Francisca Barracel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisca Barracel
Nacemento18 de xuño de 1902
 Allariz
Falecemento18 de xullo de 2013
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Francisca Barracel Fernández, nada na Torre (na parroquia de Seoane, Allariz), o 18 de xuño de 1902 e falecida en Ourense o 18 de xullo de 2013, foi unha labrega, hostaleira, comerciante e supercentenaria galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Francisca Barracel, que tivo catro irmáns, casou e en 1946 tivo un fillo, José. Durante esas primeiras décadas da súa vida traballou como labrega, ata que en 1956 se trasladou coa familia á vila de Allariz para abrir unha tenda de ultramariños onde tamén daban comidas e pousada. Xubilada en 1967, enviuvou con 90 anos. En 1996 marchou a vivir co fillo a Ourense. Nos últimos anos da súa vida perdeu a fala.

No seu momento foi a galega máis vella e, historicamente, é unha das supercentenarias galegas.

Faleceu en Ourense o 18 de xullo de 2013.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Muere en Ourense a los 111 años la abuela de Galicia". La Voz de Galicia. 19 de xullo de 2013.  (en castelán)