxico Ferroviário
  • Colección Visitábel de Pesos e Medidas
  • Núcleo Museolóxico Rural de Taião

Enoturismo[editar | editar a fonte]

Valença conta cunha rede de enoturismo que consta de tres adegas: Adega Edmun do Val, Adega Rolan e Adega J Barbosa e Herdeiros, nos que os turistas poden hospedarse, facer catas e gozar da paisaxe vitivinícola.[6]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Historia de Valença". Consultado o 1 de agosto de 2015. 
  2. Público. "Portugal tem cinco novas cidades e 22 vilas". Consultado o 2009-6-12. 
  3. "Census de 1991, 2001 e Território em números de 2004". 
  4. "Turismo - Espaços Naturais". Consultado o 1 de agosto de 2015. 
  5. "Museus de Valença". Consultado o 1 de agosto de 2015. 
  6. "Enoturismo en Valença". Consultado o 1 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]