Persoas supercentenarias e centenarias galegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coñécense coa expresión persoa supercentenarias os individuos da especie humana que superan os 110 anos de vida. En Galicia existen rexistros de case dúas ducias de persoas que superaron os 110 anos, das que case todas foron mulleres. En Galicia, ser unha persoa supercentenaria a principios do século XXI supón superar en case trinta de anos a esperanza de vida. Chámaselle persoa semisupercentenaria a que fai os 105 anos de vida[1].

A galega máis anciá da historia foi Carmela Figueiró, que chegou aos 113 anos e 209 días. Entre homes só dous, Alejandro Rivera e Luís Torras, chegaron (que se saiba) a superar a barreira dos 110 anos.[2]

Listaxe de persoas galegas supercentenarias[editar | editar a fonte]

Aquí están recollidas 18 persoas galegas das que se sabe que chegaron a ser supercentenarias. Esta lista pode non estar completa.

Orde Nome Sexo Data de nacemento Data de falecemento Idade Concello de nacemento
1 Carmela Figueiró[1] M 28 de outubro de 1883 25 de maio de 1997 113 anos e 209 días Nigrán
2 Avelina Mouzo Leis[3] M 24 de decembro de 1904 28 de decembro de 2017 113 anos e 4 días Vimianzo
3 Roberta Blanco M 29 de abril de 1908[4] 22 de abril de 2020 111 anos e 359 días Bergondo
3 María Alonso Gayoso M 14 de xullo de 1882 26 de abril de 1994 111 anos e 286 días Castrelo do Val
4 Lulú Vázquez M 29 de marzo de 1910 24 de decembro de 2021 111 anos e 270 días Pontevedra
5 Josefa Álvarez Rodríguez M 16 de febreiro de 1906 18 de setembro de 2017 111 anos e 214 días Ramirás
6 Alejandro Rivera Santalla H 28 de agosto de 1888 22 de novembro de 1999 111 anos e 86 días Ourense
7 Celestina Penabad M 2 de agosto de 1907[5] 13 de setembro de 2018 111 anos e 42 días Muras
8 Francisca Barracel M 18 de xuño de 1902 18 de xullo de 2013 111 anos e 30 días Allariz
9 Luis Torras H 26 de decembro de 1912 14 de xaneiro de 2014 111 anos e 16 días Vigo
10 Josefina Villaverde M 19 de novembro de 1909[6] 8 de novembro de 2020 110 anos e 355 días Cuntis
11 María Nouche M 18 de setembro de 1911 23 de agosto de 2022[7] 110 anos e 339 días Poulo (Ordes)
12 Elisa de Iglesia Alonso M 28 de xuño de 1895 28 de marzo de 2006 110 anos e 273 días Redondela
13 Ramona Costoyas M 10 de agosto de 1909 4 de abril de 2020 110 anos e 238 días Silleda
14 Concepción Pichel M 11 de maio de 1908[8] 28 de novembro de 2018 110 anos e 201 días Lalín
15 Rosa Martínez Casais M 3 de maio de 1900 30 de outubro de 2010 110 anos e 180 días A Merca
16 Pilar Fernández Sobradelo M 22 de febreiro de 1898 21 de xuño de 2008 110 anos e 119 días Rianxo
17 Juana Rodriguez Matías[1] M 8 de agosto de 1886 1 de decembro de 1996 110 anos e 115 días Chandrexa de Queixa
18 Aurora Lombán M 26 de abril de 1897 25 de xuño de 2007 110 anos e 60 días Mondoñedo
19 Consolación Paz M 28 de decembro de 1913 110 anos e 23 días Cambre
20 María Marcote M 28 de setembro de 1901 4 de outubro de 2011 110 anos e 6 días Fisterra

A persoa máis vella de Galicia[editar | editar a fonte]

Aparecen listadas aquí as persoas que ostentaron o título de seren as máis vellas de Galicia. A maior parte delas foron mulleres. En moitos casos é complexo delimitar se houbo persoas que ocuparon esa posición, ao non haber fontes que sinalen o "comezo do reinado". Neses casos queda o campo en branco.

