Río Deva, Paradanta
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | provincia de Pontevedra, España | |||
| Final | ||||
| División administrativa | Galicia, España | |||
| Localización | río Miño | |||
| ||||
| Conca hidrográfica | conca do Miño | |||
| Características | ||||
| Dimensións | 21 ( | |||
| Medicións | ||||
| Caudal | 3,7 m³/s | |||
O río Deva é un curso fluvial da provincia de Pontevedra, afluente do Miño pola súa marxe dereita.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Deva nace a 800 m de altitude no sitio denominado Teso de Deva, marcando unha dirección de curso N-S. Percorre un total de 21 km, antes verter as súas augas no Miño. A súa conca ten uns 92,3 km². O caudal medio é de 3,70 m³/s.
Réxime hídrico
[editar | editar a fonte]É un río de réxime pluvial, pois a pluviosidade media da súa conca calcúlase en 1.608 mm anuais.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O seu nome ten orixe céltica, e está formado pola raíz indoeuropea dei- 'brillar', a mesma que deu orixe en latín a dies (galego día). O significado orixinario tanto pode facer referencia ao brillo das súas augas como á súa condición divina.[1] O nome repítese en Galiza mesmo, no río Deva da Terra de Celanova. Hai outro Deva en Cantabria. Na Galia o antigo Devona ou o británico Devon.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Deva". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
