Hockey Valdagno
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
| A.S.D. Hockey Marzotto Valdagno | |
|---|---|
| Cidade | Valdagno, |
| Historia | 1938 |
| Fundado | 1938 |
| Pavillón | Palalido di Valdagno (1.500) |
| Presidente | Dino Dario Repele |
| Adestrador | Jorge Valverde |
| Competición | Serie A1 |
| Títulos | |
| Scudetti | 1 (2010) |
| Supercopa de Italia | 2 (2010, 2011) |
| Cores | Azul e branco |
| Na rede | |
| http://www.hockeyvaldagno.it | |
A Associazione Hockey Marzotto Valdagno, máis coñecido coma Hockey Valdagno, é un club de hóckey a patíns da cidade italiana de Valdagno, na provincia de Vicenza, que actualmente compite na Liga italiana Serie A.
O nome Marzotto deriva do seu patrocinador histórico: a fábrica téxtil Marzotto, con sede en Valdagno.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado no 1938 e inicialmente recibía o nome de CRAL Marzotto, mais logo adoptará a denominación actual: Associazione Hockey Marzotto Valdagno.
A actividade deportiva do club interromperase durante os anos da segunda guerra mundial, na que Italia se veríoa afectada. Ao finalizar a Guerra o equipo volverá á súa actividade e volverá ás competicións no ano 1946.
Ao finalizar a tempada 2007-08, acada o seu mellor resultado histórico co subcampionato da Copa CERS e o cuarto posto no Campionato do Mundo de Clubs e o quinto posto na Liga italiana Serie A. Xa na tempada 1961-62 acadou o terceiro posto da Serie A, e na 1997-98 acadou o seu único título relevante, a Copa da Liga
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 Supercopa de Italia (2010-11)
- 1 Liga de Italia (2009-10)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