Nome Sexo Desde Ata Idade ao morrer Concello de nacemento
Consolación Paz[9] M 14 de xaneiro de 2024 110 anos e 91 días Cambre
Luis Torras[10] H 23 de agosto de 2022 14 de xaneiro de 2024 111 anos e 16 días Vigo
María Nouche[11] M 24 de decembro de 2021 23 de agosto de 2022 110 anos e 339 días Ordes
Lulú Vázquez M 7 de novembro de 2020 24 de decembro de 2021 111 anos e 270 días Pontevedra
Josefina Villaverde M 22 de abril de 2020 7 de novembro de 2020 110 anos e 354 días Cuntis
Roberta Blanco M 28 de novembro de 2018 22 de abril de 2020 111 anos e 359 días Bergondo
Concepción Pichel M 13 de setembro de 2018 28 de novembro de 2018 110 anos e 201 días Lalín
Celestina Penabad M 28 de decembro de 2017 13 de setembro de 2018 111 anos e 42 días Muras
Avelina Mouzo M 18 de xullo de 2013 28 de decembro de 2017 113 anos e 004 días Vimianzo
Francisca Barracel M 4 de outubro de 2011 18 de xullo de 2013 111 anos e 030 días Allariz
María Marcote M 30 de outubro de 2010 4 de outubro de 2011 110 anos e 006 días Fisterra
Rosa Martínez Casais M 25 de decembro de 2009 30 de outubro de 2010 110 anos e 180 días A Merca
Purificación Barcón de Azcárraga M 25 de decembro de 2009 109 anos e 238 días Neda
Manuela Fernández López M 1 de outubro de 2009 109 anos e 223 días O Corgo
Pilar Fernández Sobradelo M 23 de marzo de 2008 21 de xuño de 2008 110 anos e 119 días Rianxo
María Fernández M 28 de marzo de 2006 23 de marzo de 2008 111 anos e 221 días Ourense
Elisa de Iglesia Alonso M 28 de marzo de 2006 110 anos e 273 días Redondela
Rosario Fernández Vara M 7 de xaneiro de 2004 109 anos e 096 días Muros
Ramona Taboada López M 27 de marzo de 2002 109 anos e 158 días Boimorto
Alejandro Rivera Santalla H 22 de novembro de 1999 111 anos e 086 días Ourense
Carmela Figueiró M 26 de abril de 1994 25 de maio de 1997 113 anos e 209 días Nigrán
María Alonso Gayoso M 26 de abril de 1994 111 anos e 286 días Castrelo do Val
Paulina García García-Lozano M 18 de abril de 1987 108 anos e 319 días Pontecesures

A muller máis vella de Galicia[editar | editar a fonte]

Durante as dúas primeiras décadas o século XXI a muller máis vella de Galicia foi asemade a persoa máis vella. Adoito estas mulleres chegaron a ser supercentenarias, é dicir, chegaron a superar os 110 anos de vida.

  1. Consolación Paz Precedo. Desde o 16 de outubro de 2023.
  2. María Nouche. Desde o 24 de decembro de 2021 ata o 23 de agosto de 2022
  3. Lulú Vázquez. Desde o 7 de novembro de 2020 ata o 24 de decembro de 2021.
  4. Josefina Villaverde. Desde o 22 de abril de 2020 ata o 7 de novembro de 2020.
  5. Roberta Blanco. Desde o 28 de novembro de 2018 ata o 22 de abril de 2020.
  6. Concepción Pichel. Desde o 13 de setembro de 2018 ata o 28 de novembro de 2018.
  7. Celestina Penabad. Desde o 28 de decembro de 2017 ata o 13 de setembro de 2018.
  8. Avelina Mouzo. Desde o 18 de xullo de 2013 ata o 28 de decembro de 2017.
  9. Francisca Barracel. Desde o 4 de outubro de 2011 ata o 18 de xullo de 2013.
  10. María Marcote. Desde o 30 de outubro de 2010 ata o 4 de outubro de 2011.
  11. Rosa Martínez Casais. Desde o 25 de decembro de 2009 ata o 30 de outubro de 2010.
  12. Pilar Fernández Sobradelo. Do 23 de marzo de 2008 ao 21 de xuño de 2008.
  13. Aurora Lombán. De 28 de marzo de 2006 ao 27 de xuño de 2007, se só contamos as mulleres que vivían en Galicia.
  14. María Fernández. Do 28 de marzo de 2006 ao 23 de marzo de 2008 (vivía nos Estados Unidos).
  15. Elisa de la Iglesia Alonso. Ata o 28 de marzo de 2006.
  16. Rosario Fernández Vara. Ata o 7 de xaneiro de 2004.
  17. Ramona Taboada López. Ata o 27 de marzo de 2002.
  18. Carmela Figueiró. Do 26 de abril de 1994 ata o 25 de maio de 1997.
  19. María Alonso Gayoso. Ata o 26 de abril de 1994.
  20. Paulina García García-Lozano. Ata o 18 de abril de 1987.

O home máis vello de Galicia[editar | editar a fonte]

A continuación lístanse unha serie de centenarios, todos eles homes, que ocuparon o posto de seren os varóns máis vellos de Galicia mais non chegaron á categoría de supercentenarios.

