Río Pequeno, río Miño
O río Pequeno é un afluente do Miño pola dereita, no seu curso alto, na provincia de Lugo.
Percorrido[editar | editar a fonte]
O Pequeno nace no Cordal de Neda, a 700 msnm, no concello da Pastoriza, e percorre a chaira luguesa, atravesando os concellos de Castro de Rei e Cospeito, para despois duns 19 km, render as súas augas, na marxe dereita do Miño, a altura da freguesía de Bazar, de novo no municipio de Castro de Rei.
Afluentes[editar | editar a fonte]
Os seus afluentes son todos pola esquerda, e de curta entidade, como os regos da Fraga e o rego de Vilar.
![]() |
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
![]() |
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |