Carmela Figueiró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmela Figueiró
Nacemento28 de outubro de 1883
 Nigrán
Falecemento25 de maio de 1997
NacionalidadeEspaña
Coñecido/a porPersoa supercentenaria
editar datos en Wikidata ]

María del Carmen Figueiró Freiría, chamada Avoa Carmela, nada no Carballal, na parroquia de Camos (Nigrán) o 28 de outubro de 1883 e falecida na mesma aldea o 25 de maio de 1997, foi unha labrega galega, e persoa máis lonxeva de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Labrega de profesión, quedou orfa con doce anos e ao coidado dos seus irmáns. En 1914 casou e tivo cinco fillos. Con máis de 80 anos foi operada da cadeira e extirpóuselle o útero. Mantivo unha vida activa ata facer os 105 anos, e posteriormente sobreviviu case unha década encamada. En 1996 o concello de Nigrán dedicoulle unha rúa na localidade.

Foi a galega máis lonxeva desde que se gardan rexistros, ao falecer con 113 anos e 209 días[1]. Ademais, no momento do seu falecemento era a española máis vella de nome coñecido.

Notas[editar | editar a fonte]