  1. Luis Torras. Desde o 18 de outubro de 2019 ata o 14 de xaneiro de 2024. Luis Torras é pintor e naceu en Vigo o 29 de decembro de 1912. Foi o primeiro varón en ser a persoa máis vella de Galicia en máis de vinte anos.
  2. José Prieto. Desde o 27 de agosto ata o 18 de outubro de 2019. José Prieto Corral nacera o 31 de decembro de 1910 no Caneiro (As Pontes), e finou nunha residencia da Zapateira (Culleredo) o 18 de outubro de 2019. Foi labrego e albanel.
  3. Francisco Lestegás. Desde o 30 de xullo de 2016 ao 27 de agosto de 2019. Francisco Lestegás Eiras, coñecido como Paco ou Pancho do Relámpago, nado en Marzán (Foz) o 30 de novembro de 1910 e finado no mesmo lugar o 27 de agosto de 2019, foi un mariñeiro galego. Estivo enrolado nun barco chamado Relámpago, de onde lle veu o alcume.[12][13]
  4. Antonio Santiso, de febreiro de 2015 ao 30 de xullo de 2016. Antonio Santiso Nóvoa, nado en San Vicente de Castillón (Pantón) o 18 de xullo de 1908 e finado no Saviñao o 30 de xullo de 2016, foi un labrego.[14]
  5. Evaristo Fernández, de maio de 2014 a febreiro de 2015. Evaristo Fernández García, nado en Trabada o 31 de outubro de 1907 e finado na súa casa da Ría de Abres (Trabada) o 17 de febreiro de 2015, foi un alcalde de barrio até pasados os 100 anos, cargo que mantivo de xeito honorífico.[15][16][17].
  6. Antonio Arenosa, de xuño de 2013 ata maio de 2014. Antonio Arenosa Rodríguez, nado en Vigo o 20 de novembro de 1906 e finado en Ponteareas o 9 de maio de 2014, foi un galego que durante varios anos foi o varón máis vello de Galicia[18][19].
  7. Jesús González, de marzo de 2012 ata xuño de 2013. Jesús González González, nado en Pedrafita do Cebreiro o 18 de decembro de 1905 e finado na mesma localidade o 26 de xuño de 2013, foi un labrego galego que viviu toda a súa vida nesta localidade[20].
  8. Luis Nadal, ata o 25 de marzo de 2012. Luis Nadal Pagés, nado en Palamós en xullo de 1905 e finado na Zapateira (na parte pertencente a Culleredo) o 25 de marzo de 2012, foi un empresario e enxeñeiro, que traballara como director dunha fábrica de cemento e nunhas minas de volframio. En 2001 trasladárase a vivir á Coruña e logo a unha residencia a Culleredo.
  9. Francisco Dans, ata o 22 de decembro de 2010. Francisco Dans Losada, nado na Coruña o 29 de setembro de 1902, finou en Madrid o 22 de decembro de 2010.
  10. Antonio García, ata o 12 de febreiro de 2008. Antonio García Espiño, nado en Piñeiro (Silleda) o 1 de xuño de 1900 e finado na mesma localidade o 12 de febreiro de 2008, foi un labrego galego.[21][22]
  11. Atilano Rivas, ata o 2 de xaneiro de 2007. Atilano Rivas Iglesias, nado o 18 de xaneiro de 1897 no Rego do Cal (Abadín), e finado o 2 de xaneiro de 2007 na mesma localidade.

Persoas semisupercentenarias e centenarias[editar | editar a fonte]

Hai un número moito maior de persoas en Galicia que teñen entre 100 e 110 anos de vida, aínda que seguen a ser as mulleres as que máis doadamente chegan a estas idades. No ano 2017, había en Galicia 1607 persoas de máis de cen anos, das que tres cuartas partes son mulleres.[23]

Entre as persoas galegas centenarias estaba o antigo presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor. Lístanse aquí outras persoas semisupercentenarias vivas (máis de 105 anos). Esta listaxe, dunhas corenta persoas, pode non ser completa[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Gómez-Redondo, Rosa; García González, Juan Manuel (2010). "Emergence and verification of supercentenarians in Spain". En Maier, Heiner; Gampe, Jutta; Jeune, Bernard; Robine, Jean-Marie; Vaupel, James W. Supercentenarians (PDF). Springer. pp. 151–171. ISBN 978-3-642-11519-6. 
  2. The Oldest Man in Spain
  3. Avelina Mouzo Leis, la Abuela de Galicia, fallece pocos días después de cumplir los 113 años
  4. Rial, S. G. (22 de abril de 2020). "Falleció Roberta Blanco, la persona de más edad de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  5. "Once décadas con salud"
  6. Viéitez, Oskar (8 de novembro de 2020). "El PSOE despide a la cuntiense Josefina Villaverde, su afiliada más longeva con 110 años". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  7. P., O. (2022-08-24). "La ordense María Nouche, la abuela de Galicia, fallece a los 110 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-08-24. 
  8. Las 110 primaveras de Concha
  9. Portabales, Pablo (2022-12-29). "Consolación, de Sigrás, nacida en 1913". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-01-19. 
  10. Martínez, Alejandro (2022-08-26). "El abuelo de Galicia: «Llegar a los 109 es una barbaridad, pero mi manía es trabajar»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-08-26. 
  11. 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 11,10 11,11 Ibáñez González, Emilio (2012-01-01). "2021. Personas españolas mayores de 105 años.". Tengo más de 100. Consultado o 2021-12-29. 
  12. "El «abuelo» de Foz y uno de los gallegos más longevos". La Voz de Galicia. 4 de decembro de 2015.  (en castelán)
  13. "La intensa actividad de Pancho do Relámpago". La Voz de Galicia. 18 de setembro de 2011.  (en castelán)
  14. "Muere en Escairón a los 108 años de edad uno de los gallegos más longevos". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-08-02. Consultado o 2018-01-10. 
  15. "Cumple 106 años medicándose solo con una pastilla para dormir". La Voz de Galicia. 1 de novembro de 2013.  (en castelán)
  16. "Evaristo Fernández, el abuelo de Galicia". galiciaunica.es. 7 de novembro de 2014.  (en castelán)
  17. "Muere el abuelo de Galicia". La Voz de Galicia. 18 de febreiro de 2015.  (en castelán)
  18. "El abuelo de Galicia tiene 106 años, práctica cálculo y dice estar «enamorado de la vida»". La Voz de Galicia. 28 de xuño de 2013.  (en castelán)
  19. "Muere el abuelo de Galicia". La Voz de Galicia. 9 de maio de 2014.  (en castelán)
  20. "Muere el abuelo de Galicia". La Voz de Galicia. 27 de xuño de 2013.  (en castelán)
  21. "El ‘abuelo de Galicia’ cumplió 107 años en plenas facultades". El Correo Gallego. 2 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2018. Consultado o 09 de xaneiro de 2018.  (en castelán)
  22. "Fallece en Silleda a los 107 años Antonio García Espiño, que estaba considerado el abuelo de Galicia". La Voz de Galicia. 13 de febreiro de 2008.  (en castelán)
  23. "Galicia é a segunda comunidade co índice de centenarios máis elevado | CRTVG". www.crtvg.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2017. Consultado o 2017-12-13. 
  24. "La abuela de Sober cumple 107 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-23. Consultado o 2021-12-29. 
  25. "Dolores González, veciña de Sober, cumpre 108 anos". O Sil, periódico en galego de información xeral. 2022-05-23. Consultado o 2022-08-24. 
  26. "Lola da Pena, la abuela de la Ribeira Sacra, celebró en Sober su 109 aniversario". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-05-27. Consultado o 2024-01-19. 
  27. Cruz, José M. (2021-03-18). "Isolina celebró en San Xoán de Río su 106 aniversario". La Región (en castelán). Consultado o 2021-12-29. 
  28. "Facendo caldo galego con máis de cen anos". Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas. 2021-05-21. Consultado o 2021-12-30. 
  29. Viu, Cristina (2021-06-10). "María Fernández Serrano: «Vou facer 106 anos e xa teño moita xente aló que están esperando»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 
  30. "Felicitación á ribeirense Consuelo Mariño Folgar no seu 106 aniversario". O Barbanza. 2021-07-11. Consultado o 2021-12-30. 
  31. "106 urte bete ditu Jose Iglesias Novoak". Oizmendi.eus (en éuscaro). Consultado o 2021-12-30. 
  32. "Concha, la vecina más longeva de Coia, cumple 106 años". Atlántico (en castelán). 2021-11-22. Consultado o 2021-12-30. 
  33. "La ourensana Amelia Gulías sopla las velas de su 105 aniversario". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-03-23. Consultado o 2021-12-30. 
  34. Villapol, Pablo (2021-06-16). "A María de Baltasar un siglo no le basta". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 
  35. 35,0 35,1 Manteiga, Marcos. "Centenarias para presumir en Negreira y Santa Comba". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 
  36. Outras fontes mencionan unicamente Rosa Couso.
  37. "Moitos parabéns, Rosa". Facebook. Concello de Moraña. Consultado o 2021-12-30. 
  38. "Dale a la pandereta, Victorina, que «solo» son 105 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-10-09. Consultado o 2021-12-30. 
  39. Vilariño, Paula (2021-10-13). "Guillermina, la mujer que lo vio todo, cumple 105 años". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 
  40. Ramos, Rocío (2021-11-02). "Nieves Negro celebró sus 105 años rodeada de su familia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 
  41. "Carmucha, la "pementeira" más longeva de Padrón, celebra su 105 cumpleaños". Quincemil (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 
  42. Fernández, Elisabet (2021-12-03). "Esperanza Cortiñas: “Nunca pensé en hacerme famosa con 105 años”". La Región (en castelán). Consultado o 2021-12-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]